O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F.
A anterior edición rematou o 31 de marzo deste 2026, cun RC Deportivo que acadaba o décimo segundo posto na clasificación e a súa permanencia un ano máis na elite estatal do futfem. Este novo curso, As Nosas deportivistas buscarán, como mínimo, asentarse na Liga F e, se as cousas se dan ben, se cadra aspirar a algo máis.
Este curso 2026-27 está cheo de cambios no bloque de xogadoras e tamén no banco. Marcharon futbolistas referentes como Ainhoa Marín e o posto de adestrador recae no arteixán Alberto Rodríguez que xa formaba parte do staff técnico deportivista, pero que dá un paso a diante asumindo o rol de primeiro adestrador do Dépor ABANCA, en substitución de Fran Alonso.
15 baixas con respecto ao curso pasado
En total foron 14 as baixas que se anunciaron ao termo da pasada tempada. Todo apuntaba a unha revolución ou polo menos unha fonda reestruturación nas filas deportivistas.
Marcharon: Paula Gutiérrez, Henar Muiña, Vera Martínez, Raquel García, Ainhoa Marín, Samara Ortiz, Yohana, Bárbara Latorre, Lía Muiño, Lucía Martínez, Carlota Sánchez, Marina Artero e Magaia, ademais da retirada da capitá Cris Martínez, logo da súa maternidade.
Foi dúbida ata o último momento a continuidade da cancerbeira lusa Inês Pereira (un seguro baixo paus). Pero a porteira internacional portuguesa actuaba nas filas branquiazuis cedida polo Everton. Tería finalizado esa cesión o 30 de xuño. É xogadora do Everton ata o 2027. Salvo novidades de última hora, todo apunta a que non será deportivista este curso.

Desde a dirección deportiva, con Kevin Cabado á fronte, se decidiron cinco renovacións de Lucía Rivas, Paula Redruello, Merle Barth, Espe Pizarro e Paula Novo. Tamén nove fichaxes de Lucía Pardo, Paula Hernández, Daniela Caracas, Andrea Tarazona, Eva Alonso, Marisa García (que estaba cedida o ano pasado), Vega Montesinos, Carla Castiñeyras e Sofía Domínguez. Así como as incorporacións cedidas polo FC Barcelona das fútbolistas Ainoa Gómez e Adriana Ranera.

Tiñan contrato e seguen nas filas branquiazuis: Millene Cabral (que será a referencia en ataque), Michi Apostol, Olaya, e as futbolistas da canteira: Eva Dios, Carmen Carballada, Elena Vázquez e Paula Monteagudo.
Ver esta publicación en Instagram
Comeza así oficialmente a pretempada do equipo, acompañada o pasado 13 de xullo das avaliacións médicas e físicas xa habituais. Un electrocardiograma e unha analítica completa encabezaron a batería de probas polas que pasaron tódalas xogadoras na Maternidade HM Belén da Coruña. Mediante este proceso, o corpo técnico asegurouse de que o cadro estivese listo para entrar ao campo.
Ver esta publicación en Instagram
Co inicio da nova tempada, o primeiro partido do Dépor ABANCA será contra o Sevilla FC. O conxunto andaluz quedou catro postos por enriba das Nosas deportivistas na última clasificación, establecéndose coma os oitavos da Liga F. Xogarán o vindeiro 30 de agosto na casa das coruñesas, o estadio ABANCA-Riazor.
Unha das dúbidas desta tempada é se o Dépor ABANCA poderá xogar todos os seus partidos como local no municipal coruñés de ABANCA-Riazor, ou a posible coincidencia de partidos do primeiro equipo deportivista masculino e do Fabril poderían levar As Nosas branquiazuis de regreso aos campos de Abegondo.
Teresa Herrera contra o FC Porto, 1.º amigable do Dépor ABANCA
Antes do enfrontamento clasificatorio, o Dépor ABANCA disputará un amigable importante para o club e para a afección deportivista: o Trofeo Teresa Herrera. As branquiazuis xogará contra o equipo luso FC Porto o 13 de agosto a partir das 17:00 en ABANCA-Riazor. Un día despois do eclipse de sol previsto para o 12 de agosto.
As galegas xa atesoran cinco Torres de Hércules, elemento icónico da cidade coruñesa que da forma ao galardón outorgado nesta competición.

Elas son As Nosas deportivistas para o curso 2026-27
O bloque de xogadoras do Dépor ABANCA rexistra bastantes cambios con respecto á tempada pasada, sendo anunciadas diversas novidades no equipo. Ás renovacións de xogadoras cunha gran relevancia no club súmanse múltiples fichaxes e ata dúas cesións. Segundo as informacións transmitidas polas redes do Deportivo, leváronse a cabo as seguintes accións arredor do cadro.
Espe Pizarro Pagalday (Uruguai, 2001): dianteira que chegaba en xullo de 2025 á Coruña procedente do Eibar SD. Renovou este curso como futbolista que estará filas branquiazuis ata o 2028.
Trátase dunha das abandeiradas do equipo, combinando o seu perfil de futbolista diferencial co dunha transmisora dos valores do Dépor ABANCA. Máis alá das fronteiras peninsulares, xoga tamén coa súa Selección estatal coa que estivo disputando a Conmebol Liga de Naciones.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Paula Novo (Boiro, 2005): defensa canteirana que, tras debutar en conxuntos galegos coma o Atlético Rivera Infantil e o C.D. Boiro B Cadete, para finalmente incorporarse ao Depor ABANCA B. Participou no seu ascenso á Segunda Federación, convertíndose nun nome coñecido do entorno cascarilleiro.
Durante a última tempada, sendo unha das claras destacadas do filial, alternou entre este e o primeiro equipo. As súa aportación e a súa proxección fixeron que o club optase pola súa renovación ata o 2028.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Merle Barth (Waldbröl, 1994): defensa central que chegou á liga española xa cunha amplia experiencia, tendo xogado máis de 200 partidos na elite do fútbol alemán co Bayer Leverkusen e o Turbine Postdam. En 2022, aterrou no Atlético de Madrid, selando o seu debut na Península, ata que fichou polo Dépor ABANCA na tempada anterior. Vén de renovar ata o 2027 polo equipo coruñés.
Ver esta publicación en Instagram
Paula Redruello Fernández ‘Redru‘ (Oviedo, 2007): centrocampista cunha brillante carreira futbolística a pesar da súa curta idade. Renovou co RC Deportivo ata o 2028.
Con apenas 15 anos, en 2022, debutou no primeiro equipo do Sporting de Gijón para na liga Reto Iberdrola, formando aínda parte das filas do filial asturiano. Na tempada seguinte xa é parte definitiva deste primeiro cadro do Sporting, e torna nunha das protagonistas do seu ascenso a Segunda RFEF.
Ao finalizar do seu contrato co Sporting de Gijón, pasa a incorporarse nas filas do Depor ABANCA B para a tempada 2023-2024 como unha titular clave no filial deportivista, e compaxinou o seu desempeño nese no segundo equipo coa contribución en varios encontros do primeiro conxunto branquiazul.
Ver esta publicación en Instagram
Sumado a isto, o seu talento levouna a ser internacional coa Selección Española nas categorías Sub-16, Sub-17 e Sub-19 onde comparte vestiario con Lucía Rivas.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Lucía Rivas (Caldas de Reis, 2007): outra aposta do Dépor ABANCA polo talento da mocidade. Dianteira galega xa campioa con España da Eurocopa Sub-17 e Sub-19 e dunha Copa de A Coruña co Orzán SD Xuvenil, e da Liga Galega cadete (tamen co Orzán SD).
Chego ao equipo herculino procedente do Atlético Cuntis na tempada 21/22. O seu éxito en categorías inferiores levouna a fichar polo Dépor ABANCA e debutar co primeiro equipo no 2024 mentres mantiña un papel importante no conxunto B deportivista. Renovou polo equipo coruñés ata 2028.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Marisa García (Madrid, 2006): dianteira da canteira do Real Madrid CF, aínda que previamente defendeu as cores do San Agustín e do Madrid CFF. Recoñecida como mellor xogadora xuvenil da Liga F na tempada 2023-2024; 21 goles en 26 partidos co filial madridista.
Vestiu a camiseta da Selección Española en categorías inferiores. Xogou coa Sub-17 e a Sub-20.
Incorporouse a tempada pasada nas filas do Dépor ABANCA como cedida, onde logrou encaixar e xerar grandes expectativas de futuro. Tanto foi así que, finalmente, fichou polo conxunto branquiazul ata o 2028.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Daniela Caracas (Cali, 1997): lateral colombiana con varios anos no fútbol español, incorporándose ao DUX Logroño na tempada 2019-2020.
Recoñeceríase a súa fiabilidade na tempada pasada, despuntando cun papel protagonista nas filas do RCD Espanyol. Ao longo de todo este período, mantívose activa a nivel internacional, vestindo a camiseta colombiana para a Copa América Femenina tanto en 2018 como en 2022.
Fichou polo Dépor ABANCA e xogará cos branquiazuis a partir desta vindeira tempada 2026-2027.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Eva Alonso (Madrid, 2002): centrocampista cun recorrido internacional, iniciándose no Rayo Vallecano antes de experimentar o fútbol universitario estadounidense cos Penn State Nittany Lions.
O seu importante papel no Levante UD na tempada pasada amosou o talento desta deportista, e afianzouno a súa participación coa Selección Española na Copa Mundial Feminina Sub-17, saíndo campioa do mundo, e Sub-19. Chega á Coruña con esta nova tempada, sendo outro dos importantes fichaxes do Dépor ABANCA. Ten contrato ata 2028.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Andrea Tarazona (Riba-roja de Túria, 2004): gardameta que arriba ao Dépor ABANCA despois dunha intensa mostra de desempeño e continuidade, acumulando 58 partidos na Liga F. Ao igual que Eva Alonso, chega á cidade herculina procedente do Levante UD. Ten contrato ata 2027.
Coa Selección Española, foi internacional Sub-19, mundialista Sub-20 e incluso convocada pola Sub-23. Ademais, tivo a oportunidade de xogar na fase de clasificación UEFA Women’s Champions League para a campaña 2023-2024.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Vega Montesinos (Murcia, 2005): xogadora da banda esquerda caracterizada pola súa versatilidade, ao actuar como lateral ou en posicións máis adiantadas dependendo da necesidade.
Foi unha das pezas clave no ascenso do Alhama CF ElPozo a Primeira Divisón coa súa chegada na tempada 2024-2025, e agora ábrese unha nova porta na súa traxectoria ao comezar a vestir a indumentaria do Dépor ABANCA club co que asina contrato ata 2028.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Ainoa Gómez (Cerdanyola del Vallès, 2007): centrocampista xa campioa en dúas ocasións, 2025 e 2026, do Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA. Chega como cedida para reforzar a medular branquiazul desde o FC Barcelona.
A pesar da súa curta idade, alábase a súa visión de xogo, unha habilidade que lle permitiu xogar ata dous partidos co conxunto blaugrana na tempada pasada. Xa se amosaba como unha gran xogadora no filial, co que gañou o título da Primeira Federación Iberdrola, pero nese par de encontros destacou ao encaixar dous goles.
Nesta próxima tempada 2026-2027, formará parte das aliñacións do Dépor ABANCA ao chegar cedida das filas do equipo blaugrana.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Carla Castiñeyras (Cartagena, 2008): defensa consolidada como unha gran promesa da súa xeración xa que, pese á súa mocidade, conta cun envexable percorrido a través dos anos. Con apenas 15, xa se atopaba competindo en Terceira Federación, e dende aí accedeu ao Alhama CF.
Este prematuro éxito aseguroulle un posto en varias competicións nas que levou o escudo español, sendo convocada coa Selección en categorías inferiores: Sub-16 e Sub-17.
Aterra no Dépor ABANCA para a tempada 2026-2027, sumando unha proxección fora de serie á defensa herculina. Carla Castiñeyras terá licencia neste curso co filial deportivista, o Depor ABANCA B.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Paula Hernández (Las Palmas de Gran Canaria, 2006): centrocampista que competía na Primeira Federación nas filas do UD Costa Adeje Tenerife B. En dúas ocasión, correspondentes á Copa da Raíña, disputou encontros co primeiro equipo tinerfeño. Antes xogou no Unión Viera e CD Guiniguada Apolinario.
Esta tempada teraá a posibilidade de xogar na Liga F 2026-2027, co Dépor ABANCA a modo de nova integrante, aínda que terá ficha do Depor ABANCA B.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Lucía Pardo (Outeiro de Rei, 2000): dianteira centro. Ten como fito na súa carreira ser a primeira goleadora do fútbol profesional feminino. Marcou en 2022 o primeiro tanto da Liga F, acabada de profesionalizar nese mesmo ano a pesar de existir con outros nomes desde o 1998.
A xogadora lucense LP comeza unha magnífica traxectoria ofensiva na Primeira División co Madrid CFF, e pasou as últimas dúas tempadas cun moi bo desempeño na Real Sociedad. A nivel internacional, ten xogado coa Selección Española en todas as categorías inferiores.
Ficha finalmente polo Dépor ABANCA , semellando un engadido clave para escalar na clasificación da vindeira tempada 2026-2027. LP ten contrato co conxunto coruñés ata o 2028. A galega regresa así á súa terra sen deixar a elite do futfem estatal.
Formouse como futbolista na SCD Milagrosa e logo militou no Peluquería Mixta Friol lucense. Nesa etapa xa fora entrevistada por As Nosas, declarando no seu día que un “Dépor -Celta na elite do fútbol feminino axudaría moito a visibilizar”
Lucía Pardo: “Un Dépor-Celta na elite do fútbol feminino axudaría moito a visibilizar”
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Sofía Domínguez (Buenos Aires, 2005): lateral dereita de gran versatilidade e cunha habilidade rastrexable ata a súa infancia, cando adoitaba portar o brazalete de capitán alá onde xogase.
De Arxentina, trae ás costas experiencias en dous dos grandes clubs da máxima categoría, o River Plate e o Newell’s Old Boys. Non sería ata a campaña 2025-2026 cando daría un salto ata o fútbol europeo, entrando nas filas do FC Basel e xogando na Primeira Divisón de Suiza.
É tamén unha internacional absoluta con Arxentina, formando parte da Selección durante o Mundial Sub-20. Durante a vindeira Liga F 2026-2027, vestirá a camiseta branquiazul do Dépor ABANCA con contrato ata 2027.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Adriana Ranera (Sant Cugat del Vallès, 2005): defensa central que vestiu o brazalete de capitana no FC Barcelona B. Xogadora dende os 6 anos, ingresou na canteira blaugrana no 2020 e dedicouse dende entón a subir no escalafón do club. Antes de chegar ao club blaugrana xogou no Junior de Sant Cugat e no Damm CF.
Á súa importancia para o filial sumoulle experiencia co primeiro equipo, para o que xogou en diferentes ocasións na pasada tempada. Debutou con eles na Copa da Raíña para despois ser convocada en diversos encontros da Liga F e da UEFA Women’s Champions League.
Coa tempada 2026-2027 por diante, chega ao Dépor ABANCA cedida polo conxunto culé, disposta a ofrecer a súa foraleza e liderazgo entre as filas branquiazuis.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Alberto Rodríguez, o novo técnico das Nosas
Alberto Rodríguez (Arteixo, 1989): adestrador con experiencia no panorama galego, tendo exercido na SD Sofán e o Sigüeiro FC. Licenciado en Ciencias da Actividade Física, conta tamén coa titulación UEFA Pro.
Desde xaneiro de 2025, Alberto Rodríguez forma parte do corpo técnico do Dépor ABANCA, tempo no que tivo a oportunidade de familiarizarse coa estrutura do club e o cadro de xogadoras. Xa curtido neste aspecto, será o primeiro adestrador do conxunto herculino na tempada 2026-2027.
Ver esta publicación en Instagram
Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA





















