• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

As Nosas Paralímpicas

Ata cinco modalidades deportivas contarán con catro galegas nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020: Adi Iglesias, Susana Rodríguez, Desirée Vila e Vicky Alonso

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
23/08/2021
en Máis Deporte, Atletismo, Máis Basket, Máis disciplinas deportivas
As Nosas Paralímpicas

As Nosas Paralímpicas

320
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O ano olímpico non ten rematado todavía, e desde Galicia catro deportistas máis acudirán a Toquio para dalo todo nos Xogos Paralímpicos. Trátase das paralímpicas Adi Iglesias, Susana Rodríguez, Desirée Vila e María Victoria ‘Vicky’ Alonso.

A representación galega no equipo español contará con estas catro deportistas, tres delas atletas e unha baloncestista. Ademais, Susana Rodríguez fará historia competindo tamén no tríatlon ademais de nos 1.500 metros. Estes son os seus logros e os seus calendarios:

Adi Iglesias

A atleta de Mali Adi Iglesias, lucense de adopción, é unha das estrelas do atletismo a nivel internacional e unha aposta polo medalleiro olímpico.

A deportista do Lucus Caixa Rural, que acostuma a competir nos 100 e nos 200 metros, estará na cita olímpica correndo na primeira proba e na de 400.

Entre o seu palmarés de Adiaratu Iglesias Forneiro atópanse dúas pratas no Mundial Paralímpico de Dubai do 2019, dous ouros no mesmo ano no Campionato de España de persoas con discapacidade, outros dous no 2020 e campioa de Europa en 100 e 400 na edición do 2021, entre outros éxitos. Tamén é campioa galega absoluta nas súas modalidades desde o 2019.

Adi Iglesias, unha velocista galega coa mirada posta en Tokyo 2020

Calendario: Poderemos seguir a Adi Iglesias nas probas paralímpicas do 100m T13, que darán comezo o martes 31 de agosto ás 3:30 horas, e o 400m T13, que será o xoves 2 de setembro desde as 14:21 horas. De chegar á final do primeiro concurso, a galega competirá polas medallas no mesmo día. No segundo caso, a final será o sábado 4 de setembro.

Susana Rodríguez Gacio

Outra das estrelas galegas que estará nos Xogos Paralímpicos é Susana Rodríguez Gacio. A triatleta é unha habitual nos podios desta modalidade deportiva que combina natación, ciclismo e atletismo. Sen ir máis lonxe, neste mesmo 2021 Rodríguez fíxose co ouro na Copa do Mundo de Paratríatlon.

Susana Rodríguez álzase co ouro na Copa do Mundo de Paratríatlon

Desde que comezou a competir con 10 anos, a triatleta suma 27 vitorias en competicións internacionais, incluíndo tres campionatos do mundo.

Para a cita de Tokyo 2020, a galega supérase a si mesma e estará tamén presente nos 1.500 metros de atletismo, despois de conseguir a mínima no pasado mes de marzo. Con esta dobre competición, será a primeira española en estar en dúas probas paralímpicas distintas na mesma edición dos Xogos.

Susana Rodríguez Gacio acada a mínima para correr os 1.500 T11 dos Xogos Paralímpicos de Tokio

Fóra das pistas, Susana Rodríguez exerce como médico, e estivo en primeira liña durante a pandemia. O recoñecemento ao seu labor chegou ata a revista Time, que ocupou unha portada con ela.

Susana Rodríguez Gacio chega á portada de Time

Estes serán os seus segundos Xogos Paralímpicos, despois de conseguir o diploma en tríatlon en Río no 2016.

Calendario: A nosa paralímpica estará presente no tríatlon PTVI, que se celebra o sábado 28 de agosto desde as 01:31 horas. Tamén estará no 1.500 metros T11, competindo na eliminatoria o domingo, 29 de agosto, desde as 02:39 horas. A final desta proba será o luns 30.

Desirée Vila

Unha debutante nos Xogos Paralímpicos será a atleta de Gondomar Desirée Vila. A galega comezou no deporte na ximnasia acrobática, pero un accidente desembocou na amputación da súa perna.

O deporte non deixou a súa vida, e retomou a competición desta vez como atleta no salto de lonxitude e na velocidade nos 100 metros. No último ano, a galega conseguiu proclamarse campioa de España e gañar a súa primeira medalla nun europeo, obtendo ademais os récords nacionais nas dúas modalidades que practica.

Siguen los entrenamientos en el @CARSantCugat para @desivila98
🏃‍♀️🏃‍♀️
Muchas ilusiones puestas en el debut de la atleta en unos Juegos @Paralimpicos #atletismo #RoadToTokio #paralimpicos #Tokio2020 #MujeresEnElDeporte @Paralympics @ParaAthletics @deportegob @FMDDF @Fundacion_ONCE pic.twitter.com/J1AZULDBjR

— FEDDF (@FEDEDDF) August 12, 2021

Calendario: A galega competirá o xoves 2 de setembro desde as 12:00 horas no salto de lonxitude T63.

No caso dos 100m o Estadio Olímpico acolle as series eliminatorias o sábado 4 de setembro con dúas quendas, unha ás 4:02 horas e outra ás 4:08 horas. A final está prevista para o mesmo sábado ás 14:26 horas.

María Victoria ‘Vicky’ Alonso

Por último, a representación das galegas paralímpicas péchase con María Victoria ‘Vicky’ Alonso. A viguesa forma parte da Selección Española feminina de baloncesto en cadeira de rodas que acudirá a Toquio.

Vicky Alonso / Vicky Alonso IG
Vicky Alonso / Vicky Alonso IG

Os inicios de Vicky no baloncesto comezaron na súa cidade natal, Vigo, xogando co Amfiv. Máis adiante mudouse a Ferrol para xogar co Basketmi, para rematar recalando no UCAM Murcia BSR, co que compite actualmente.

Estes serán os primeiros Xogos da pivote galega, pero a nosa paralímpica conta con experiencia en campionatos europeos e mundiais, alternando cuartas e quintas posicións e incluso un bronce e unha prata mundiais no 2005 e 2007 respectivamente.

Desde o 5 de agosto, Vicky e as súas compañeiras atópanse na concentración burbulla da Selección no CAR de Madrid.

Calendario: O primeiro partido de España será ante Estados Unidos, xogando o xoves 26 de agosto ás 10:00 horas. O segundo encontro terá como rival a China, o venres 27 desde as 10:00 horas.

O terceiro encontro da fase de grupos será o sábado 28, ás 04:15 horas ante Arxelia, rematando esta fase contra Países Baixos o domingo 29 ás 02:00 horas.

De pasar a cuartos, as españolas paralímpicas competirán o 31 de agosto. As semifinais están programadas para o 2 de setembro e a final para o 4, así como a loita polo bronce.

Etiquetas Adi IglesiasAdiaratou IglesiasatletismoDESIREÉ VILAMaría Victoria AlonsoSusana RodríguezSusana Rodríguez GaciotriatlónXogos ParalímpicosXX.PP
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.