• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

As Nosas, nunca se renden

O Dépor ABANCA agárrase con unllas e dentes a á permanencia e remontan con corazón e cabeza o partido ante o RCD Espanyol (2-1)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/05/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Vitoria do Dépor ABANCA 2-1 ante o RCD Espanyol / RCD

Vitoria do Dépor ABANCA 2-1 ante o RCD Espanyol / RCD

75
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Se o ano pasado case todo viña de cara, este ano, todo selle torce ao Dépor ABANCA. Un día si e outro tamén, teñen que loitar contra vento e marea para sacar adiante partidos nos que merecerían vencer sen tantísimo sufrimento. Hoxe, en Abegondo, As Nosas deportivistas tiveron que deixarse outra vez máis todo no tepe para vencer. Pero ese non é problema para un equipo que, como a canta a súa hinchada, nunca se rende.

Logo dun arranque de partido no que o Dépor ABANCA saiu con forza á procura da meta rival, as deportivistas recibiron un inxusto gol que as puña por detrás no marcador. Houbo que esperar á segunda metade para que chegase o gol de Peke que empatou o partido no minuto 53, e até o 78 non chegou o ansiado e traballado premio do gol do trunfo. Asinouno a capitá, Alba Merino, que xustamente nesta xornada festexaba o seu aniversario.

Peke nun momento do Dépor ABANCA vs RCD Espanyol en Abegondo / RCD
Peke nun momento do Dépor ABANCA vs RCD Espanyol en Abegondo / RCD

Así, Peke celebrou que xa é a cuarta centenaria deportivista e Alba Merino 32 xiros ao redor do sol e, seguramente, máis de media vida sobre os terreros de xogo. Vencer 2-1 ao RCD Espanyol é un resultado importante para as As Nosas coruñesas. Con esta vitoria, o equipo branquiazul suma 24 puntos e queda a cinco do Rayo Vallecano, que é o conxunto que marca arestora a permanencia. Sete partidos gañados con suor e lágrimas por un equipo que se resiste a baixar os brazos e que sabe que mentres hai vida, hai esperanza.

Entre os rivais directos, o Real Betis gañaba (1-2) cun gol decisivo da galega Mari Paz Vilas.

O Dépor saltou ao campo de Abegondo forte

No arranque do choque as deportivistas achegáronse con perigo á meta de Montse Quesada. A piques estivo de anotar Athenea del Castillo con so dous minutos de xogo. A súa volea foise lambendo a escuadra da portaría perica. Tamén tivo un disparo que se foi por riba do traveseiro Stephannie Blanco que botou moi ben unha falta a uns 35 metros da meta rival.

O gol do RCD Espanyol chegou nunha falta que lanzou Vanegas colando o esférico por toda a escuadra da meta defendida por Esther Sullastres que nada puido facer ante unha execución impecable.

Ir por detrás no marcador non ten sido un problema en partidos previos para o RC Deportivo ABANCA e tampouco pasou desta volta. Así que as futbolistas que adestra Manu Sánchez seguiron a teimar por ver porta. Peke, Athenea del Castillo, Cris e Eva Dios, protagonizaron xogadas de perigo ante a portaría defendida por Montse Quesada, pero sen éxito.

A exdeportivista Maya, que volvía a Abegondo, defende un balón ante Cris Martínez / RCD ESPANYOL TW
A exdeportivista Maya Yamamoto, que volvía a Abegondo, defende un balón ante Cris Martínez / RCD ESPANYOL TW

Preto do descanso, a cinco minutos de poñer rumbo a vestiarios, a fútbolista galega Anaïr Lomba, estivo por sorprender cun disparo que finalmente saíu polo lado esquerdo da meta defendida por Sullastres. Chegouse ao descanso coas catalás vencendo pola mínima e as galegas achuchando a Quesada sen parar.

No segundo período as deportivistas saíron enchufadas e as futbolistas do RCD Espanyol soubo axiña que habían ter que defender o seu resultado moito se querían levarse os tres puntos de Abegondo.

O gol da vitoria de As Nosas foi obra de Alba Merino a pase de Gaby

O Dépor ABANCA teimou e teimou, con corazón e cabeza nas súas accións de ataque até que, por fin, no minuto 53, chegaba o empate. A xogada xurde dunha recuperación de balón de Ainoa Campos que abre cara á banda dereita habilitando para Athenea del Castillo. O centro ao primeiro pau da cántabra atopou a cabeza de Pekegol que enviou o balón ao fondo das redes.

Volveu a crear unha boa ocasión a pontevedresa Anaïr Lomba, pero o remate da súa compañeira Laura Fernández petou na escuadra. Nin galegas, nin catalás daban o partido por sentenciado e querían desfacer as táboas que campeabam no marcador (1-1).

O tanto do trunfo de As Nosas deportivistas chegaría dunha falta que Stephannie Blanco colgou á área, Gaby mandoulla de cabeza á súa compañeira Alba Merino quen, tamén co atesta, rematou sen opcións para que Quesada poidese deter o coiro. O xúbilo estoupou nas filas deportivistas con ese 2-1 que significaba a remontada.

✨ Un gol de @albameri10 para seguir soñando con la permanencia

🔵 DEP 2-1 ESP 🌕

📺 A las 18:30h no te pierdas el @RayoFemenino 🆚 @RealSociedadFEM

#⃣ #FutFemEnGol pic.twitter.com/FkJv2zO8UL

— GOL ⚽ (@Gol) May 15, 2021

Quedaban aínda minutos por diante pero As Nosas deportivistas aferráronse á fe e a esperanza para defender con todo un resultado que as mantén vivas na loita por manter a categoría. Cinco puntos separan agora mesmo ás galegas do seu obxectivo.

O equipo descansa mañá, domingo 16 de maio e volverá ao traballo o luns 17 de maio pese a ser festivo co gallo do Día das Letras Galegas, xa que as coruñesas teñen partido o mércores 19 ás 18:00 horas na Ciudad Deportiva Wanda de Alcalá de Henares ante el Atlético de Madrid. Trátase do partido adiado da xornada 25 por mor de positivos por COVID-19 no conjunto colchonero. O partido poderá seguirse en directo a través da canle Vamos.

FICHA TÉCNICA

RC DEPORTIVO ABANCA: Esther Sullastres, Cris Martínez, Stephannie Blanco, Iris Arnaiz, Noelia Villegas, Eva Dios (Lady Andrade, min. 70), Alba Merino, Ainoa, Gaby, Peke (Helena Torres, min. 89) e Athenea del Castillo.

RCD ESPANYOL: Montse Quesada, Elba (Débora García, min. 68), Xènia, Vanegas, Sara Extremera, Anaïr, Letti (Modin, min. 75), Soldevila (Nicart, min. 75), Maya Yamamoto (Nora, min. 54), Baudet y Laura Fernández.

GOLES: 0-1 Vanegas (min. 20); 1-1 Peke (min. 53); 2-1 Alba Merino (min. 78).

ÁRBITRA: Rivera Olmedo (colexio vasco). Amosou cartón amarelo ás deportivista Athenea del Castillo (min. 50) e e Blanco (min. 90+2), así como ás futbolistas pericas: Nicart (min. 77) e Modin (min. 83)

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 30ª xornada de Liga na Primera Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Abegondo con asistencia limitada a 150 espectadores debido á pandemia de COVID-19. Entregóuselle a Peke unha camisola co número 100 ás costas co gallo de que a futbolista xa ten sumados 100 partidos oficiais defendendo a elástica deportivista. Súmase así á As Nosas centenarias: Gaby (111), Cris (109), Iris (101) e, agora, Ainize Barea Peke (100).

Peke, centenaria ao cumplir 100 oficiais co Dépor ABANCA / RCD
Peke, centenaria ao cumplir 100 oficiais con As Nosas deportivistas / RCD

“Un único latido”, até o último latexo

 

Etiquetas Alba MerinoDépor ABANCAEva DiosGabyLady AndradeManu SánchezPekeRC DeportivoRCDRCD EspanyolStephannie Blanco
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

por Silvia Carregal
06/12/2025
0

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da...

Irene Ferreras, na súa etapa coma adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Dépor ABANCA e Granada CF medirán forzas este sábado en Riazor

por Sara González
05/12/2025
0

  O Dépor ABANCA recibirá este sábado 6 de decembro a partir das 12:00 horas no Estadio ABANCA-Riazor ao Granada...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

por Sara González
21/11/2025
0

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.