• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

As nosas deportistas, as grandes descoñecidas

Unha iniciativa da Consellería de Igualdade quere facer promoción das xogadoras de elite galegas entre a mocidade

Caro Regueira por Caro Regueira
04/02/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
As nosas deportistas, as grandes descoñecidas
172
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Sóanche nomes como Susana Rodríguez, María Bernabeu ou Támara Echegoyen?

Se estás lendo As Nosas, tal vez si, pero se preguntas na túa contorna probablemente ninguén saiba dicirche a que se dedican (proba, nós fíxemolo).

Tal vez alguén na Xunta de Galicia practicou este mesmo experimento e deuse conta de que practicamente ninguén coñece a estas deportistas de elite galegas. Porque si, Susana Rodríguez (triatleta), María Bernabeu (judoka) e Tamara Echegoyen (regatista) son grandes deportistas galegas gañadoras de títulos internacionais e até medallas olímpicas nalgún caso.

Por iso desde a Secretaría Xeral de Igualdade decidiron iniciar unha campaña de promoción das nosas grandes heroínas do deporte e os seus logros.

“Coñecendo as nosas deportistas”. Así se chamou esta iniciativa que consiste en presentarnos a profesionais do deporte en Galicia como as tres mencionadas, así como a piragüista de Cangas Teresa Portela ou a xogadora de voleibol de Lugo Nuria Bouza.

Desirée Vila

Tamén están incluídas na listaxe outras que xa teñen certa sona, como Desirée Vila (atleta), aínda que neste caso pode que sexa coñecida pola súa experiencia persoal.

Vila sufriu un accidente adestrando ximnasia acrobática que derivou na amputación dunha perna con só 16 anos. En lugar de deixar o deporte, engadiu outra modalidade e logrou ser campioa de España en 100  metros  e salto de lonxitude en categoría paralímpica.

A súa experiencia levouna a escribir un libro Lo único incurable son las ganas de vivir e, convertida xa nun exemplo de superación ofrece conferencias motivacionais. Seguro que algunha de vos a coñecedes polo seu paso por La Resistencia.

https://youtu.be/E46d1u-ucmI

Vero Boquete

A máis famosa da lista probablemente sexa Verónica Boquete, a futbolista galega máis internacional e a primeira xogadora española en gañar unha Champions League en 2015. Sabíalo?

https://youtu.be/G3Gc-QNP_Bw

Vero Boquete tamén foi a primeira futbolista española en contar cun contrato de patrocinio deportivo.

Ademais, no 2013 a santiaguesa iniciou unha campaña para que se incluísen mulleres no videoxogo do FIFA. Logrouse no 2015, cando a empresa ofreceu entre o seus equipos a 10 seleccións femininas, entre elas España. Chegará a incluír tamén aos clubs nalgún momento?

Material didáctico

as-nosas-deportistas-as-grandes-desconecidas-tamara-echegoyenEsas pequenas curiosidades pódense coñecer a través do material creado pola Xunta de Galicia. Nos microvídeos, que xa están circulando pola rede, as propias deportistas cóntannos as súas experiencias e lembran os seus éxitos profesionais.

Pero existen tamén 7 unidades didácticas dedicadas a cada unha das deportistas que se poden descargar a través da web da Consellería de Igualdade. Nestas unidades, ademais dunha ficha técnica, inclúense actividades e xogos para as máis pequenas. Colorear, buscar máis información doutras deportistas internacionais, son algúns dos exercicios que se contemplan.

Deste xeito, desde o Goberno galego pretenden “difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a desenvolver en todos os eidos”.

O obxectivo? Gañar en igualdade, tamén no deporte. Iso a pesar de que moitas delas confesan non terse sentido discriminadas na súa carreira deportiva.

as-nosas-deportistas-as-grandes-desconecidas-teresa-portela

María Bernabeu

É o caso da judoka María Bernabeu , a doblemedallista mundial (prata e bronce) e quinta nos xogos de Río 2016, di que nunca se sentiu discriminada no seu deporte. “O bo dun deporte asiático como é o judo é que o respecto e os valores é o primeiro que nos ensinan cando somos pequenas”.

https://youtu.be/TMvFnZwceYA

Coa súa ficha aprendemos, por exemplo, que a modalidade masculina de judo é olímpica desde 1964, mentres que para a feminina tivemos que esperar ata 1992. En cambio, na historia do judo en España elas sempre obtiveron mellores resultados ca os homes.

Teresa Portela

Igual de positiva é Teresa Portela. Con 32 medallas ás súas costas entre campionatos mundiais e europeos, di que “nunca” se atopou ningún atranco no seu deporte. “Sempre me sentín respectada e valorada coma muller deportista”, declara.

Admite, en cambio, que como nai a conciliación é moi complicada.

https://youtu.be/uJgkB5PSuSU

Tamara Echegoyen

Pola súa banda, a regatista ourensá Tamara Echegoyen afirma que, aínda que ela nunca sentiu esa discriminación porque “o mundo olímpico é bastante equitativo” e tivo ao seu carón “homes e mulleres extraordinarios” que a axudaron a chegar ao podio en Londres de 2012, a realidade é que “segue habendo unha desigualdade neste mundo e entre todos eles e elas deben axudar para conseguir ser todos iguais”.

“Xogamos no mesmo equipo, xuntos somos mellores”, declara.

https://youtu.be/2S7vgILea9I

Susana Rodríguez

Falando de atrancos, Susana Rodríguez atopou máis dificultades por ser unha atleta con discapacidade que por ser muller para atopar adestradores ou clubs.

Hoxe esta triatleta de Vigo é gañadora e medallista en campionatos europeos e mundiais. Foi aos xogos de Río 2016 e está clasificada para Tokio 2020 (que se celebrarán en 2021). Precisamente entre os seus mellores recordos ten o seu paso por Río. “Foi un soño de nena feito realidade”, sinala.

https://youtu.be/9rcZ21OAcnM

Nuria Bouza

A través destes cuestionarios parece quedar claro que a desigualdade está relacionada coa modalidade de deporte que se practique. Así, por exemplo, é no deporte rei onde Vero Boquete fala dunha clara discriminación entre homes e mulleres e o mesmo sucede con Nuria Bouza no caso do voleibol.

Esta luguesa afirma ter sufrido moitos atrancos na súa carreira e denuncia que en moitas ocasións non se sentiu “respectada nin valorada polo feito de ser muller”.

Non sorprende sabendo, por exemplo, que ata o ano 2012 as xogadores de voleibol praia tiñan a obriga de xogar con bikini.

https://www.youtube.com/watch?v=NT8RDZoSq_0 

Discriminación nos medios

No que case todas as deportistas coinciden é en sinalar o diferente espazo que aínda ocupan elas nos medios de comunicación.

Tamara Echegoyen, por exemplo, considera que “queda un longo camiño por percorrer”, pero tamén entende os medios de comunicación como un “aliado” para que o deporte feminino siga crecendo en notoriedade.

Coincide con Teresa Portela, que destaca a importancia de que se lle dedique tempo para “amosar ás rapazas o abano tan grande que existe para realizar deporte”.

Vero Boquete e Nuria Bouza son, de novo, as máis críticas ao falar dun tratamento “escaso” ou “nulo”. Boquete incluso denuncia a falta de coñecemento, aínda que admite que nos últimos anos está mellorando.

Máis positivas móstranse María Bernabeu e Desirée Vila. Bernabeu destaca o seu apoio e cualifica á prensa de “peza importante para a difusión do deporte feminino” e Vila cree que a “presenza da muller no deporte é cada vez máis evidente e máis importante” e que “aumenta a nosa presenza en medios de comunicación e marcas”.

Susana Rodríguez tamén sinala esta evolución positiva vinculada aos bos resultados das deportistas en diferentes modalidades. A triatleta fala incluso de “xornalistas que sempre están pendentes da nosa actualidade” e pensa que o público demanda cada vez máis o deporte feminino. “Canto máis se visibiliza algo, máis interesa á xente porque comeza a coñecelo e lle gusta”, conclúe.

En todo caso, queda claro que a aparición de todas estas mulleres en redes sociais, en programas de televisión ou en prensa, facilitan que estas deportistas se vexan entre a sociedade e, especialmente entre a mocidade, como o que son: un exemplo de superación e, sobre todo, unha mostra dos camiños profesionais e deportivos que poden emprender, se o desexan, as rapazas do futuro.

Etiquetas atletismoatletismo adaptadoConsellería de IgualdadedesigualdadeDESIREÉ VILAfútbolIgualdadejudoJudokaMaría BernabeuNuria BouzaOlimpíadasparatriatletaParatriatlónpiragüismopiragüistaregataregatistaSusana Rodríguez GacioTámara EchegoyenTeresa PortelaVero BoqueteVoleibolXimnasiaXogos Olímpicos
Comparte1Chía1
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

por Redacción As Nosas
29/05/2023
0

  Esta fin de semana Elviña viviu unha intensa actividade de campionatos Xunta de Galicia ca disputa das edicións correspondentes...

Belén Toimil no Meeting Internacional Jaén Paraíso Interior / RFEA - MIGUÉLEZ TEAM

Belén Toimil volve lanzar por encima dos 18 metros

por Redacción As Nosas
28/05/2023
0

  Belén Toimil volveu lanzar por encima dos 18 metros. Foi no Meeting Internacional de atletismo Jaén Paraíso Interior celebrado...

Pistas de atletismo da Universidade da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Os títulos autonómicos de atletismo Sub-16 e Sub-18 decídense en Elviña

por Redacción As Nosas
26/05/2023
0

  Esta fin de semana as pistas da Universidade da Coruña en Elviña reciben a visita das e dos atletas...

Nati García vencía na carreira do Circuíto Coruña Correo dos Rosales / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.100 participantes na Carreira Popular dos Rosales

por Redacción As Nosas
22/05/2023
0

  Celebrouse a X Carreira Popular dos Rosales, terceira cita da décima edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. O...

O CV Arenal Emevé junior, campión de España 2023 / CV EMEVÉ

O CV Arenal Emevé, campión de España júnior feminino

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  O equipo dirixido por Manuel Blanco e Charly Suárez impúxose na final ao Barça por 3-0 Nunha intensa semana...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.