• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

As Nosas Olímpicas

Ata dez deportistas galegas competirán por España nos Xogos Olímpicos, que se inauguran este venres en Toquio

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
22/07/2021
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
As Nosas Olímpicas / Fotos de archivo

As Nosas Olímpicas / Fotos de archivo

1.1k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Atletismo, baloncesto, judo, piragüismo ou skate son algunhas das disciplinas que contarán con olímpicas galegas nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Estas son as nosas deportistas olímpicas e os seus calendarios competitivos:

Atletismo: Ana Peleteiro e Belén Toimil

Nas probas de atletismo o deporte galego contará con dúas representantes: Ana Peleteiro e Belén Toimil competirán en triplo salto e lanzamento de peso respectivamente.

A primeira delas, plusmarquista española, conta entre os seus éxitos desta tempada o ouro no Campionato Absoluto de Pista Cuberta, prata no Europeo da mesma modalidade, segunda clasificada no Meeting Ibiza 2021 e proclamarse campioa no triplo salto do Campionato Absoluto ao Aire Libre. No último torneo que disputou, o Diamond League, a galega foi cuarta.

Para a mugardesa, o billete olímpico chegou cos 18.01 metros acadados no Campionato de Europa. Desde entón, Toimil seguiu sumando éxitos, cun quinto posto no Europeo de Nacións, o ouro na final polo título de División de Honor e outro primeiro posto no Campionato de España de atletismo ao aire libre, no cal estableceu un novo récord estatal.

Peleteiro e Toimil xa están oficialmente na Selección Española para Toquio 2021

Calendario: Ana Peleteiro competirá en triplo salto o venres 30 de xullo ás 12:05 horas na proba clasificatoria. De chegar á final, competirá o domingo 1 de agosto ás 13:20 horas.

Pola súa parte, Belén Toimil competirá en lanzamento de peso, o venres 30 de xullo ás 12:25 horas na proba clasificatoria. De pasar á final, competirá o domingo 1 de xullo ás 03:35 horas.

Baloncesto: Tamara Abalde e Raquel Carrera

En baloncesto, dúas galegas foron elixidas por Lucas Mondelo para ser olímpicas, entre as 12 xogadoras convocadas: Tamara Abalde e Raquel Carrera.

Abalde vén de fichar por un club galego, o Durán Maquinaria Ensino, e conta cunha ampla carreira como internacional, con preto de 60 participacións coa Selección Española e experiencia xa como olímpica, en Pekín 2008.

Pola súa parte, Carrera está a ser a xogadora revelación española. Durante esta tempada, a ourensá de 19 anos deulle a vitoria na EuroCup ao Valencia Basket, fixo historia na WNBA sendo a española cunha mellor posición no draft, foi MVP no seu segundo encontro como internacional e participou no EuroBasket.

Da convocatoria española caeuse a tamén galega Paula Ginzo, presente nas preparacións do EuroBasket e os Xogos Olímpicos.

Tamara Abalde e Raquel Carrera, estarán en Toquio 2021

Calendario: As dúas olímpicas galegas iniciarán a aventura olímpica o luns 26 de xullo ás 03:00 horas co partido ante Korea, dentro do Grupo A das clasificatorias.

O seguinte encontro será o xoves 29 de xullo ás 10:20 horas ante Serbia. O último partido clasificatorio será o domingo 1 de agosto ás 03:00 horas contra Canadá.

De pasar aos cuartos de final, competirán de novo o 4 de agosto. A semifinal feminina de baloncesto disputarase o 6 do memso mes, mentres que a loita polo bronce será o día 7 e a gran final o día 8, ás 04:30 horas.

Balonmán: Alicia Fernández

En balonmán, a olímpica galega será Alicia Fernández. A xogadora de Valdoviño leva sendo habitual nas convocatorias españolas desde o 2018, no clasificatorio para o Europeo, e repetindo desde entón nas listas de Carlos Viver.

Na clasificación para Toquio 2020, as Guerreras olímpicas acadaron o billete tras empatar ante Suecia por un 28-28 e vencer a Arxentina cun 31-16. Nestes partidos, Fernández anotou tres goles en cada encontro,

Entre os seus logros coa Selección, esta ter superado a cifra de 50 encontros coa camiseta vermella no pasado mes de abril, cando anotou 9 goles para o combinado das Guerreras.

Paula Arcos e Alicia Fernández entran na lista de convocadas para preparar Toquio 2021

Calendario: A xogadora Alicia Fernández terá o primeiro encontro destes Xogos Olímpicos o domingo, 25 de xullo, ás 12:30 horas ante Suecia, na rolda preliminar do Grupo B.

A seguinte cita, aínda na fase previa, será o martes, 27 de xullo, ás 14:30 horas ante Francia. O xoves 29 de xullo as españolas xogarán contra Brasil ás 04:00 horas. O vindeiro partido será ante Hungría, o sábado 31 de xullo ás 12:30 horas.

A rolda preliminar rematará para as olímpicas o luns 2 de agosto, ante o Comité Olímpico Ruso.

Os cuartos de final femininos disputaranse o mércores 4 de agosto. De pasar de fase, Alicia Fernández e o resto de olímpicas competirán na semifinal o venres 6 de agosto.

O duelo pola medalla de bronce, así como a gran final de balonmán, competiranse o domingo 8 de agosto.

Judo: María Bernabeu

María Bernabeu será a competidora española para os -70kg das probas de judo nestes Xogos Olímpicos. Porén, esta non será a primeira cita olímpica da judoka, quen estivo a punto de acadar o bronce en Río 2016.

A galega Sara Álvarez tamén aspiraba a estar na cita nipona, pero unha lesión truncou a súa oportunidade de ser olímpica.

Galicia terá catro judokas nos Xogos Olímpicos de Toquio 2021

Calendario: María Bernabeu terá o seu primeiro combate de Toquio o mércores 28 de xullo ás 04:00 horas, ante a rusa Madina Taimazova. Esta loita corresponde ás eliminatoria de dieciseisavos de final de -70kg. Os oitavos competiranse nese mesmo día.

O combate de repesca da categoría desta galega celebrarase tamén o 28 de xullo, desde as 10:00 horas. As loitas olímpicas polo bronce tamén terán lugar ese día, así como a final.

Skate: Julia Benedetti

A patinadora Julia Benedetti será a galega máis xove nesta edición dos Xogos. Con só 16 anos, esta coruñesa estreará o skate park como disciplina olímpica.

Actualmente, a rider ocupa a 13ª posición no ránking mundial, e ao longo de varios campionatos certificou a súa presenza entre as vinte deportistas que aspiran aos metais olímpicos.

No Dew Tour, última competición na que participou Benedetti, a galega quedou novena de entre as vinte participantes.

Julia Benedetti: “En Toquio vou tentar facelo o mellor posible e gozar da experiencia”

Calendario: Toda a modalidade de skatepark feminino, categoría na que compite Benedetti, celebrarase o mércores 4 de agosto. A eliminatoria previa da primeira serie comezará ás 02:00 horas, continuando coas seguintes series olímpicas ata as 04:06 horas.

A final disputarase ás 05:30 horas do 4 de agosto.

Piragüismo: Teresa Portela e Antía Jácome

No piragüismo, a galega Teresa Portela fará historia. É a primeira deportista española en acudir seis veces á cita olímpica. Despois de Sidney, Atenas, Pekín, Londres e Río, a padexeira estará tamén no K1 200 de Toquio.

Teresa Portela será olímpica por sexta vez

Despois de máis de dúas décadas na elite, Portela segue ao máximo nivel. Desta vez, o billete olímpico chegou tras quedar primeira no selectivo de Pontevedra da súa modalidade, na que ela mesma clasificou á embarcación no 2019. Entre os seus logros esta tempada, engádese a cuarta posición no Mundial de Szeged.

Pola súa parte, Antía Jácome acadou o billete olímpico in extremis. A galega conseguira a praza para a embarcación C1 200 no Preolímpico, pero a madrileña María Corbera obtivera o pase á cita de Xapón.

Por este motivo, a Real Federación Española de Piragüismo tivo que organizar un espectacular desempate entre ambas padexeiras, que rematou con vitoria galega.

Jácome tamén aspiraba a estar en Toquio con outra Antía, Otero, pero a parella non logrou o pase no Preolímpico do C2 500.

Antía Jácome estará en Toquio 2021

Calendario: Estas dúas olímpicas galegas competirán no K1 200 e C1 200.

Teresa Portela faraino no primeiro. A primeiras series terán lugar o luns 2 de agosto desde as 02:30 ata as 02:58 horas. Os cuartos de final disputaranse ese mesmo día, desde as 04:45 horas.

Ao día seguinte, celebraranse as semifinais, desde as 02:30 horas, coa final B ás 04:30 horas e a final A, polas medallas, ás 04:37 horas.

Pola súa parte, Antía Jácome competirá no C1 200 desde as primeiras series o mércores 4 de agosto entre as 02:58 e as 03:12 horas. Os cuartos de final celebraranse no mesmo día, desde as 04:53 horas.

As semifinais olímpicas disputaranse o xoves, ás 02:44 e ás 02:51 horas. A final B terá lugar ás 04:36 horas e a final polas medallas ás 04:43 horas.

Vela: Támara Echegoyen

Por último, o equipo de olímpicas galegas péchase coa participación de Támara Echegoyen no 49er FX de vela. O fará da man de Paula Barceló, con quen é campioa do mundo da categoría.

Este mesmo ano, a galega foi homenaxeada polo Comité Olímpico Español, polo seu ouro acadado en Londres 2012.

Támara Echegoyen e Paula Barceló prepáranse para Tokio en Lanzarote

Calendario: A galega Támara Echegoyen competirá xunto a Paula Barceló no 49er FX. As tres primeiras regatas destas olímpicas terán lugar o martes 27 de xullo ás 05:05, 05:15 e 06:05 horas.

As carreiras cuarta, quinta e sexta celebraranse o mércores 28 de xullo desde as 07:50 horas. O venres 30 de xullo disputaranse as regatas sétima, oitava e novena, no mesmo horario.

A décima, undécima e duodécima regata terán lugar o sábado 31 de xullo desde as 05:05 horas. A regata final, na loita polas medallas olímpicas, disputarase o luns 2 de agosto ás 07:33 horas.

Etiquetas alicia fernándezAna PeleteiroAntía JácomeatletismobaloncestobalonmánBelén ToimiljudoJulia BenedettiMaría BernabeupiragüismoRaquel CarreraSkateSkate parkTamara AbaldeTámara EchegoyenTeresa PortelaToquio 2020Toquio 2021velaXogos OlímpicosXX.OO.XXOO
Comparte4Chía3
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Presentación da LIII edición da Regata Rías Altas / CONCELLO DA CORUÑA

A LIII edición da Regata Rías Altas celebrarase na Coruña entre o xoves 23 e o domingo 26

por Redacción As Nosas
20/07/2026
0

Estamos ás portas da celebración dunha nova edición da Regata Rías Altas. Hoxe presentouse a LIII edición da proba de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.