• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Así competiron as nosas olímpicas

As galegas lograron dúas medallas e dous diplomas, con grandes participacións en ata sete modalidades distintas

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
08/08/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Así competiron as nosas olímpicas / FEDERACIÓNS

Así competiron as nosas olímpicas / FEDERACIÓNS

106
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Este domingo, 8 de agosto, finalizan os Xogos Olímpicos de Toquio 2020, nos que competiron ata dez deportistas galegas, en sete modalidades deportivas. olímpicas

Os éxitos galegos trouxeron dúas medallas a Galicia, ademais doutros dous diplomas.

Teresa Portela

Unha das actuacións máis destacadas destes Xogos foi a de Teresa Portela. A de Cangas foi quen de alzarse coa súa primeira medalla olímpica, unha prata, no K1 200 de piragüismo, nos que foron os seus sextos Xogos Olímpicos.

“Feliz. Porque quen a segue a consegue. Levo moitos anos intentando loitar por esa medalla”, asegurou a padexeira.

Teresa Portela fai historia

Ana Peleteiro

Outra deportista que fixo historia foi a ribeirense Ana Peleteiro. A atleta competiu no triplo salto, superando os seus propios récords.

A galega accedeu á final clasificándose como segunda no grupo A, só por detrás da súa amiga e compañeira Yulimar Rojas, quen remataría sendo a campioa olímpica, establecendo un novo récord mundial. Na final, Peleteiro bateu en dúas ocasións o récord de España absoluto, quedando finalmente en terceira posición ao chegar ata os 14,87 metros.

Coa repercusión acadada grazas ao seu éxito deportivo, a saltadora converteuse tamén nun exemplo reivindicando a súa negritude e antiracismo.

Ana Peleteiro, bronce olímpico en Tokyo 2020

Támara Echegoyen

Fóra do podio quedou Támara Echegoyen, competidora no 49er FX de vela xunto á balear Paula Barceló. O conxunto de españolas olímpicas tivo que facer fronte a altibaixos na competición, sobrepoñendose a eles para chegar con posibilidades de medalla á final.

Na Medal Race, malia quedar en sexta posición, os puntos penalizados que acumularon Echegoyen e Balear valéronlles para quedar cuartas, a só un punto do terceiro posto. Desta forma, leváronse o diploma olímpico.

Echegoyen roza o podio olímpico

Antía Jácome

Tamén na auga nipona, e tamén con diploma olímpico, quedou Antía Jácome. A padexeira representou a España no C1 200, clasificándose na final da competición en quinta posición na súa primeira experiencia como olímpica.

“Sinto unha gran alegría por conseguir o diploma olímpico e por estar aí pelexando a regata ata o final, cunha chegada moi axustada para decidir quen se levaba a medalla de bronce”, aseguraba a deportista.

Antía Jácome volve a casa co diploma olímpico

Belén Toimil

Dentro do apartado de galegas olímpicas que non acadaron nin medalla nin diploma, atópase Belén Toimil dentro do atletismo. A lanzadora de peso non estivo nas súas mellores marcas na cita nipona, facendo dous lanzamentos nulos na proba clasificatoria.

O terceiro lanzamento foi válido, pero deixou á galega a cinco centímetros da marca mínima para competir na final. Cos seus 17.38 metros, a atleta de Mugardos foi décimo terceira na eliminatoria.

“Dame rabia porque sei que podía telo feito e estou adestrando moi ben”, aseguraba Toimil tras a competición.

Belén Toimil queda fóra da final do lanzamento de peso olímpico

Tamara Abalde e Raquel Carrera

Nos deportes por equipos, dúas galegas formaron parte da Selección Española de baloncesto, un dos combinados máis fortes dos Xogos Olímpicos.

Raquel Carrera e Tamara Abalde estiveron na lista de Lucas Mondelo para Toquio. A ourensá participou en todos os partidos, xogando aproximadamente un cuarto por encontro, mentres que a viguesa quedou no banco por decisión técnica.

As españolas caeron finalmente en cuartos ante Francia. Nun encontro moi intenso e igualado, as vermellas olímpicas estiveron a piques de pasar á semifinal.

Raquel Carrera e Tamara Abalde finalizan a aventura olímpica

Alicia Fernández

Tampouco chegou nin á semifinal nin á final olímpica a Selección Española de balonmán, na que participou a galega Alicia Fernández.

Ao longo da competición, as Guerreras, entre as que estivo tamén Paula Arcos, do Atlético Guardés, así como José I. Prades dentro do corpo técnico, venceron dúas veces e perderon outras dúas.

No último encontro, as españolas perderon contra o Comité Olímpico Ruso. A vitoria de Hungría contra Suecia rematou por eliminar ás Guerreras olímpicas, que non pasaron da fase de grupos.

As Guerreras de balonmán despídense de Toquio

María Bernabeu

A judoka María Bernabeu, quen competiu na categoría de -70kg, non puido pasar do primeiro combate. A galega competiu contra a rusa Madina Taimazova, quedando eliminada por un 0-1.

GRACIAS GRACIAS GRACIAS

“El talento te abre las puertas pero ser agradecid@ te las mantiene abiertas”#juegosolimpicoTokyo2020 pic.twitter.com/6IwDrTOnDZ

— maria bernabeu (@bernabeumaria70) July 30, 2021

Julia Benedetti

No debut do skateboard como modalidade olímpica, e a xove Julia Benedetti nos Xogos Olímpicos, a rider galega rematou na 16ª posición da competición.

Coas puntuacións de 27.76 27.50 22.31, a coruñesa non pasou de rolda, pero a skater preferiu quedarse co importante entre as experiencias olímpicas: “Estar con outros deportistas, coñecer a tanta xente… É unha experiencia que se cadra só vives unha vez e hai que gozala a tope”.

Julia Benedetti: “Non o conseguín facer pero tenteino e marcho moi contenta”

Etiquetas alicia fernándezAna PeleteiroAntía JácomeBelén ToimilJulia BenedettiMaría BernabeuRaquel CarreraTamara AbaldeTámara EchegoyenTeresa PortelaToquio 2020Toquio 2021Xogos OlímpicosXX.OO.
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Elba Álvarez e Alicia Fernández, dúas galegas e Guerreras da Selección Española de balonmán no Mundial / RFEBM

A Selección Española de balonmán impónse a Paraguai (26-17) coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez no equipo

por Redacción As Nosas
27/11/2025
0

  A Selección Española fíxose co triunfo (26-17) no primeiro partido da cita mundialista celebrada en Alemania e Países Baixos. O...

Alicia Fernández e Paula Arcos, entran na convocatoria da Selección Española / RFEB

Elba Álvarez e Alicia Fernández: galegas e Guerreras

por Sara González
26/11/2025
0

As Guerreiras están listas para xogar o Mundial 2025 de balonmán e nas súas filas hai dúas galegas: Alicia Fernández...

Julia Benedetti, finalista da 1ª edición do Galardón Princesa de Girona os Valores de Deportistas Novos / FUNDACIÓN PRINCESA GIRONA

Julia Benedetti, finalista da 1ª edición do Galardón Princesa de Girona aos Valores de Deportistas Mozos

por Redacción As Nosas
30/10/2025
0

  A skater galega Julia Benedetti foi elixida como finalista da 1.ª edición do Galardón Princesa de Girona aos Valores...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.