Athenea del Castillo, xogadora e dianteira do Deportivo ABANCA forma unha das duplas de ataque máis temidas de toda a Liga Iberdrola xunto a súa compañeira, Peke. A dianteira de Solares (Cantabria) compareceu en rolda de prensa virtual e cree que o seu debut na categoría de elite do fútbol foi «incrible, na que moitas xogadoras estamos a cumplir os nosos soños». A ariete deportivista espera poder rematar a tempada no campo e concluir un debut na Primeira Iberdrola de ensoño».
A dianteira renovou recentemente co conxunto galego ao que chegou o pasado verano procedente do Racing: «O Depor volveu a apostar por min e eu por eles. O proxecto é de futuro porque moitas futbolistas somos novas e o club está a tentar manter o grupo», subliñou a 9.
Athenea, dianteira do Deportivo ABANCA: «O Depor volveu a apostar por min e eu por eles. O proxecto é de futuro porque moitas futbolistas somos novas e o club está a tentar manter o grupo».

A dianteira recoñeceu estar a vivir unha tempada de ensoño a pesar da situación díficil que está a vivir o mundo pola crise do COVID-19: «A valoración que fago é que é unha tempada incrible, que moitas estamos a cumprir os nosos soños. É unha tempada de ensoño, o nivel é moi alto nesta Primeira Iberdrola. O meu referente é Jenni Hermoso e pasei de vela na tele a disputar partidos contra ela. É un soño». «A nivel individual estou a facer unha gran tempada e vou recordar esta tempada como un soño».
Athenea, dianteira do Deportivo ABANCA: «É unha tempada de ensoño, o nivel é moi alto nesta Primeira Iberdrola. O meu referente é Jenni Hermoso e pasei de vela na tele a disputar partidos contra ela».
Unha saída difícil desde Santander
O pasado verán, Athenea chegaba ao Dépor procedente do Racing de Santander, que fixo todo o posible por evitar a súa saída e incluso chegou a amenazar con denunciar á dianteira. Algo que a deportivista recorda con tristeza: «É moi duro que, despois de estar seis anos en Santander, non che deixen abandonar a túa casa. Máis cando entraches sendo unha cría. Cando cheguei non había equipo feminino, era un dos primeiros. E poder compartir vestiario con todo mozas era unha experiencia nova. Sabía que no fondo íanme deixar vir ao Dépor e levábao ben».
Athenea, dianteira do Deportivo ABANCA: «É moi duro que, despois de estar seis anos en Santander, non che deixen abandonar a túa casa. Máis cando entraches sendo unha cría. Cando cheguei non había equipo feminino, era un dos primeiros».
«Considero a moitos dos que están alí a miña familia. Dixéronme unhas cousas que logo non se cumpriron e logo publicaron outras que non eran certas. Iso molestoume. Foi unha situación peculiar que non se dá moito, pero o pasado, pasado está», recorda a xogadora santanderina.

Feliz na Coruña
Athenea recoñece estar «moi contenta na Coruña, coa directiva e coas miñas compañeiras. Por iso renovei. O Deportivo apostou por min e eu aposto polo Dépor. Pero se me preguntas polo futuro… é algo que non se pode saber, hai que vivir o presente». E deixa aberta as portas a unha posible convocatoria coa Selección: «No primeiro que pensaba era chegar a Primeira, unha convocatoria coa Selección… quen sabe».
Athenea, dianteira do Deportivo ABANCA: «Estou moi contenta na Coruña, coa directiva e coas miñas compañeiras. Por iso renovei. O Deportivo apostou por min e eu aposto polo Dépor».

En canto a un posible ERTE do Deportivo, a cántabra explicou que, de momento, o Dépor non lles dixo que vaian aplicarlle ningunha medida: «O club díxonos que esteamos tranquilas e que nos informarán de todo. Hai moitos nervios e é unha situación estraña», sentenciou.
Athenea, dianteira do Deportivo ABANCA: «O club díxonos que esteamos tranquilas e que nos informarán de todo. Hai moitos nervios e é unha situación estraña».

«Queremos que a competición se renove»
A killer aposta por reanudar a competición e espera que se faga canto antes, ainda que polo momento anima a xente a quedarse na casa: «A tempada que estamos a facer sempre está aí e quedará para o recordo. Queremos que a competición se renove porque o que máis nos gusta é xogar ao fútbol. Despois do traballo realizado, queremos que isto continúe sexa cando sexa. Toca esperar e quedarse na casa».
Athenea, dianteira do Deportivo ABANCA: «A tempada que estamos a facer sempre está aí e quedará para o recordo. Queremos que a competición se renove porque o que máis nos gusta é xogar ao fútbol».
Sobre o momento que vive o fútbol feminino polo coronavirus, a cántabra asegurou: «Un pouco de temor a ver como está todo despois. Estou a traballar en casa, como as nosas compañeiras. Deseguido imos estar enchufadas porque non é o mesmo en casa que en Abegondo. É unha sensacion rara, non hai nervios do partido. A ver como se soluciona isto».
















