• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

As líderes de Chapela – Wofco vencen na cita da Liga Feminina en Cesantes

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/07/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Remeiras da traiñeira de Chapela - Wofco en Cesantes / LGT

Remeiras da traiñeira de Chapela - Wofco en Cesantes / LGT

29
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Liga Galega de Traiñeiras-Trofeo Xunta de Galicia celebrou este sábado tres bandeiras en tres localizacións diferentes e deuse un pleno de triunfos das embarcacións que comandan as clasificacións xerais. Chapela – Wofco mantense á fronte da LGT logo de vencer en Cesantes.

🏆CLASIFICACIÓN XERAL despois da desputa das XXXIX BANDEIRA CONCELLO DE O GROVE, XXXV BANDERA PRINCESA DE ASTURIAS e I BANDEIRA FEMININA CESANTES-CONCELLO DE REDONDELA@Xunta @CaminoXacobeo @Deportegalego @sputniksports @TGM_toldosgomez @FrescoCongelado @difusion_sport pic.twitter.com/dFXxZr8Lew

— LigaLGT (@Ligalgt) July 15, 2023

Na Liga A, Ares deixou co mel nos beizos aos locais de Castropol e sacou moito proveito da súa vitoria no campo de regatas do conxunto asturiano. Tamén gañou a líder, Chapela – Wofco, na cita da Liga Feminina en Cesantes, mentres que na Liga B venceu Muros Esteirana no Grove, onde rachou o empate a puntos que mantiña no alto da táboa con Mugardos – A Cabana Ferrol.

A XXXV Bandeira Princesa de Asturias, no municipio asturiano de Castropol, exerceu de sétima xornada da Liga e disputouse finalmente en formato contra o reloxo. Os doce equipos da Liga A remaron divididos en dúas quendas. Na primeira manga, Rianxo marcou os mellores rexistros dende a primeira virada ata a entrada nas boias de meta.

Á loita pola segunda posición protagonizada por Narón e Mecos, uniuse no segundo longo Cesantes-Rodavigo. Estes tres conxuntos asinaron o mesmo tempo na última ceaboga e a pugna a tres bandas acabouse decantando a prol de Cesantes-Rodavigo, batendo por 4” a Mecos, por 7” a Narón e por 8” a Puebla, que no último parcial estivo a piques de gañar un posto. Sanmertolameu Fandicosta B pechou a táboa.

Para o numeroso público congregado no Muelle de Castropol, a segunda quenda tiña o atractivo extra da presenza da traiñeira anfitrioa. Castropol e os seus seareiros soñaron ata o final con dar a badalada como anfitrións. Os asturianos, quintos na clasificación da Liga A, estableceron as mellores marcas nas dúas primeiras viradas e na última igualou o seu ‘crono’ a líder Ares. Os portadores da camisola amarela, que perdían 5” na primeira virada, completaron a remonta nun demoledor último parcial e fixéronse co triunfo por 13” de diferenza.

A xornada resultou redonda para Ares porque os seus dous inmediatos perseguidores na xeral non tiveron o seu mellor día. Bueu-Simei tivo que conformarse coa cuarta praza, por detrás de Tirán Pereira, e Chapela – Wofco, que se viu obrigada a realizar dúas veces a última ceaboga, fixo sétima. A quinta posición correspondeu a Cabo da Cruz ‘B’ e a sexta a Rianxo, a máis rápida da primeira serie.

Ares lidera con seis puntos de vantaxe antes de que Liga A continúe este domingo pola tarde, a partir das 17:00 horas, coa súa oitava xornada: a  VII Bandeira Cesantes-Concello de Redondela

Chapela – Wofco rema a outro nivel na Liga Feminina tamén en Cesantes

A competición feminina tivo como escenario Cesantes. Cun día soleado, sen apenas vento e cun mar con ondas pequenas, as condicións eran perfectas para gozar dunha tarde de remo na I Bandeira Feminina Cesantes-Concello de Redondela.

Coa peculiaridade de competir en seis longos e cinco viradas en Cesantes, as traiñeiras da primeira quenda abriron a contenda. Con Salgado-Perillo liderando na primeira referencia seguida de Puebla e Castropol en apenas tres segundos.

A diferencia, que era mínima, non fixo máis que ampliar nas seguintes virada, xa que as de Oleiros marcaron un ritmo moi alto co que non deron opcións ás rivais, gañando con claridade a primeira manga. Por detrás, a igualdade mantíñase aínda que Puebla estaba por diante das asturianas.

No terceiro longo a diferencia era de seis segundos, co que parecía xa que as do Barbanza o tiñan na man, pero nun gran segundo tramo da regata, Castropol conseguiu remontar para facerse co segundo posto nun final apertado.

Na segunda quenda, a igualdade apenas durou un longo, porque Chapela – Wofco volveu remar cun nivel doutra liga. Dende o segundo longo, as da Arealonga non fixeron máis que afianzar o seu liderado e certificar, aínda máis, o seu liderado na Liga Feminina.

A situación foi diferente por detrás, Rianxo e Mugardos – A Cabana Ferrol volveron disputar un duelo moi igualado. De feito, nas dúas primeiras viradas, ambas traiñeiras marcaban o mesmo tempo. Foi no terceiro xiro cando as do Barbanza se puxeron por diante e conseguiron defender con uñas e dentes a segundas posición, evitando así, unha remontada como a que sufriron a semana pasada na súa casa.

Terceira quedou Mugardos – A Cabana de Ferrol cunha distancia clara con respecto a Cesantes-Cefycal. As locais declaraban tras a regata estar moi contentas co resultado, ao gañar con claridade a Salgado-Perillo, e paseniñamente vanse achegando ás tres grandes traiñeiras.

Logo de Cesantes, a Liga Feminina celebrará este domingo a II Bandeira Feminina Princesa de Asturias dende as 17:00 h en Castropol.

A Liga B chega ao Grove

O menú deste sábado da Liga Galea de Traiñeiras – Trofeo Xunta de Galicia completouse coa XXXIX Bandeira Concello do Grove, terceira xornada da Liga B. Acompañados polo vento de costado, e tamén no formato de seis longos e cinco viradas, os remeiros desta categoría ofreceron dúas vibrantes quendas.

Chapela – Wofco ‘B’ foi quen de rubricar unha excepcional remonta na primeira serie. A filial alcanzou o ecuador da regata a 7” de Riveira, unha desvantaxe que se reduciu a 5” na última ceaboga. A partir dese momento, cun longo por diante, os do Barbanza empezaron a sentir a presión dos redondeláns ata que Chapela – Wofco conseguiu superalos por 65 centésimas. Salgado-Perillo rematou terceira.

Non se rexistraron cambios á fronte da quenda de honra. Muros-Esteirana impúxose no primeiro longo por 2” a Amegrove e por 3” a Mugardos – A Cabana Ferrol. A vantaxe a prol da embarcación que defendía a condición de líder non deixou de medrar ata os 20” rexistrados na meta. A emoción concentrouse por detrás da gañadora. Mugardos-A Cabana Ferrol, que chegaba a estar xornada empatada a puntos con Muros-Esteirana, adiantou a Amegrove no segundo longo e os 2” que obtivo de renda nese parcial soubo xestionalos para terminar dobregando por 53 centésimas aos anfitrións, terceiros na clasificación da súa regata.

A Liga B regresará o vindeiro sábado coa XVI Bandeira Concello de Muros.

Etiquetas CesantesChapela WofcoLGTLiga Galega de TraiñeirasTRAIÑEIRASTrofeo Xunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A tripulación da traineira Chapela Wofco, campioa da Liga Feminina 2023 / LIGA LGT

A traiñeira de Chapela Wofco recibe o título de campioa da Liga nunha campaña na que non tivo rival

por Redacción As Nosas
27/08/2023
0

  A Liga Galega de Traiñeiras Trofeo Xunta de Galicia pechou a tempada 2023 este domingo en Ares, coa traiñeira...

As remeiras de Chapela-Wofco, gañadoras do Tereresa Herrera de traiñeiras na Coruña / LIGA LGT

Chapela-Wofco vence o Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras na categoría feminina

por Redacción As Nosas
20/08/2023
0

  A enseada do Orzán no Concello da Coruña foi o escenario esta fin de semana dunha das citas máis...

Presentación do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle esta fin de semana o Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras

por Redacción As Nosas
18/08/2023
0

  A Coruña acolle esta fin de semana unha nova edición do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras, que forma parte...

Traiñeira Chapela-Wofco na VIII Bandeira Concello de Oleiros / LIGA LGT

A traiñeira de Chapela-Wofco mantense intratable no Trofeo Xunta de Galicia

por Redacción As Nosas
30/07/2023
0

  O Trofeo Xunta de Galicia completou o seu calendario do mes de xullo con tres líderes intratables. Ares, gañando...

A traiñeira Chapela-Wofco levou a Bandeira Reganosa en Mugardos / LIGA LGT

Logo da Bandeira Reganosa en augas de Mugardos, Chapela-Wofco mantense líder

por Redacción As Nosas
29/07/2023
0

  As tres traiñeiras que lideran as competicións da Liga Galega de Traiñeiras-Trofeo Xunta de Galicia atravesan un extraordinario semellan...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

09/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.