- A Liga Feminina Endesa de baloncesto volve en outubro deste 2026 tras finalizar a anterior edición no mes de maio. O BAXI Ferrol afronta con ilusión esta nova tempada
A pasada tempada 2025-2026 deixou ao Casademont Zaragoza presidindo a táboa, cunha racha de 10 vitorias ao término da trixésima xornada. A pesar desta vitoria, sería o Valencia B.C. o equipo que levaría a casa todo o resto de galardóns, vencendo na final dos Play-Offs, da Copa da Raíña e da Supercopa.
En cara a esta nova tempada, é salientable a presenza de tres equipos galegos na táboa, un máis que na ocasión pasada. O Baxi Ferrol e o Durán Maquinaria Ensino mantéñense na primeira liga, mentres que o Celta Baloncesto retorna despois de descender a Segunda División na edición 2024/25.
Entre os equipos galegos na primeira federación nacional, o Baxi Ferrol ten unha cualidade definitoria: conta con experiencia en torneos internacionais. Máis alá das súas posicións na competición de Liga, en ocasións superado polos seus rivais, logrou achar o seu camiño e entrar nas filas da FIBA Eurocup Women 2024/25, manténdose nela a día de hoxe.
Ver esta publicación en Instagram
Xunto coa EuroLeague e a Supercup, a Eurocup Women é un dos máis importantes torneo desde deporte en territorio europeo. Condensa a algúns dos mellores equipos das distintas ligas no territorio, favorecendo polo tanto un ambiente internacional e con moita atención pública.
BAXI Ferrol amosou o seu magnífico xogo ante unha desafiante clasificatoria e chegaron á final da Eurocup Women na edición 2024/25, a súa primeira vez xogando nela. En última instancia, o título levaríao o ESB Villeneuve-d’Ascq, pero ante unhas galegas que loitaron con todo. Se ben na edición 2025/26 non chegaron tan lonxe, a ambición equipo por manterse a nivel internacional non deixa dúbida do seu traballo.
A última gran noticia relativa ao club xira arredor do seu polideportivo. Xa en abril, as redes do BAXI Ferrol comezaron a encherse co cancelo #OINFERNODEPUNTAARNELA, anunciando o conxunto de cambios que ían atravesar como equipo e como comunidade.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
O BAXI Ferrol terá nova cancha: Punta Arnela
Renovación, fichaxes e campaña de abonos forman parte dun programa encabezado por unha nova de maior envergadura para o equipo da cidade departamental. O BAXI Ferrol terá en 2026 un novo pavillón no que xogar os seus encontros: o Punta Arnela.
Ver esta publicación en Instagram
A finais de xuño, o equipo ferrolano celebraba inverter no proxecto dun novo recinto que promete ser a súa futura casa. Apenas uns meses antes, a Xunta do Goberno Local adxudicaba a obra por unha cifra próxima aos 6 millóns de euros. Consistiu na restauración dun pavillón histórico na cidade, sede no pasado da OAR Ferrol cando esta contaba cunha formación de baloncesto competitiva.
Esta reforma é unha peza de suma relevancia no plan de intervención do antigo recinto ferial, destinado a ser a nova Cidade do Deporte. O renovado Punta Arnela debería poder acoller 1.312 persoas nas gradas, contemplando engadidos co uso de supletorias.
Con todo, nos pasados días o BAXI Ferrol compartiu por redes un importante mensaxe en relación ás obras. Lamentan non poder comezar a tempada xogando no novo pavillón, que non abrirá as súas portas ata o mes de novembro.
Ver esta publicación en Instagram
“Creemos que esta decisión permitirá que a estrea na nosa nova casa se produza nas mellores condicións posibles”, figura na declaración oficial. Os seus primeiros partidos da Eurocup Women xogaranse entón no que ten sido o seu recinto habitual ata o día de hoxe, A Malata.
O cadro de xogadoras do BAXI Ferrol para a tempada 2026-27
As liñas do BAXI Ferrol , sen dúbida, sufriron un cambio superlativo. Multitude dos nomes con sona durante a tempada pasada non estarán presentes nesta, forzando ao club a realizar un axuste case íntegro do cadro. Un total de 8 xogadoras provenientes de equipos de todas partes pechan o seu período co conxunto ferrolano:
Liberadas
- Alba Sánchez-Ramos (Santa Cruz de Bezana, 2000)
- Karla Erjavec (Croacia, 1999)
- Blanca Millán (Santiago de Compostela, 1998)
- Dalayah Daniels (EE. UU., 2001)
- Moira Joiner (EE. UU., 2000)
- Bego de Santiago (Ourense, 2002)
- Ine Joris (Bélgica, 2001)
- Clementine Samson (Francia, 1991)
- Elena Rodríguez (Gran Canaria, 2003)
Respecto á tempada pasada, o BAXI Ferrol xestionou o seu limitado presuposto coa ambición de incorporar talento fresco ás súas filas mentres reteñen experiencia.
Oito fichaxes e tres renovacións compoñen a lista de movementos do club de cara á seguinte edición da liga, formando un cadro realmente forte.
Un caso curioso é do Silvia Millán, que non figura nesta lista porque a súa condición de xogadora foi algo excepcional. Fisioterapeuta de profesión, debutou no BAXI Ferrol a causa das múltiples lesións que impedían exercer a outras compañeiras. A súa desaparición do novo cadro non implica a marcha do club, senón que a situación permite agora unha organización máis estándar.
Ver esta publicación en Instagram
Estas son as xogadoras que integrarán o equipo da cidade departamental neste curso 2026-27:
Ver esta publicación en Instagram
Renovadas
- Karolina Sotolova (República Checa, 1999)
- Gala Mestres (Vilanova i la Geltrú, 1994)
- Claire Melia (Irlanda, 1999)
Fichadas
- Kateřina Galíčková (República Checa, 2000)
- Esther Castedo (Lugo, 2000)
- Iva Belosevic (Croacia, 1997)
- Maggie Doogan (EE. UU., 2004)
- Tayra Eke (Madrid, 2003)
- Sandra Martínez (Vigo, 2008)
- Sydney Shaw (EE. UU.,
- Nikola Priede (Letonia, 2003)
Unha vez máis, o BAXI Ferrol contará cun dos pilares que levan dándolle vida ao club dende o 2019. O adestrador Lino López seguirá á cabeza dun conxunto con gañas de debutar, asegurando que o esforzo non decaia ao longo da competición. Veterano ex-xogador do Club Basquet Coruña, onde logrou ascender ata LEB Plata, consolídase aínda máis como unha faciana querida pola comunidade ferrolana.
Ver esta publicación en Instagram
O equipo técnico conta tamén coas importantes contribucións do adestrador axudante Jorge Rey, do preparador físico Álvaro Alonso, do médico Javier Abella, do delegado Manu Caínzos e da psicóloga Patricia Gómez de la Torre.
Coñece o calendario dos equipos tres galegos na próxima Liga Endesa 2026-27: Ensino, Celta e BAXI
















