• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

As Leonas XV caen ante Escocia (12-36) coa galega ‘Alevín’ como titular

Tras dous anos sen perder un encontro oficial, España cae ante un XV do Cardo que sempre leu moi ben a que xogar | Gran ambiente e magnífica acollida en Almería

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/01/2020
en Máis Deporte, Rugby
ENSAYO-Uri-Barrutieta-con-las-Leonas-XV-en-el-ESPvsESC-19ene2020-Foto-de-Walter-Degirolmo

Walter Degirolmo

132
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A Selección feminina de XV non perdía un partido oficial desde o Mundial de 2017. Non foi o día das Leonas, pero tivemos unha boa nova para o rugby galego. Paula Medín ‘Alevín’ foi da partida e xogu como titular. O Estadio Juan Rojas, de Almería, rexistrou unha magnífica entrada e animou sen cesar ás Leonas XV. A pesar do bo ambiente, foi a selección escocesa quen dominou de forma máis regular e levou merecidamente o triunfo por 12-36.

Deste xeito, o equipo de José Antonio Barrio céntrase xa no próximo Rugby Europe Women’ s XV Championship, que se disputará no mes de abril e onde as nosas deben revalidar o título por quinta vez consecutiva a fin de seguir na carreira ao Mundial de Nova Zelandia 2021.

Aínda que con esta derrota perdemos puntos na clasificación de World Rugby, España segue ben posicionada para a clasificación mundialista, por encima de Irlanda e do rival deste domingo, e non moi lonxe de Italia, a cuarta en discordia.

MELÉ-de-las-Leonas-XV-en-el-ESPvsESC-19ene2020-Foto-de-Walter-Degirolmo
Walter Degirolmo

Hannah Smith, MVP

Nos primeiros 40 minutos, un nome sobresaíu por encima do resto, o da centro británica Hannah Smith, un auténtico coitelo que soubo atopar os ocos nas fases aloucadas de xogo aberto e aguantar varios placaxes para sumar dous ensaios en senllas escapadas moi parecidas, unha nada máis comezar e outra ao fío do descanso. Aínda no tramo inicial, onde as escocesas saíron moi enchufadas e foron superiores tanto nos puntos de encontro como na toma de decisións, meteron o segundo ensaio polo á.

Tras o primeiro cuarto de hora de claro dominio visitante, as de Barrio sacudíronse os complexos e comezaron a xogar como elas saben, variando moi ben os xogos de dianteiras e tres cuartos para descolocar á defensa rival, combinado cunha moi boa execución dos mauls marca da casa. A base de insistencia e de boas transmisións, España conseguiu plantarse varios minutos na 22 contraria e tras unha boa fixación con avances de dianteira, Patricia García sacou o balón para abrir o xogo, chegando ata o á Uri Barrutieta, que cun par de quiebros bateu á defensa e sumou a primeira marca. A 10′ de irse a vestiarios, María Calvo dábanos 5 puntos máis tras un golpe sacado rapidamente.

A segunda metade comezou coa mesma tónica coa que arrincou o partido, esporeadas ademais as escocesas tras recuperar á pilier que abandonara o campo por tarxeta amarela. España mantívose firme en defensa, pero o XV do Cardo soubo ser paciente ata ter a súa oportunidade e Leah Bartlett culminou unha contundente serie de percusións para ensaiar e poñer o 12-24 momentáneo. De novo, reaccionou convincentemente o combinado local, con boa achega das xogadoras que entraron desde o banco, especialmente Carmen Rodera, quen asinou varias accións moi notables en ataque.

TOUCH-Leonas-XV-en-el-ESPvsESC-19ene2020-Foto-de-Walter-Degirolmo
Walter Degirolmo

Conseguiron as nosas Leonas encadear os seus mellores minutos no plano ofensivo a mediados do segundo período, poñendo contra as cordas ao noso rival, que con todo malgastou un despregamento físico impecable para aguantar as constantes acometidas entre o 55′ e o 69′, momento no que Escocia sumou o seu quinto pousado tras un bo contraataque rematado pola explosiva Rhona Lloyd. Non deixou de tentalo o cadro español, pero a claridade e a fortaleza xa non eran as mesmas nos últimos minutos, coas británicas poñendo o broche a un partido moi completo mediante un último ensaio que rubricaba o 12-36.

Nunca gusta perder, e menos cando se acumula un refacho de dous anos sen caer en encontro oficial, pero a pesar da superioridade rival, o noso equipo mantívose unido e mostrou sempre o orgullo innegociable das Leonas, despregando algúns tramos moi positivos nos que hai que profundar. Ademais, as debutantes Amalia Argudo (xa xogara o amigable contra Occitania) e Elisabet Segarra mostraron un gran potencial e desenvoltura para o futuro.

No próximo mes de abril virá o Europeo ante Rusia e Países Baixos e esperemos voltar a contar coa presenza de Paula Medín ‘Alevín’. O equipo español buscará traballar sobre os aspectos para mellorar e procurará volver á senda do triunfo e lograr o seu billete ao Mundial de Nova Zelandia 2021.

RESUMEN LEONAS XV vs ESCOCIA

Etiquetas EscociaEspañaLeonas XVrugby
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Antía Pérez, coa Selección de España no Mundial de fútbol sala, nun partido contra Colombia / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | Pase a cuartos de España con goleada a Colombia (5-1)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

España xa está en cuartos de final do Mundial 2025 de futsalfem e, ademais, conseguíu ese pase dando un golpe de...

Vane Sotelo coa Selección de España de fútbol sala femenino / YOUTUBE RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Vane Sotelo: “É o gol de todas as que pasaron por aquí, de nós e das que se quedaron ás portas”

por Redacción As Nosas
25/11/2025
0

O 22 de novembro de 2025 e, máis concretamente, o minuto 6:08 do España - Tailandia quedarán marcados de forma...

Antía Pérez, futbolista galega da Selección de España/ RFEF

FÚTBOL SALA | Inicio con vitoria de España no Mundial de Filipinas (5-2)

por Redacción As Nosas
22/11/2025
0

  Unha traballada vitoria foi por 5-2 ante Tailandia foi o primeiro chanzo de España no Mundial de Filipinas. O...

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.