• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Moncho: “Este partido non é o último tren cara a salvación, pero case”

O Atlético Arousana recibe no Municipal de Vilaxoán ao Gijón FF o domingo ás 12:00 | Carolina Baños: "Este domingo xogamos un partido transcendental para poder seguir pelexando pola salvación"

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
28/02/2020
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
Plantilla Atlético Arousana tempada 19-20

Plantilla Atlético Arousana tempada 19-20 | AA

103
COMPARTIDOS
512
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Atlético Arousana afronta unha das últimas finales que lle quedan para acadar o obxectivo da permanencia na Primeira Nacional. O Gijón F.F visita o campo municipal de Vilaxoán o vindeiro domingo ás 12:00. As galegas queren subirse a un dos últimos trenes de cara a permanencia e para iso terán que sumar de tres ante a súa xente.

O técnico galego das arousás é consciente da importancia do partido do domingo no que estarán máis que tres puntos en xogo: “Sentimos este partido como un duelo decisivo tanto o corpo técnico como as xogadoras. Estamos convencidos de que non é o último tren cara a salvación pero case. As opcións de permanencia pasan por gañar o domingo. Queremos disputar estas oito final que nos quedan e chegar con opcións ata o final de campionato”.

Moncho, adestrador do Atlético Arousana: “Estamos convencidos de que non é o último tren cara a salvación, pero case. As opcións de permanencia pasan por gañar o domingo”.

Atletico Arousana - Gijón
Atletico Arousana – Gijón | GIJÓN FF

Moncho destacou durante a previa que o Gijón FF “é un rival que o coñecemos da primeira volta e creo que lle podemos facer dano. Deixar escapar este partido sería un paso atrás demasiado grande como para volver tentar coller a senda da salvación. Aínda que non sexa o último tren, sí creo que é unha das últimas oportunidades para ter opcións de salvarnos”.

Moncho, adestrador do Atlético Arousana: “Deixar escapar este partido sería un paso atrás demasiado grande como para volver tentar coller a senda da salvación. Aínda que non sexa o último tren, sí creo que é unha das últimas oportunidades para ter opcións de salvarnos”.

O Atlético Arousana é o pechacancelas da categoría con 7 puntos. O mister galego, a pesar da situación complexa da entidade, desfíxose en eloxios cara a súa plantilla: “Este plantel é un exemplo e cada día adestra con moito sacrificio e compromiso. Todo o corpo técnico estamos moi contentos de poder adestrar a estas mozas”.

Moncho, adestrador do Atlético Arousana: “Este plantel é un exemplo e cada día adestra con moito sacrificio e compromiso. Todo o corpo técnico estamos moi contentos de poder adestrar a estas mozas”.

Sofía, Adriana, Iria e Iria Ferreiro | AA
Sofía, Adriana, Iria e Iria Ferreiro | AA

A xogadora máis veterana e capitá do equipo, Carolina Baños, quixo destacar ás xogadoras máis novas que están a adestrar durante as últimas semanas co primeiro equipo. “Xogadoras moi novas pero que están a ser chamadas a ser un referente no equipo. Este domingo xogamos na casa contra o Gijón un partido transcendental de cara a seguir pelexando pola salvación”.

Carolina, xogadora e capitá do Atlético Arousana: “Este domingo xogamos na casa contra o Gijón un partido transcendental de cara a seguir pelexando pola salvación”.

Moncho, tamén tivo verbas de elexio coas xogadoras máis novas: “Iria Pérez é unha xogadora con moita calidade e moita proxección. Evidentemente ten moitas cousas que aprender e mellorar pero a pesar de estar en formación é unha xogadora que nos está axudando e aportando moito”.

Iria do Atlético Arousana | AA
Iria do Atlético Arousana | AA

Moncho, adestrador do Atlético Arousana: “Iria Pérez é unha xogadora con moita calidade e moita proxección. Evidentemente ten moitas cousas que aprender e mellorar pero a pesar de estar en formación é unha xogadora que nos está axudando e aportando moito”.

“Iria Ferreiro, Sofia, Adriana non poden xogar en Liga pero estannos axudando en Copa. Dannos moita competitividade nos adestramentos e seguro que nun futuro serán xogadoras importantes do club”, destacou Moncho das máis novas do plantel que a pesar de non poder xogar en Liga pola súa curta idade, si que están axudando moito ás amarelas tanto en Copa como nos adestramentos.

Moncho, adestrador do Atlético Arousana: “Iria Ferreiro, Sofia, Adriana estannos axudando moito e seguro que nun futuro serán xogadoras importantes do club”.

O Atlético Arousana afronta o partido coas dúbidas de Laura que resentiuse da súa lesión de xeonllo e Almudena que está con dúbidas por un golpe nun costado.

Mensaxe do club nas súas redes sobre a perla arousá: “Como xa sabedes, Iria xa leva disputados varios partidos de liga co primeiro equipo dende o club queremos apoiala incondicionalmente e desexarlle que siga traballando igual porque e o noso futuro”.

O Atlético Arousana aliméntase coa ‘Hamburguesa Deportiva’

O deporte en Vilagarcía atopou un novo e orixinal apoio grazas a unha idea que levará a cabo o Bar Barrantes.
Trátase dun patrocinio moi particular basado en engadir á súa carta a que se coñecerá como a hamburguesa deportiva.

Desta maneira, de cada unha das hambuguesas que se vendan irá destinado 1€ integramente aos clubs deportivos de Vilagarcía. Unha idea que xa levou a cabo no mesmo establecemento a beneficio da Protectora de Animais de Vilagarcía e que tivo unha gran acollida. A hamburguesa deportiva terá un prezo de venda ao público de 4 euros e tamén haberá opción vegana para os que opten por esta posibilidade.

Presentación da hamburguesa deportiva co Atlético Arosuana | AA
Presentación da hamburguesa deportiva co Atlético Arosuana | AA

O propio Bar Barrantes acolleu onte a presentación desta enxeñosa colaboración e na que estiveron representados os cinco clubs que inicialmente participan na iniciativa con algúns dos seus xogadores e xogadoras. Por parte do Cortegada acudiron Lorena Rial e Antía Varela, Oumar Sidibé por parte do Arousa,  Miriam Señoráns polo Atlético Arousana, Juan Vázquez por Os Ingleses e Iago Rey polo CLB.

Co fin de participar co máximo número de clubs, está achega farase de maneira rotatoria por un período de dous meses para cada entidade e será a propia entidade a que dea nome durante ese período á propia hamburguesa. A orde establecida inicialmente conta como primeiro beneficiado ao Atlético Arousana. Seguiranlle, por esta orde, Cortegada, Os Ingleses, Arousá e Sigaltec CLB, que son os clubs que tamén deron o visto e prace a esta iniciativa.

Atlético Arousana adestramento | AA
Atlético Arousana adestramento | AA

Mauricio Pérez, propietario do establecemento, sinalou neste sentido que “cremos que é unha boa maneira de axudar ao deporte porque entendemos que é un dos mellores embaixadores que temos de Vilagarcía”. Engade o hostaleiro que “pensamos ademais que ademais é unha boa maneira de axudarse uns a outros entre os clubs e que todos se vexan beneficiados porque retribuirá directamente neles. Cantas máis hamburguesas véndanse mellor para todos”.

Mauricio Pérez, propietario do Bar Barrantes: “Cremos que é unha boa maneira de axudar ao deporte porque entendemos que é un dos mellores embaixadores que temos de Vilagarcía”.

A iniciativa en prol dos clubs locais vai aínda máis aló debido a que se instalará unha hucha solidaria no Bar Barrantes para que todo o mundo poida participar con sorteos de camisetas oficiales de todos os clubs.

Etiquetas Atlético ArousanafútbolGijón FFPrimeira Nacional
Comparte100Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.