A I Regata Isabel Zendal-Gran Premio Concello da Coruña, organizada polo Real Club Náutico da Coruña, celebrouse esta fin de semana na cidade herculina con dez tripulacións enteiramente femininas. Á fin da competición, o Real Club Astur de Regatas de Gijón proclamouse campión.
O evento deportivo formou parte do circuíto Semana ABANCA e participaron máis de 60 mulleres de distintos puntos de España e do Reino Unido. As asturianas fixéronse co trofeo da Isabel Zendal sumando 14 puntos, deixando nun segundo posto ao Náutico de Vigo, con 15 e no terceiro ao Náutico de Sanxenxo, con 17.
Moi preto delas quedaron as anfitrioas do Náutico da Coruña, con Irene Rodríguez Rey como patrona, que remataron cuartas con 18 puntos. A clasificación completouse co equipo das Universidades galegas, o Monte Real Club de Baiona, a Escuela Naval Militar de Marín, o Marísitmo del Abra, o Vértigo Sailing de Vigo e a University of Sussex.
A tripulación vencedora da Isabel Zendal estivo composta por Raquel García Monteagudo, Marta Duran Cardeli, Covadonga Fernandez Diez, Carmen Ayuela Ronzon, Carmen Simal Veira, Marta Suarez Calvo, Raquel García Monteagudo e Elena Quevedo Pasarin.
Pola súa banda, as coruñesas competiron con Abril Alegría, Alba Díaz, Marta Tábara, Carmen Solórzano y Soledad MalloAbril Alegría, Alba Díaz, Marta Tábara, Carmen Solórzano e Soledad Mallo, ademais de Irene Rodríguez.
A regata Isabel Zendal
Tal e como indican desde o club organizador, esta competición nace coa idea de que forme parte do calendario anual na Coruña. Nesta primeira edición puidose comprobar o alto nivel das regatistas españolas, algunhas das cales xa forman parte da elite e futuras competidoras olímpicas.
Na entrega de trofeos, ademais do presidente do Náutico coruñés, Fernando Cobián, e o Comodoro Jorge Etcheverría, estivo presente a concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez, un representante da Asociación Isabel Zendal, Fernando Fernández, outro de ABANCA, Jorge Senín, e dúas descendentes da enfermeira, Teresa e Isabel Cendal.