O Poio Pescamar FS leva tempo dándolle forma e corpo ao grupo de xogadoras que na tempada 2025-26 estarán ás ordes de Luis López-Tulla. O técnico ten contrato co club conserveiro ata 2026 após de que renovara no 2024 coa entidad vermella por dúas campañas máis. Fichouse as futbolistas Noelia Montoro, tripla campioa de Europa con España, Carolina Bravo, Zaide Pérez, Yanira Guizán e ás internacionais lusas Carolina Pedreira e Débora. E renovouse ás deportistas: Ale de Paz, Candela, Èlia, Elena González, Chuli, Miri e Martita.
As futbolistas que, pola contra, dixeron adeus ás filas do Poio Pescamar FS para este curso 2025-26 foron: Laura Uña, Irene, Rocío Molina, Elena Aragón e Sandra Buzón.
O técnico Luis López-Tulla, vai pola cuarta tempada
Esta será a cuarta tempada consecutiva do técnico madrileño Luis López-Tulla á fronte do banco do Poio Pescamar FS, desde o club galego salientan que “ningún técnico tiña acadado ata o momento” esa lonxevidade no banco do equipo pontevedrés.

Antes estivera Marcio Santos dirixindo ao Poio Pescamar FS catro campañas (en Segunda a do ascenso e tres máis en Primera), pero non consecutivas. Marcio Santos estivera en Poio de 2012 a 2014 e de 2016 a 2018. Por tanto, agora ambos os dous adestradores contarían con 90 encontros dirixindo al Poio na máxima categoría do fútbol sala feminino estatal en liga regular. Se nas contas introducimos os partidos de play-off Luis López-Tulla alcanza os 95 encontros.
No reconto de resultados, o brasileño suma 42 victorias, 14 empates e 34 derrotas, e Luis López-Tulla acumula na súa conta particular 54 triunfos, 17 empates e 19 derrotas (sempre na comparación dos 90 partidos, tal e como explican desde o Poio Pescamar FS, que é a fonte destes datos). Xuntando o resto de competicóns, mailo play-off de liga, Luis López-Tulla achega aos 113 duelos á fronte do vestiario conserveiro (63 victorias, 20 empates e 30 derrotas).
Con Luis López-Tulla o Poio Pescamar FS conseguiu un subcampionato de liga, xogou dous play-offs polo título de Liga na máxima categoría do futsalfem estatal, acadou unha Copa de Galicia (a cuarta do club pontevedrés) e ten disputado dúas Supercopas de España (asinando un subcampionato), chegouse a unha semifinal da Copa da Raíña.
Zaide Pérez, reforza ao Poio Pescamar FS
A ala procedente do Ourense Ontime, Zaide Pérez González (O Carballiño, 05/11/2001) foi confirmada como parte do próximo grupo de futbolistas do Poio Pescamar FS para o curso 2025-26.
Zaide Pérez comezou xogando ó fútbol 11 no CD Arenteiro dende pequerrecha. Pasouse ó fútbol sala en 2014 e formou parte do Carballiño FS. Tan só un ano despois, o Ourense Ontime incorporouna á súa base. Un total de dez campañas permaneceu na entidade auriense, coa que conseguiu un ascenso a Segunda División co filial e debutou en Primeira co primeiro equipo en 2019.
Ver esta publicación en Instagram
Dúas internacionais lusas: Carolina Pedreira e Débora
Na lista de fichaxes do Poio Pescamar FS están Carolina de Assis Olim Mendonça Pedreira (Cascais, Portugal, 14/04/2002) e Débora Marisa Fernandes Lavrador (Lisboa, 16/01/1996).
A primeira das internacionais lusas en asinar polo club conserveiro foi a futbolista portuguesa Débora Marisa Fernandes Lavrador (Lisboa, 16/01/1996) que fai parte do novo bloque de xogadoras do Poio Pescamar FS en Primera División para o curso 2025-269. Procede do Burela FS y se desempeña como universal en la pista.
Débora comenzou a xogar ao fútbol sala no Leões de Porto Salvo en 2004. Permaneceu nese club ata 2015, cando asinou contrato polo Benfica e debutou na Primeira División portuguesa. En dúas tempadas conseguíu gañar unha liga, unha copa e unha supercopa. A continuación, fichou polo Sporting de Lisboa, en 2017, por otros tres cursos (debutou en 2019 coa selección portuguesa, coa que acumula doce convocatorias e tres goles). Logo de pasar a campaña 2020 / 2021 nas filas do Arneiros, retornou ao Sporting de 2021 a 2023.
Deu o salto á Primeira División española para xogar unha tempada no Marín Futsal e, posteriormente, outro curso máis no Burela FS. Por tanto, chega a Poio logo de ser campioa da Copa da Raíña e da Copa Galicia.
Ver esta publicación en Instagram
A segunda internacional portuguesa en sumarse este curso ás filas do conxunto pontevedrés chega ao Poio Pescamar FS tamén procedente do Burela FS, para reforzar o posto de ala. Falamos de Carolina Pedreira.
Esta futbolista portuguesa formouse no club Quinta dos Lombos, pasando a ser parte do Sporting de Portugal en 2017. Alí permaneceu seis tempadas e debutou en Primeira División (na 2019 / 2020) e coa selección portuguesa (11/01/2022). Chegou a España en 2023 co Marín Futsal e na pasada campaña defendeu as cores do Burela FS, proclamándose campioa da Copa da Raíña e da Copa Galicia.
Nas categorías inferiores do combinado luso participou en 16 partidos e anotou 11 goles. Coa absoluta, acumula 30 encontros e 13 tantos. Ademais, foi campioa do Mundial Universitario en 2022.
Noelia Montoro, tripla campioa de Europa coa Selección Española
Outra das futbolistas que chega desde o club da Mariña ao pontevedrés é Noelia Montoro. A futbolista murciana achegará o seu saber facer sobre o 40×20 para reforzar a posición de peche. Noelia Montoro Susarte (Mula, Murcia, 01/11/1997) procede do Burela FS é tripla campioa de Europa coa Selección Española.
Noelia Montoro comenzou a xogar ao fútbol sala no PDM Mula da súa localidade natal. No 2014 ficha polo UCAM ElPozo Murcia e debuta en Segunda División. Dous años despois consiguen ascender á Primeira, debutando en 2016. Para 2018 chegaría a súa estrea coa Selección Española de futsalfem. Logo de seis cursos, foise ao Roldán, donde permaneceu dúas campañas entre 2020 e 2022, para máis tarde asinar contrato co Burela FS, club no que militou nos últimos tres cursos e onde se proclamou campioa de dúas Ligas, dúas Copas da Raíña, dúas Supercopas de España e unha Copa Galicia.
Ver esta publicación en Instagram
A á-peche canaria Carolina Bravo súmase ao Poio
Na lista de novidades para o próximo curso no Poio Pescamar FS é Carolina Bravo Curbelo (Lanzarote, 06/02/2003). A futbolista ocupará a posición de á-peche e chega a Poio procede do Marín Futsal.
Carolina Bravo comezou xogando ao fútbol 11 na U.D. Lanzarote en 2012, onde permaneceu unha campaña. Despois estivo catro máis no C.D. Lomo e outras dúas no F.C. Puerto del Carmen. A mediados da tempada 2018 / 2019 foise á U.D. Tacuense e logrou o ascenso a Segunda B, á vez que foi convocada pola selección canaria. Regresaría ao F.C. Puerto del Carmen na 2019 / 2020, conseguindo nesta ocasión ascender a Terceira División e ser subcampioa de España de seleccións autonómicas. O seu último club en fútbol foi no Fundación C.D. Tenerife, no que estivo nos cursos 2020 / 2021 (ascenso a Terceira División) e 2021 / 2022.
A súa andaina nos pavillóns tivo o seu primeiro paso a nivel de clubs tamén na tempada 2021 / 2022, nas filas do Costa Sur Futsal de Segunda División. Ademais, foi convocada coa selección canaria de fútbol sala. Para a 2022 / 2023, Carolina asinou co Sala Zaragoza e debutou en Primeira División, manténdose nela nas dúas últimas campañas na estrutura do Marín Futsal. Defendendo a camiseta branquiazul conseguiu a súa primeira convocatoria coa Selección Española Sub-21 no curso 2023 / 2024 e sumou dúas aparicións máis na recentemente terminada tempada 2024 / 2025 coa Sub-23.
Ver esta publicación en Instagram
A lucense Yanira, fichaxe para a portaría conserveira
Yanira Guizán Montes (Lugo, 30/01/2006) foi a primeira incorporación comunicada polo club conserveiro para esta tempada 2025-26. Exerce como gardameta e procede do FC Meigas, de Segunda División. Aos seus 19 anos, a súa mocidade e traxectoria está á alza, destacando polas súas convocatorias nas seleccións españolas sub-17 e sub-19 (tamén nas galegas).
Ver esta publicación en Instagram
Yanira formouse na EDM Concello de Guitiriz, na que entrou como prebenjamín e permaneceu ata o seu primeiro ano de xuvenil (sendo convocada pola sub-17 por primeira vez). Despois, deu o salto á Primeira División co Viaxes Amarelle, no curso 2023 / 2024, debutando na primeira xornada.
O combinado estatal volveu solicitar os seus servizos para a sub-17 e tamén para a sub-19 nesa campaña. Finalmente, na pasada tempada, xogou na categoría de prata, sumando minutos nas filas do FC Meigas de Bertamiráns. Por cuarta vez acudiu á Selección Española, a segunda coa sub-19 (coincidindo coa rojilla Miri).
Renovacións: Ale de Paz, Candela, Èlia, Elena González, Chuli, Miri e Martita
Alejandra de Paz González (Neda, 25/05/1995) xogará a súa terceira tempada consecutiva na entidad vermella e a sétima en total na súa traxectoria como futbolista.

Doble campiona de Europa coa Selección Española e gañadora de tres das catro Copas Galicia do Poio Pescamar FS, Ale de Paz é a futbolista máis laureada da entidade pontevedresa.
Na última campaña ten estas estatísticas
- Convocatorias: 37
- Partidos xogados: 32
- Titularidades: 20
- Goles: 13 (terceira máxima goleadora do equipo)
- Asistencias: 11 (a mellor neste apartado)
- Tarxetas amarelas: 3
- Tarxetas vermellas: 0
A ourensá Candela Soria López (Ourense, 12/6/1998) confirmaba a súa renovación co Poio Pescamar FS de cara á que será a súa segunda tempada no club conserveiro.
A pívot, recientemente foi convocada para o Mundial de fútbol sala para personas xordas en Montesilvano (Italia). A futbolista ourensá amosou un alto nivel e regularidade na súa primeira tempada como vermella. Estas son as súas estatísticas Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia:
- Convocatorias: 35
- Partidos xogados: 35
- Titularidades: 11
- Goles: 11
- Asistencias: 7
- Tarxetas amarelas: 2
- Tarxetas vermellas: 0
Repetirá no Poio Pescamar FS logo do seu primeiro ano Èlia Gullí Martínez (Tarragona, 14/6/2000). A á catalá, que tivo un comenzo de curso marcado polas lesiones (debutou na novena xornada), despuntou na segunda volta do campionato. Foi a máxima goleadora en Liga desde a 16ª xornada con 8 tantos, seguida de Laura Uña con 7 e Chuli con 6.
Èlia foi gañando peso nos quintetos titulares e minutos sobre a pista acumulando entre Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia as seguintes cifras na pasada campaña:
- Convocatorias: 32
- Partidos xogados: 24
- Titularidades: 13
- Goles: 11
- Asistencias: 3
- Tarxetas amarelas: 2
- Tarxetas vermellas: 0
Carmen Noreña Rodríguez, alias Chuli (Santander, 18/10/2000), renova por segunda tempada co Poio Pescamar FS. A á-pívot destacou no seu primeiro curso como vermella. Rematou sendo a máxima goleadora (16) en Liga do equipo (aínda sumando todas as competións, quedou cun gol menos que Laura Uña).
Outro logro conseguido por Chuli é a regularidade, ao ser a única futbolista do equipoi que participó en el 100% de partidos de la campaña (37). Estas son as estatísticas de Chuli entre Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia na campaña 2024-25:
- Convocatorias: 37
- Partidos xogados: 37
- Titularidades: 15
- Goles: 17
- Asistencias: 3
- Tarxetas amarelas: 5
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram
A cancerbeira segoviana Elena González de Pablos sumará a súa cuarta tempada nas filas do Poio Pescamar FS. As súas cifras na última tempada son as seguintes:
- Partidos xogados: 27
- Titularidades: 24
- Goles: 48 (encaixados)
- Tarxetas amarelas: 3
- Tarxetas vermellas: 0
Ademais, Elena González de Pablos fíxose cun oco na Selección Española, convertíndose nunha futbolista habitual nas convocatorias de Clàudia Pons, logrando a histórica clasificación para o Mundial que terá lugar a finais de ano. Será o primeiro Mundial de futsalfem organizado oficialmente por la FIFA.
Miri, á futbolista máis novo do equipo vermello, tamén se suma ás renovacións e sumará a súa segunda tempada no Poio Pescamar FS. Miriam Esteban Sastre (Nava de la Asunción, Segovia, 19/12/2006) seguirá no equipo galego, aínda que, como salientan desde o equipo pontevedrés, estará inmersa no proceso de recuperación da súa rotura de ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.
Operación da rotura do ligamento cruzado anterior no xeonllo dereito superada 🏥
Moito ánimo e forza na recuperación, @miiiriiiam10 💪#PoioPescamar pic.twitter.com/dFZPZ4eXk6
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) June 6, 2025
A coruñesa Martita, unha das capitás do bloque pontevedrés, é todo un referente no esquema do técnico vermello Luis López-Tulla e é outra das renovacións anunciadas polo club pontevedrés para o curso 2025-26. Martita (A Coruña, 19/03/2001) continuará por quinta tempada en Poio, convertíndose na xogadora que máis cursos seguidos permanece actualmente na entidade xunto a Anna Escribano.
A peche coruñesa asinou estas cifras no curso previo entre Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia:
- Convocatorias: 37
- Partidos xogados: 36
- Titularidades: 35
- Goles: 8
- Asistencias: 10
- Tarxetas amarelas: 4
- Tarxetas vermellas: 0
Con estes números, Martita é a futbolista do Poio Pescamar FS con máis quintetos iniciales do vestiario e a segunda con máis pases de gol, por detrás de Ale de Paz (11). Tamén é a súa campaña con máis goles e asistencias.

Martita foi convocada pola Selección Española Sub-23, formando parte da primeira lista ao ser un equipo de nova creación. En 2022 tiña recibido a chamada da Selección Absoluta.
No seu primeiro curso como conserveira e tamén na Primeira División, Miri disputou 11 encontros da máxima categoría. Ademais, marcou un gol na vitoria na Copa da Raíña en casa do Penya Esplugues. Os números completos entre eses dous torneos, xunto á Supercopa e á Copa Galicia foron:
- Convocatorias: 30
- Partidos xogados: 12
- Goles: 1
- Tarxetas amarelas: 1
Din adeus ao Poio Pescamar: Laura Uña, Irene, Rocío Molina, Elena Aragón e Sandra Buzón
No outro lado da moeda están as xogadoras que separan o seu camiño do do Poio Pescamar. É o cas de Laura Uña Canales (Cabezón de la Sal, Cantabria, 12/8/1996). A pívot deixa unha grande pegada na entidade vermella cun alto rendemento que a fixo ser convocada coa Selección Española. A súa regularidade durante estes tres anos fan que, segundo as contas que traslada o Poio Pescamar, Laura Uña entre no grupo de centenarias defendendo a cor vermella na pista e a máxima goleadora histórica na Copa da Raíña con 7 goles. Remata como pichichi do vestuario vermello en cada un dos cursos estivo en Poio (únicamente Chuli, este ano, foi quen de superala, pero nob no total de competicións)

Estes son os números totais de Laura Uña entre Liga, Copa da Raíña, Supercopa e Copa Galicia:
- Convocatorias: 112
- Partidos xogados: 110
- Titularidades: 87
- Goles: 68
- Asistencias: 23
- Tarxetas amarelas: 19
- Tarxetas vermellas: 0
A aventura vermella de Rocío Molina (Almería, 04/04/2005) remata logo dunha tempada. A peche almeriense demostrou regularidade e foi un continuo revulsivo no esquema conserveiro. O seu traballo non pasou desapercibido nas categorías inferiores da Selección Española. Rocío Molina recibiu a convocatoria na Sub-21 e na Sub-23. Os seus números totais entre Liga, Copa da Raíña, Supercopa e Copa Galicia::
- Convocatorias: 36
- Partidos xogados: 32
- Titularidades: 2
- Goles marcados: 3
- Asistencias: 0
- Tarxetas amarelas: 7
- Tarxetas vermellas: 0

Na lista de futbolistas que marchan do Poio Pescamar FS está tamén Elena Aragón de la Torre (Chiclana, 25/9/1995). A gaditana pecha unha etapa de tres tempadas históricas. Foi unha das xogadoras con máis regularidade e das poucas que teñen defendido a elástica conserveira en máis de 100 ocasións. Estatisticamente sumou, entre as catro competicións que disputou (Liga, Copa da Raíña, Copa Galicia e Supercopa) as seguintes cifras:
- Convocatorias: 111
- Partidos xogados: 103
- Titularidades: 30
- Goles: 23
- Asistencias: 15
- Tarxetas amarelas: 21
- Tarxetas vermellas: 1

A porteira Sandra Buzón Camus (Santander, 25/11/1996) e outra das futbolistas que desliga a súa traxectoria da do Poio Pescamar FS logo de tres temporadas como vermella. Sandra Buzón chegaba a Poio desde o Burela FS e foi unha peza chave no esquema conservero, alternando a portaría con Elena nas mellores campañas da historia deportiva da entidade pontevedresa. Sandra Buzón foi convocada coa Selección Española.
Nos tres anos como conserveira asinou as siguientes cifras entre Liga, Copa da Raíña, Copa Galicia e Supercopa:
- Convocatorias: 109
- Partidos xogados: 46
- Titularidades: 43
- Goles encaixados: 67
- Goles marcados: 2
- Asistencias: 1
- Tarxetas Amarelas: 0
- Tarxetas vermellas: 1
Unha das saídas que xa se coñecían era a de Irene García. O pasado 21 de maio o Poio Pescamar FS anunciaba cun vídeo a saída da capitá, Irene García de Vega (Valladolid, 9/1/2000), para que se lle rendese unha merecida homenaxe na última xornada de liga na Seca.
Desde o club vermello aseguran que tras repasar os datos poden afirmar que Irene García marcha do club sendo “a xogadora con máis campañas consecutivas en Primeira División con sete (igualada en total con Silvia Aguete, pero no seu caso non foron seguidas) e a futbolista con máis partidos disputados coa nosa camiseta en Primeira División (189)”.
Tal e como apuntan desde o Poio Pescamar FS, son “uns números que a elevan ao rango de lenda na nosa entidade”.
Estas son as cifras de Irene García na máxima categoría do fútbol sala español:
- Convocatorias: 196
- Partidos xogados: 189
- Titularidades: 43
- Goles: 32
- Asistencias: 10
- Tarxetas Amarelas: 16
- Tarxetas vermellas: 0
Irene García tamén leva os récords de participación no Poio Pescamar FS en máis enfrontamentos en Copa da Raíña / Copa de España (16), Copa Galicia (14) e Supercopa de España (4). É certo que o dato de Copa Galicia é difícil de confirmar ao 100%. Doutra banda, é a única que disputou todos os nosos encontros de Supercopa. Como títulos, alzou dúas Copas Galicia. O balance total, sumando á liga estas tres competicións, resulta en:
- Convocatorias: 231
- Partidos xogados: 223
- Titularidades: 74
- Goles: 39
- Asistencias: 11
- Tarxetas amarelas: 18
- Tarxetas vermellas: 0
Desta estatística total cabe sinalar o feito de que superase a barreira dos 200 partidos, algo que ningunha outra xogadora logrou, tendo en conta as tempadas desde o ascenso a Primeira División en 2013 do Poio. Puntualizan desde o Poio que “se nos imos á etapa tamén en Segunda, aparece o nome de Charo, que sumou nove campañas no club (cinco en Segunda e catro en Primeira) e quizá superase esa cifra de partidos xogados”.





















