• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

As Irmandiñas xóganse a todo ou nada a salvación na última xornada

Paula García: "O que gana queda e o que perde descende" | O Pontevedra RC compite co Industriales Las Rozas, que tamén suma 0 puntos

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
12/03/2021
en Máis Deporte, Rugby
As Irmandiñas do Pontevedra Rugby Club / PRC

As Irmandiñas do Pontevedra Rugby Club / PRC

101
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A aventura do Pontevedra Rugby Club esta tempada na División de Honor B está chegando ao seu fin, pero o futuro aínda é unha incógnita. As Irmandiñas xóganse a permanencia, a todo ou nada, na última xornada, contra un Industriales Las Rozas que tamén ten 0 puntos. O duelo será este sábado, 13 de febreiro, ás 18:00 horas.

“O que gana queda, e o que perde, descende”. Así de simple o resume Paula García, unha das xogadoras do conxunto galego. O seu equipo non foi quen de gañar ningún encontro esta tempada, pero a deportista está convencida de que “chegamos ao último con moi boas sensacións e con ganas de demostrar do que somos capaces. Para nos é a nosa final”, sentencia.

Atendendo á clasificación as Irmandiñas son colistas, ao ter unha diferenza de 400 tantos entre os anotados a favor e os recibidos en contra. Pola súa banda, o Industriales está unha posición por riba, cun balance de 19 a favor por 256 en contra.

No seu último partido, na recuperación da segunda xornada co Crealia El Salvador, as madrileñas caeron por un 0-42, pero se levan boas sensacións.

Ao final, todo dependerá do resultado deste encontro que os enfronta, xa que por fin, algún deles poderá estrear o casilleiro da táboa.

As Irmandiñas, listas para vencer ao Industriales Las Rozas

Conscientes da importancia deste partido, no Pontevedra RC levan dúas semanas (a pasada tocou descanso e non competiron) preparando esta “final” e “cargando as pilas a tope”, en palabras de García.

Paula García: “Temos que placar como se fora o noso último partido, fixar o contrario e confiar na compañeira, sempre con cabeza”

A xogadora predí que o duelo estará moi igualado e que “calquera erro pode marcar a diferencia no resultado”. Por este motivo, a concentración será primordial desde o minuto 1, e “placar como se fora o noso último partido, fixar o contrario e confiar na compañeira, sempre con cabeza”.

As súa compañeira Maru Rodríguez coincide en apuntar á intensidade como a clave para ter opcións de vencer. “A idea principal para este partido é ir a por todas. Non temos nada que aforrar, hai que deixalo todo neste partido, xa que será o último da tempada”, afirma.

Por iso, as Irmandiñas teñen xa claras as súas fortalezas e as debilidades como grupo, o que “nos axuda a explotar unhas e compensar as demais”. En poucas palabras, Maru Rodríguez entende esta final como “unha cuestión de actitude, hai que saír ao campo cun só pensamento: as finais non se xogan, gáñanse”.

Maru Rodríguez: “Hai que saír ao campo cun só pensamento: as finais non se xogan, gáñanse”

Pero a xogadora do Pontevedra RC non se esquece de desfrutar, “o que fixemos ata agora. Este partido vainos dar incluso mellores momentos”.

O Pontevedra RC despide a competición

Case sen aviso, ante a renuncia a competir do Muralla, o Pontevedra RC armou en poucas semanas un equipo con xogadoras de toda a xeografía galegas. Sen pretempada, e case sen tempo para que o grupo se formarse, as Irmandiñas comezaron a competir a nivel estatal. Esta semana, polo de agora, remata a aventura.

“Fai pouco máis de tres meses que comezou esta oportunidade de poder competir en DHB, tres meses desde que nos xuntamos naquel primeiro adestramento en Pontevedra case 40 xogadoras de rugby, compañeiras de equipo, caras novas e caras que ata agora so as viras do outro lado do campo disputando un partido. Unha sensación rara por momentos pero que rápido desapareceu. Pronto comezamos a formar equipo, a ter as nosas xogadas, os nosos códigos, a apoiarnos e a crer en nós mesmas”, recorda Paula García.

Pola súa banda, Maru Rodríguez recalca a idea deste último partido como unha final, polo que pode supoñer para o futuro do equipo, pero asegura que afronta esta xornada “con ilusión e enerxía” e que “pase o que pase xa gañamos”.

Maru Rodríguez: “O espírito Irmandiñas non remata aquí, pero botaremos de menos vernos cada semana”

Tamén admite que as xogadoras do Pontevedra RC senten “certa melancolía”, xa que a tempada está a chegar á súa fin, e elas queren máis. “O espírito Irmandiñas non remata aquí, pero botaremos de menos vernos cada semana”, declara Rodríguez.

PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB
PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

Paula García engade que estes meses “pasaron demasiado rápido”, polo que coincide en que quedan con ganas de máis. Tamén engade que se a competición contase con partidos de ida e volta, seguramente os resultados serían distintos, e ao mellor non se xogarían todo a un.

O mellor peche sería unha vitoria ante Industriales Las Rozas, “e saber que a próxima tempada podemos ter a experiencia de volver a competir en DHB”. Independentemente do que pase en El Cantizal, “quedamos con todo o que aprendimos, o que melloramos e a xente que coñecimos”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pontevedra Rugby Club (@pontevedrarugbyclub)

Etiquetas División de Honor B rugbyIndustriales Las RozasirmandiñasMaru RodríguezPaula GarcíaPontevedra RCPontevedra Rugby ClubPRCrugby
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.