• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

As putas amas

Hugo Hernández

Hugo Hernández por Hugo Hernández
09/11/2024
en Opinión
175
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O rexeitamento social, o menosprezo, a humillación e mesmo a clandestinidade son algunhas das afrontas que combateron e que, por desgraza, aínda combaten as mulleres que optan polo deporte rei.

Durante décadas o papel da muller na sociedade española estaba estritamente delimitado. Excluíana de todo tipo de actividades. O seu rol, aceptado pola gran maioría de españois, consistía na submisión total, o mantemento da casa, o coidado dos seus fillos, “estar fermosa” para compracer aos seu esposos, ou saber comportarse (existían regras moi concretas respecto diso).

A comezos do século XX algunhas mulleres tentaban mudar a situación nun momento adverso e contra todos os prexuízos sociais. Como exemplo lexendario sobresaíu a figura dunha muller, Irene González, a primeira xogadora de fútbol e a primeira gardameta. Abriu un camiño que tardou décadas en normalizarse.

Nos 70 empeza o cambio

Houbo un punto de inflexión na historia do fútbol feminino, polo menos no que se refire a España. No noso país, todo empezou a cambiar nos 70 (como todo). Ao mesmo tempo que se sucedían as protestas sociais e políticas contra unha Ditadura debilitada, no deporte alzáronse unhas pioneiras dispostas a enfrontarse ao réxime e a unha sociedade atrasada que non comprendía que unha muller puidese practicar deporte sen o permiso do seu home.

No resto do planeta soaba o música disco e o punk. En EE.UU., maior potencia do mundo (nada cambiou), o xigante informático IBM xa vendía unidades do floppy disk, Nixon dimitía polo Watergate e o Apollo 13 regresaba á Terra cos seus tripulantes a salvo. Na mesma década a Teresa de Calcuta obtiña o Premio Nobel da Paz e o mundo daba a benvida ao Papa Juan Pablo II, por certo, ex-xogador do MKS Cracovia (Polonia).

Aquelas amas de casa da España que anhelaba a democracia despois de décadas dun inquisidor goberno militar agradaron o camiño que abriu González. Aquelas amas formaron a primeira selección de fútbol feminino. Unhas pioneiras, adiantadas ao seu tempo, que en plena Ditadura non seguiron os consellos da Sección Feminina do Réxime.

Aquelas mulleres distaban moito dos grandes ases do fútbol mundial. Viaxaban en autobús despois de acabar a súa xornada laboral, coidaban á súa prole e, por suposto, seguían sendo as amas do seu fogar. A comezos de 1970 non estaba recoñecido o fútbol feminino en España. Só existían uns poucos clubs e eran clandestinos, como o Mercacredit e o Sizam, que disputaron un encontro ao que asistiron máis de 8.000 persoas na capital. Algo inédito. A expectación foi tal que ese día aquelas amas de casa convertéronse nas putas amas.

Ese día aquelas ‘amas de casa’ convertéronse nas ‘putas amas’

O Karbo, as pioneiras galegas

Décadas despois, tamén na Coruña, a súa testemuña recollérona unhas xogadoras que  crearon un precedente no fútbol feminino español. O Karbo foi o mellor equipo nacional, con catro títulos nacionais, equivalentes ás actuais Copas da Raíña (non existía a Liga).

Máis de medio século despois o fútbol feminino profesionalizouse, aínda que non chegou a equipararse totalmente ao masculino. No eido deportivo o fútbol español lidera as competicións de clubs e a Selección feminina é a vixente campioa do mundo.

Hoxe os nomes das futbolistas xa nos sonan. Jennifer Hermoso, Salma Paralluelo, Tere Abelleira, Irene Paredes, Alexia Putellas ou Aitana Bonmatí, estas dúas últimas acredoras do balón de ouro, son algunhas das privilexiadas. De feito, a de San Pedro de Ribas loce xa dous galardóns como mellor xogadora do mundo. Mesmo capitalizan anuncios comerciais. Iso si, os seus emolumentos non son equiparables aos das estrelas masculinas da Play. Aínda non.

Un bo exemplo de que quedan teitos por rachar e que aínda estamos lonxe da plena igualdade deportiva é a gala de entrega do mencionado balón dourado, que outorga a revista gala France Football. Bonmatí recibiu o galardón como teloneira do gran acontecemento da noite, que non era outro que o anuncio do título masculino que obtivo o tamén español Rodrigo Hernández (Rodri).

Estas xogadoras que agora desfilan polos ceos de París, aínda sendo menos recoñecidas que os seus homólogos balompédicos, débenlle moito, moitísimo, a aquelas mulleres que nos 70 se enfrontaron a unha Ditadura, a unha condena social e a un durísimo rexeitamento familiar. A aquelas mulleres débeselles un recoñecemento, canto menos un balón de ouro, ou polo menos unha medalla ao mérito deportivo.

Aquelas amas de casa deixaron un legado que hoxe as estrelas do fútbol feminino deben protexer.

É o legado daquelas amas, daquelas putas amas.

Etiquetas Hugo HernándezIgualdadeopinión
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Hugo Hernández

Hugo Hernández

Licenciado en Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña (UDC) e Licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Comezou a súa traxectoria como redactor publicitario en La Nuestra Comunicación e posteriormente formou parte da redacción do Ideal Gallego. Máis tarde foi responsable de prensa do Concello de Cambre ata que entrou a formar parte do equipo de Ártabra Comunicación xestionando diferentes gabinetes de comunicación institucionais ata que foi nomeado xefe de prensa do Concello de Coruña. Recentemente regresou a Ártabra Comunicación onde segue desempeñando diferentes tarefas de comunicación. Publicou diversos artigos deportivos e cinematográficos ao longo da súa carreira.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

11/12/2025
As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

10/12/2025
Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

10/12/2025
AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

Os equipos galegos deixan o seu selo na LF2 coas vitorias do Maristas (77-65) e o Cortegada (70-64) e a derrota do Arxil (77-68)

09/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.