Foz acolleu as XI Xornadas Formativas da fundación Imdecum en Quenlla Crossfit cos relatores Sául Vázquez Vega e Manuel Núñez Garea. Esta actividade estaba dirixida ao alumnado do Ciclo de Actividade Física e do Deporte do IES Monte Castelo.
Houbo unha primeira parte na cal os relatores mostraron aos alumnos unha perspectiva teórica dos fundamentos do Crossfit. A continuación, o alumnado preguntoun todas as súas dúbidas sobre este deporte e interactuaron con Saúl e Manuel para resolver todas as súas cuestións en canto súa práctica.
En segundo lugar, a xornada tivo unha orientación práctica na cal os alumnos fixeron un quecemento en conxunto e posteriormente dividíronse en grupos reducidos para realizar unha competición con todos os exercicios que tiñan marcados polos relatores.
Foi unha experiencia enriquecedora para os alumnos, que levan a casa unhas nocións importantes desta práctica que está tan na actualidade no ámbito deportivo. Desde a organización agradecéronlle a “Quenlla Crossfit a súa implicación co alumnado, que fixeron que resultasen unhas xornadas moi proveitosas”.
Seguinte cita das Xornadas Formativas de Imdecum, xadrez con Julio Delgado
Seguen en marcha estas XI Xornadas Formativas de Imdecum para o alumnado do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva. A seguinte cita será o vindeiro xoves 19 de maio, na Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo.
Esta nova xornada consistirá en “Xadrez, primeiros pasos”, con Julio Delgado, que esta vez no actúa coma adestrador do Pescados Rubén Burela, senon que será relator desta xornanada de Imdecum.