• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Así vén a primeira xornada do ano para os equipos galegos da Primera División FutSalFem

Derbi da ría entre Poio Pescamar e ENCE Marín Futsal | Gran Canaria FSF Teldedeportivo vs Pescados Rubén Burela FS | Viaxes Amarelle FSF vs Futsi Atlético Navalcarnero | CD Leganés vs Ourense Envialia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/01/2023
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Poio Pescamar na Copa da Raíña, as galegas militan en liga na 1ª División do futsalfem da RFEF / POIO PESCAMAR TW

Poio Pescamar / POIO PESCAMAR TW

31
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O ano 2023 empeza para os cinco equipos da Primera División do FutSalFem da RFEF nesta tarde de sábado 7 de xaneiro onde se compite a 14ª xornada. Destaca o derbi da ría entre o Poio Pescamare o ENCE Marín Futsal (19:00 h), e tamén a visita do líder, Futsi Atlético Navalcarnero ao pavillón da Sagrada Familia na Coruña (18:00 h) ante o Viaxes Amarelle FSF. O Ourense Envialia visita ao CD Leganés (19:00 h), e o Pescados Rubén Burela FS viaxa a Gran Canaria para medirse ao Teldeportivo (18:00 horas).

Aínda que a táboa separa a estas alturas da competición a Poio Pescamar e ENCE Marín Futsal, nun derbi, aínda máis que en calquera outro partido, todo está por decidir ata que a bucina marque o final. O cruce, previsto para as 19:00 horas, terá como escenario a pista do Príncipe Felipe de Pontevedra.

O Poio Pescamar chega como terceiro clasificado desta Primera División do FutSalFem da RFEF. Moi forte e sen perderlles o pé a Futsi Atlético Navalcarnero (líder invicto) e ao Pescados Rubén Burela (segundo por ter mellor golaverage cas de Marín pero empatados a puntos). As conserveiras suman 36 puntos, gañaron 12 partidos e so perderon un. Suman 47 goles a favor e so 12 en contra. A súa serie é de 11 partidos seguidos gañando, será o derbi da ría o que poña fin a esa fantástica cifra do equipo que adestra Luis López-Tulla?

Pola súa parte, O ENCE Marín Futsal, que adestra Ramiro López, é undécimo con 14 puntos. Gañou catro encontros, empatou dous e perdeu sete. Atesora 30 goles a favor e 39 en contra. O conxunto branquiazul non poderá contar con Café por unha escordadura de nocello.

O líder invicto visita ao Viaxes Amarelle FSF na Coruña

En terras herculinas, o Viaxes Amarelle FSF empeza o ano 2023 recibindo a visita dun Futsi Atlético Navalcarnero que só coñece a vitoria. Trece partidos xogados e trece gañados para as madrileñas, líderes invictas da máxima categoría do futsalfem estatal.

O conxunto dirixido por Jorge Basanta regresa á competición despois do parón de Nadal. O reto é maiúsculo. Afrontará o seu primeiro partido do ano 2023 contra un rival que só coñece a vitoria en competición regular. As herculinas mediranse na tarde deste sábado 7 de xaneiro de 2023, a partir das 18:00 horas, no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) recibindo ao Futsi Atlético Navalcarnero.

O técnico do club herculino, Jorge Basanta, convocou para este novo duelo na competición da regularidade, ás porteiras Leti Rojo e Nerea Ramallo, así como ás xogadoras de pista, Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Tety, Marta Hermo e Laura Rivas.

O rival que estará enfronte para o conxunto herculino, é un Futsi Atlético Navalcarnero que actualmente ocupa a primeira posición da xeral con 39 puntos, cultivados tras 13 vitorias, nos trece encontros que disputaron ata a data. As madrileñas suman 75 goles a favor, e encaixaron 12 tantos en contra. Estos números colócanas como o  equipo máis anotador da competición e o equipo que menos goles encaixa.

O Viaxes Amarelle recibiu na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA
Imaxe de arquivo do Viaxes Amarelle recibindo na Sagrada Familia ao Futsi Atlético Navalcarnero / MANU BOUTUREIRA

O conxunto madrileño é un habitual da zona nobre nos últimos anos e o vixente campión de liga regular na tempada pasada; onde a súa última derrota en competición regular remóntase ao pasado mes de abril, en encontro correspondente á tempada 2021/2022; debido a que na presente tempada, contan todos os seus encontros por vitorias, e deixando en varias ocasións a súa portería a cero.

Os últimos enfrontamentos entre ambos os equipos, remóntanse á tempada 2020/2021 e onde as herculinas cederan derrotas en ambos os duelos, cun 6-2 en contra en casa das madrileñas e encaixando un doloroso 0-11 en terras herculinas.

O Viaxes Amarelle FSF tratará de sorprender a un rival moi complicado, que ocupa unha cómoda primeira posición, aínda que seguido moi de preto por outros dous equipos galegos, Pescados Rubén Burela FSF e Poio Pescamar FSF que se atopan, ambos, con tres puntos menos que as madrileñas.

O encontro será emitido por streaming a través da plataforma da Real Federación Española de Fútbol, e xestionado por ao Live Vuvuzela; podendo seguir en directo o encontro a través da seguinte ligazón:

O segundo visita ao penúltimo da 1ª Division futsalfem

Sobre o papel o cruce entre o Gran Canaria FSF Teldeportivo e o Pescados Rubén Burela FS é desigual. Enfróntanse o penúltimo clasificado da Primera División do FutSalFem e o segundo. Polos opostos da táboa.

Nesta volta tras a parada en Nadal do futsalfem, as Guerreiras Laranxas viaxan a Canarias coas pilas recargadas. Despois de dúas semanas de descanso coa familia, amigos e amigas o fútbol sala feminino volve esta fin de semana, na que o Pescados Rubén Burela FS terá que viaxar a Gran Canaria para xogar o partido da xornada 14 contra o Gran Canaria FSF Teldeportivo. O cruce está marcado para ás 18.00 hora peninsular (17:00 en Canarias), na Ciudad Deportiva.

Emilly Marcondes falaba así do encontro da 14 xornada contra o Teldedeportivo diante do que non se confían as galegas.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de CD Burela FS (@burelafutsal)

Igual que o resto de choques esta categoría, o partido será retransmitido en directo por Live Vuvuzela en streaming.

O Ourense Envialia visita La Fortuna

As xogadoras que adestra Raquel Mondoruza visitan ao CD Leganés esta tarde, desde as 19:00 horas, no pavillón da Fortuna. O Ourense Envialia trasládase a terras madrileñas tras gañar con rotundidade o pasado 4 de xaneiro ao Joventut D’Elx Clínica Basco Visitaelche (5-0).

As galegas ocupan a sexta praza da táboa na Primera División do futsalfem RFEF con sete partidos gañados, un empatado e cinco perdidos. Atesoran 41 goles a favor e 27 en contra. As súas rivais, o CD Leganés é 12º con catro partidos gañados, un empatado e oito perdidos. Anotou 32 goles e encaixou 51.

Etiquetas ENCE Marín Futsalfútbol salafutsalourense envialiaPescados Rubén Burelapoio pescamarViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Pescados Rubén Burela vs ENCE Marín FutSal / BURELA FS

Goleada do Burela ao Marín nun novo derbi do futsalfem galego en Vista Alegre (5-0)

por Redacción As Nosas
26/03/2023
0

  No pavillón de Vista Alegre tivo lugar un derbi galego esperado no futsalfem. Víanse as caras o Pescados Rubén...

Viaxes Amarelle FSF vs CD Leganés / VIAXES AMARELLE FSF

Táboas que non abondan ao Viaxes Amarelle ante o CD Leganés (2-2)

por Redacción As Nosas
26/03/2023
0

  O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, chegaba do parón polo Europeo de seleccións con...

O Poio Pescamar, na pista da Seca, contra o STV Roldán / FOTOGRAFÍA PISCO

Retorno á Seca para o Poio Pescamar recibindo á AD Alcorcón

por Redacción As Nosas
24/03/2023
0

  Na xornada 12, o 10 de decembro do ano pasado, o Poio Pescamar vencía por 2 - 0 ó...

España tricampioa de Europa futsalfem / RFEF

España, tricampioa de Europa ao vencer 1-5 a Ucraína

por Redacción As Nosas
20/03/2023
0

  Terceiro título europeo para a Selección Española de fútbol sala feminino. As vermellas que dirixe Clàudia Pons son tricampioas...

Luci Gómez con España / RFEF

España, na final do Europeo de futsalfem

por Redacción As Nosas
17/03/2023
0

  España está na na final do Campionato de Europa. O equipo que adestra Clàudia Pons contou con marcado acento galego....

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

01/04/2023
Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

01/04/2023
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

01/04/2023
Vitoria do Dépor ABANCA con triplete de Millene / RCD

Nova final para o Dépor ABANCA coa visita a Abegondo do Granada CF, outro aspirante ao ascenso

01/04/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.