• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Mecalia Atlético Guardés cae con honra na final do Summer Bag (28-26)

Volveu destacar Sabina Mínguez baixo paus, xunto a Téllez, Hauptman, Serrano e Sancha como directoras dun gran ataque

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/08/2025
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS

O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS

24
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Mecalia Atlético Guardés loitou con fiereza fronte a un Bera Bera que dominou case toda a primeira parte e chegou a liderar con nove goles de vantaxe.
  • A pesar de remontar ata poñerse por diante a falta de dez minutos para terminar, as vascas volveron ás andadas e tiveron a última palabra, facéndose co primeiro posto do torneo amigable.
  • O Guardés coroa co segundo posto un torneo o que deixou dous grandes partidos nos que anotaron todas as xogadoras que saíron á pista, pechando con bo pé a pretemporada antes de comezar a liga a próxima semana.

O Mecalia Atlético Guardés non puido completar a fazaña e volve a casa co trofeo de subcampión do Torneo Summer Bag 2025. Tras unha rifada final diante o Super Amara Bera Bera, na que as de Ana Seabra puideron remontar unha desvantaxe de nove goles, o equipo donostiarra reviviu ao final para levar o primeiro posto deste trofeo amigable.

O deste sábado foi o último partido da pretemporada para o conxunto miñoto antes de comezar a Liga  Guerreras Iberdrola o vindeiro sábado 30 de agosto.

O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS
O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS

O marcador da gran final abriuse da man de María Sancha, quen coroaba unha primeira xogada brillante para o Mecalia Atlético Guardés.

Nos momentos iniciais o equipo miñoto brillou tal como facíao na semifinal contra o Málaga, con roubos de balón moi precisos e unha defensa igualmente férrea, tanto na liña dos seis metros como por parte de Amandine Balzinc baixo paus.

O Bera Bera non respondeu ata pasado o terceiro minuto do comezo, e custoulle outros tres igualar o resultado (2-2, min. 6). As táboas continuaron ata que, tras unha parada momentánea debido a unha caída de María Palomo que non foi máis que un golpe, Lorena Téllez acertou desde os sete metros e volveu poñer ás súas por diante; aínda que o segundo parcial desta primeira parte pechouse con outro empate debido a unha rápida resposta das vascas (4-4, min. 10).

O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS
O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS

E así, aos poucos, os minutos seguíronse, con ambos os conxuntos moi parellos aínda que co Mecalia marcando o paso. Ao ecuador do período, o Bera Bera lideraba (6-5, min. 15), e pareceu darse un cambio de ritmo cando pouco despois as xogadoras que prepara Imanol Arias conseguiron encadear un segundo acerto e ameazar con abrir a renda (7-5).

Aínda que os dous equipos cedían o mínimo en defensa, o Mecalia Atlético Guardés estaba agora máis desacertado no tiro, e unha Lucía Prades moi atenta na portería rival tampouco o poñía nada sinxelo. Un gol de penalti de Elke Karsten confirmaba a crecida vasca e obrigaba a Ana Seabra a solicitar parar o cronómetro (8-5, min. 17).

Aínda por riba, a exguardesa Elena Amores aproveitouse dunha perda de balón a portería baleira e seguiu aumentando a renda. Respondeu entón Jasmín Mendoza desde o extremo co primeiro gol de mans galegas desde facía uns cinco minutos, aínda que outro acerto de Ester Somaza desde os sete metros devolveu ás donostiarras a vantaxe de catro goles (10-6, min. 20).

A porteira Balzinc do Mecalia Atlético Guardés na final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS
A porteira Balzinc do Mecalia Atlético Guardés na final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS

E puido ser peor, de non ser polas importantes aparicións baixo paus de Sabina Mínguez, que estaba a facer un torneo de 10. A falta de dez minutos para o descanso, o partido seguía un ritmo frenético, aínda que agora marcábao a batuta das vascas.

O Mecalia deixaba accións moi destacables no xogo ofensivo, pero unha defensa algo máis desconcentrada impedíalle recuperarse, de momento, da renda que conseguira escarbar o seu rival. Con cinco minutos para irse aos vestiarios, o Bera Bera defendía a maior vantaxe ata o momento (15-09, min. 25). De novo grazas á achega de Mínguez, salvo por un penalti da man de Cris Cifuentes e un novo acerto vasco, apenas cambiou o marcador para o descanso (16-10, min. 30).

O Guardés seguiuno tentando na segunda metade

A segunda parte parecía prometer a mesma tónica, pois no primeiros cinco minutos ao líder do encontro deulle tempo a estender a diferenza en dous goles máis (19-11, min. 35). O Guardés tentábao, pero seguía sen atopar un oco cómodo na muralla donostiarra, ademais de persistir varios erros na súa propia defensa dos que os seus rivais sabían aproveitarse case en cada xogada.

Foi grazas á superioridade numérica que lle proporcionou a exclusión de Ane Erauskin que o Mecalia Atlético Guardés volveu dar sinais de vida, aínda que cunha desvantaxe aínda moi complicada de remontar (20-13, min. 38).

Sancha, do Mecalia Atlético Guardés, na final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS
Sancha, do Mecalia Atlético Guardés, na final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS

Pero ese era o obxectivo, polo que as xogadoras que adestra Ana Seabra apertaron os dentes e sacaron as garras para seguir recortando todo o que podían (21-16, min. 43). Un parcial de 0-3 facía ao técnico das de Donostia chamar ao tempo morto, de maneira que quedarían quince minutos máis para saber se o Mecalia Atlético Guardés era capaz de achegarse todo o que necesitaba, ou aínda que era o Bera Bera o que recuperaba o mango da tixola. E foi o primeiro.

Nos instantes seguintes, as da Guarda recuperaron outros tres goles en apenas dous minutos, reducindo a diferenza a tan só dúas tantos (21-19, min. 46).

A tensión podía cortarse no aire cálido de Villacelama, e podía sentirse crecer tamén a confianza entre as filas do Mecalia Atlético Guardés. A defensa da portería de Mínguez reforzouse ata ser infranqueable, con grandes actuacións de xogadoras como Sancha, Téllez, María Palomo ou Carme Castro, así como da propia gardameta, que non perdoaba nin unha. Un ataque que impresionaba foi o colofón para que o Mecalia remontase por completo e recuperase a igualdade no marcador no minuto 48 (21-21), da man dunha Ari Portillo sempre certeira desde o seu extremo.

Tras máis de 10 minutos sen marcar, o Bera Bera reaccionou e recuperou a dianteira por uns instantes, xa que o seu rival fixo o propio e demostroulle que non volvería poñerllo tan sinxelo (22-22, min. 50).

O seguinte parcial de cinco minutos seguiu a mesma dinámica, co marcador encaixado na igualdade absoluta. Ata que, ao bordo do 25, o conxunto vasco encadeou dous acertos que lle daban ás para volver escaparse. Lucía Prades adiviñara dous lanzamentos importantes desde cada un dos extremos, o que, sumado a un penalti posterior a favor de Karsten, freaba as posibilidades do Mecalia Atlético Guardés (26-23, min. 56).

O Guardés xa pensaba que podería inventarse para conseguir, polo menos, un empate que volvese decidir o partido na liña de sete metros. Pero unha perda de balón deixou ao Bera Bera diante a súa portería baleira e a renda xa se foi aos catro goles, facendo desvanecerse un pouco máis a confianza na vitoria. E aínda que Sancha encaixou un penalti da súa propia man que renovou as expectativas, acabóuselles o tempo ás xogadoras que prepara Ana Seabra.

Rosane Serrano pechou o marcador cun último gol desde a liña de sete metros fóra de tempo, deixando ao Mecalia Atlético Guardés en segundo posto do Summer Bag 2025 (28-26, final).

O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS
O Mecalia Atlético Guardés durante a final do Summer Bag 25 / ATLÉTICO GUARDÉS

FICHA TÉCNICA:

28) SUPER AMARA BERA BERA (16+12): Anne Erauskin (1), Ester Ogonovszky (1), Lyndie Tchaptchet (1), Ester Somaza (3), Laura Hernández (3), Elba Álvarez (3), Nicole Wiggins (p.) [siete inicial], Lisanne Kruijswijk, Maitane Echeverria (2), Elke Karsten (5), Elena Amores (1), Micaela Rodrigues (3), Giuliana Gavilán (3), Carmen Arroyo (2), Elene Fresco e Lucía Prades (p.)

26) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (10+16): Ania Ramos (2), Blazka Hauptman (2), María Sancha (5), María Palomo (1), Lorena Téllez (4), Carme Castro (3), Amandine Balzinc (p.) [siete inicial], Sabina Mínguez (p.), Jazmín Mendoza (2), Cecilia Cacheda, Rosane Serrano (2), Elena Martínez (1), Cristina Cifuentes (1), Nerea Gil, Ariana Portillo (1) e Anouk Nieuwenweg (2).

MARCADOR CADA 5 MINUTOS: 1-2, 4-4, 6-5, 10-6, 14-9, 16-10 – descanso – 19-11, 21-14, 21-18, 22-21, 25-23 e 28-26.

EQUIPO ARBITRAL: Pablo Castellanos e Pablo González. Excluíron con dos minutos ás xogadoras locais Laura Hernández, Maitane Echeverria, Elke Karsten, Anne Erauskin e Giuliana Gavilán, así como ás visitantes Blazka Hauptman e María Palomo (2).

INCIDENCIAS: Final del Torneo Summer Bag 2025, disputado no pavillón polideportivo de Villacelama (León).

Etiquetas balonmánMecalia Atlético GuardésSummer BAG
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  O equipo miñoto volveu mostrar a súa mellor versión este sábado ao saír airoso dunha polémica semifinal da XLVII...

Derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Zendal BM Porriño / SPORTCOEO

O Porriño vence ao Guardés que se despide da Liga Guerreras Iberdrola (15-20)

por Redacción As Nosas
02/05/2026
0

  • O equipo miñoto caeu este sábado ante o Balonmano Porriño no seu segundo Derbi As Nosas da semana...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.