• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Ascenso pola vía rápida para o Viaxes Amarelle FSF

Foi preciso sufrir e remontar, pero o equipo coruñés xa ten o seu lugar garantido para militar a vindeira tempada na Primeira División do Fútbol Sala feminino da RFEF | As galegas vencero ao LBTL Futsal Alcantarilla por 4-2

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/06/2022
en Segunda División Fútbol Sal, Fútbol Sala
Ascenso do Viaxes Amarelle FSF tempada 2021-22 / MANU BOUTUREIRA

Ascenso do Viaxes Amarelle FSF tempada 2021-22 / MANU BOUTUREIRA

322
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non foi doado o último chanzo que tivo que subir o Viaxes Amarelle FSF para asinar o seu ascenso á Primeira División do futsalfem da RFEF. O conxunto La Boca Te Lía Futsal Alcantarilla foi un oso duro de roer. Chegaba a este partido decisivo o equipo laranxa unha tarxeta de presentación impecable. So un partido perdido, o último, se cadra un aviso de que non sempre se gaña e da importancia de chegar ao play-off cos cinco sentidos postos sobre a cancha.

Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA
Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA

Empezaron gañando as coruñesas pero as murcianas dérollen a volta ao marcador e o electrónico da Sagrada chegou a poñerse 1-2 ao cuarto de hora de xogo. Querían o equipo que dirixe Jorge Basanta finiquitar o ascenso nun partido. E non alongar así os pasos que as devolvesen á elite. E fixérono. Déronlle a volta ao marcador. Empataron primeiro e foron sumando goles despois ata o 4-2 definitivo. O regreso á máxima categoría das coruñesas é unha realidade.

Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA
Patri Romaní conduce o balón durante o partido entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA

O equipo herculino do  Viaxes Amarelle FSF consegue así o ansiado ascenso á Primeira RFEF Futsal Feminina despois dun competido partido contra un LBTL Futsal Alcantarilla que se puxo por diante na primeira parte e fixo que as herculinas tivesen que aplicarse para conseguir un merecidísimo regreso á elite do futsal feminino  estatal. Chega este premio logo dunha tempada de matrícula de honra e vencendo por un marcador de 4-2 ás súas últimas rivais, con goles de Candela Soria (2), Carlita e Patri Romaní.

Abre o marcador Candela Soria para o Amarelle

O partido empezaba cun  Viaxes Amarelle FSF levando o peso do partido e a posesión do balón, mentres que o rival optaba por unha defensa a media pista e tratar de sorprender coa velocidade. Aos catro minutos de partido, Candela Soria nunha gran xogada persoal conseguía adiantar ás herculinas e subir o 1-0 ao marcador.

Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA
Candela Soria no partido do play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA

O  LBTL Futsal Alcantarilla seguía cunha defensa intensa, e apoiábase cunha presión en media cancha para tentar crear perigo, e conseguía as súas primeiras chegadas; e de feito conseguía igualar a contenda tras unha xogada persoal de Marta de los Riscos por banda e tiro cruzado que levaba o 1-1 ao marcador.

A igualdade de novo no marcador, pero quedaba moito partido por diante; e o Viaxes Amarelle FSF chegaba en varias ocasións con perigo sobre a portería de Irene Franco, pero o gol resistíase para as galegas.

O Alcantarilla ponse por diante no electrónico na Sagrada

O conxunto herculino sabía do perigo a balón parado das visitantes, e estas conseguiron poñerse por diante no marcador a falta de catro minutos para o descanso cunha xogada a balón parado, que poñía o 1-2 no marcador; e poñía ao lado murciano o ascenso.

Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA
Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA

As herculinas que prepara Jorge Basanta seguían buscando o oco para conseguir a igualada, e nos últimos minutos, triste noticia para as galegas, que vían como Cris Lourés íase ao chan lesionada e non podía continuar o xogo. O último tramo do partido, foi unha zona intermedia de medo ao fallo, e o partido foise ao tempo de asueto con vantaxe visitante.

Logo do paso por vestiarios, o Viaxes Amarelle FSF empezaba o partido con máis confianza e buscando igualar a contenda canto antes; e ao minuto e medio de xogo, Carlita nun disparo exterior, á saída dun saque de esquina, conseguía devolver a igualada ao marcador.

Candela Soria asina tamén a remontada coruñesa

O gol deu ánimos ás galegas, que apenas un minuto máis tarde, cunha gran xogada persoal de Patri  Romaní chegaba o 3-2, finalizado por Candela Soria encima da mesma liña de gol.

As herculinas conseguían dar a volta ao partido moi pronto, e as visitantes tiñan que buscar subir a liña de presión e tentar a igualada, pero as locais estaban moi centradas en defensa.

Os minutos pasaban, e as galegas estaban cómodas sobre a pista, pero con necesidade do gol que lles dese tranquilidade, pero este facíase de rogar.

Xa no tramo final, as murcianas de LBTL Futsal Alcantarilla optan por sacar o xogo de cinco para tentar igualar a contenda; pero o Viaxes Amarelle FSF aperta aínda máis alto para evitar que saquen o xogo de cinco; e María Gómez consegue roubar un balón en primeira liña, e cede o esférico a Patri Romaní que non perdoa e sobe o 4-2 ao luminoso, cando restaban pouco máis de dous minutos para o final.

Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA
Play-off de ascenso entre Viaxes Amarelle e LBTL Futsal Alcantarilla / MANU BOUTUREIRA

As visitantes seguiron optando polo xogo de cinco para tratar de forzar a prórroga, pero un Viaxes Amarelle FSF moi serio en defensa mantivo a súa portería indemne para poder conseguir un  merecidísimo ascenso tras unha tempada de luxo, e cun pavillón para rebentar de público.

Tempada de matrícula de honra o destas xogadoras e corpo técnico que o loitaron semana tras semana, para chegar a un  play-off de ascenso onde houbo que sufrir e sufriuse para conseguir devolver o club á máxima categoría do fútbol sala feminino.

“Parece moi fácil, pero o traballo e o esforzo non se aprecia tanto, cando os resultados danse tan favorables, pero podemos asegurar que non hai ningunha que se quixese borrar de nin un só adestramento, sempre todas a unha, e a pesar dos días malos, sempre sumando en positivo para o obxectivo do club”, apuntan desde a entidade coruñesa poñendo en valor o esforzo feito por todo o bloque nesta tempada.

Tres play-offs en cinco anos e terceiro ascenso do Viaxes Amarelle FSF

Terceiro play-off de ascenso do conxunto herculino no últimos cinco anos e terceiro ascenso á Primeira RFEF Futsal Feminino. Desde o club coruñés apuntan, despois deste logro, á necesidade de contar con apoios. “Agora que o club demostrou con fartura que pode, tamén lle gustaría solicitar ás empresas da sociedade que apoien a este deporte, para que o proxecto deportivo con preto de 100 licenzas femininas desde benxamíns ata o primeiro equipo, siga representando á nosa cidade por todo o territorio nacional”, apuntan desde a entidade galega.

Ascenso do Viaxes Amarelle FSF / MANU BOUTUREIRA
A familia do Viaxes Amarelle FSF festexa o ascenso á Primeira / MANU BOUTUREIRA

FICHA TÉCNICA:

4) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris Lourés, Yaiza, Laura Doce e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patri Romaní, Èlia Gullí, María Gómez, Carol Agulla, Carlita, Irune Santesteban, Daryna Tkachenko e Sandra Rodríguez.

2) LA BOCA TE LÍA ALCANTARILLA: Irene Franco, Ana Belén, María Carmen, Marta de los Riscos e Aitana Olaso – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patricia Martínez, Claudia Navas, Blanca, Kichi, Olga Alcaraz, Iraia Romero, Tere Salmeron, Carla Ayensa e Vero Villa.

GOLES: 1-0 Candela Soria (min. 4); 1-1 Marta de los Riscos (min. 10); 1-2 Patricia Martínez (min. 16); 2-2 Carlita (min. 21); 3-2 Candela Soria (min. 24); 4-2 Patri Romaní (min. 38).

EQUIPO ARBITRAL: Marcos Noya Pardo e Francisco Javier Roldán Pérez do Comité Técnico de Árbitros de Santiago de Compostela e Pontevedra. Mesa: Santiago Modroño Liz do Comité Técnico de Árbitros da Coruña.  Amosaron cartón amarelo ás futbolistas Marta de los Riscos e Kichi del La Boca Te Lía Futsal Alcantarilla.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira eliminatoria do play-off de ascenso á Primera División do fútbol sala feminino da RFEF disputado no pavillón municipal da Sagrada Familia, na Coruña.

Etiquetas A CoruñaAlcantarillaascensofútbol salafutsalJorge BasantaLBTL FutSal Alcantarillaviaxes amarelle
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.