• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

As Irmandiñas fan balance dunha tempada ilusionante

Rubén Sanmartín: "Foi unha tempada de 10" | Co obxectivo de visibilizar o talento galego, o Pontevedra RC despídese cun ata logo

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
15/03/2021
en Máis Deporte, Rugby
As Irmandiñas do Pontevedra Rugby Club / PRC

Pontevedra Rugby Club / PRC

232
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

No curso que ven, o Pontevedra Rugby Club xa non competirá na División de Honor B. O proxecto das Irmandiñas rematou esta pasada fin de semana, cunha derrota que as fai descender de categoría.

O conxunto galego non foi quen de gañar ningún partido ao longo da tempada, pero foi mellorando o seu xogo xornada a xornada, creando un grupo desde cero, e transmitindo a ilusión polo deporte oval.

Un par de meses despois desde o primeiro encontro como equipo, as Irmandiñas despídense cun ata pronto.

O Pontevedra RC non consegue salvarse (31-17)

Fin dunha tempada agridoce pero de 10

“Foi unha tempada de 10. Un proxecto que funcionou á perfección, porque non era un proxecto para gañar a Liga, foi para dar saída ao rugby feminino galego, para poñer en coñecemento que en Galicia hai mozas con nivel e que se pode pelexar por títulos máis grandes que unha liga rexional ou competicións locais”, recalca o segundo adestrador, Rubén Sanmartín.

Rubén Sanmartín: “Non era un proxecto para gañar a Liga, foi para dar saída ao rugby feminino galego, para poñer en coñecemento que en Galicia hai mozas con nivel”

O técnico, co responsable do grupo xunto con Alberto Fernández, recorda os esforzos realizados desde o club galego por sacar adiante este equipo, nunha tempada marcada pola pandemia.

Os desprazamentos, toques de queda, dificultades económicas ou probas COVID-19, ademais dos tempos de reposo e o protocolo polo coronavirus, son algúns dos hándicaps aos que tiveron que facer fronte as Irmandiñas.

Pero Sanmartín prefire quedarse coa parte positiva, incluso destes pequenos detalles: “Máis aló de todo isto, conseguiuse saír adiante, aínda que ao principio da tempada foi difícil, ao final todas esas pequenas rutinas eran algo “noso” xa”.

Aurora Redondo: “Esta foi umha tempada que para muitas de nós supuxo um agasalho e umha sorte incrível”

Pontevedra Rugby Club - Aurora Redondo / PRC
Pontevedra Rugby Club – Aurora Redondo / PRC

Unha das súas xogadoras, Aurora Redondo, define esta tempada como “um agasalho e umha sorte incrível”, ao poder competir a un alto nivel.

A galega quédase con todo o aprendido ao longo destes meses, sobre todo nunha nova perspectiva respecto ao deporte oval, “muito mais flexível e livre da que se adoita adestrar, onde as possiçons e a estratégia obrigam a que nos adaptemos ao que vai passando no campo e onde as jogadas e o plam baseam-se mais nas conexions entre jogadoras e no que realmente está a suceder que num plam feito de antemao e entrenado umha e outra vez”.

Redondo recorda tamén ás súas compañeiras procedentes doutros equipos da xeografía galega, que ampliou aínda máis ese proceso de aprendizaxe do que fala. En liñas xerais, a xogadora define este final de tempada como “agridoce”. A parte negativa, a de perder a praza na DHB, compénsase co conxunto creado, “co que dar todo e umhas companheiras coas que loitar a morte”.

PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB
Primeiro partido das Irmandiñas como conxunto / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

Unha cuestión de actitude

O adestrador considera que a actitude de todas as persoas implicadas neste proxecto fixo fácil formar parte del. Unha sensación que comparten dentro do Pontevedra RC, e que Sanmartín exemplifica nas propias xogadoras. “As mozas, malia ter perdido este último partido, non están desilusionadas por isto, senón porque remata esta experiencia. Queren seguir xogando xuntas, adestrando xuntas, independentemente dos seus equipos de orixe”.

Este resultado tan positivo é algo que, nas súas palabras, “como adestrador, é o máis bonito que pode pasar: que se crea unha unión preciosa entre elas, que compensa o descenso de DHB“.

Pola súa parte, Aurora Redondo, subliña que foi un “privilégio” xogar coas Irmandiñas, coas que se acadou unha filosofía de equipo, que fixo que ata as viaxes de 16 horas foran desfrutables.

O futuro das Irmandiñas

A aventura do Pontevedra RC na División de Honor B rematou cunha derrota e o descenso pero, que será do futuro das Irmandiñas?

Agora cada unha das xogadoras regresará ao seu equipo, ou ao que queiran, para disputar a liga rexional. Desde os inicios deste proxecto, o club pontevedrés tiña claro que as mozas regresarían aos seus conxuntos unha vez finalizada a tempada. Á súa vez, o propio PRC sacará un equipo feminino en rexional.

Rubén Sanmartín: “Queríamos que ao final isto fora un bloque de unión, e despois cada unha volva á súa casa, como as estudantes universitarias que estudan fóra”

O segundo adestrador das Irmandiñas recalca que “queríamos que ao final isto fora un bloque de unión, e despois cada unha volva á súa casa, como as estudantes universitarias que estudan fóra. Queremos que volvan aos seus clubs e que demostren alí o nivel que adquiriron nestes últimos meses xogando nunha división superior”.

Sanmartín recorda que o agradecemento entre todos os club participantes foi mutuo, neste proxecto co obxectivo do crecemento das xogadoras galegas. En palabras do Vigo Rugby Club, un dos clubs participantes, “o proxecto das Irmandiñas queda xa coma un exemplo para o Rugby feminino galego de cooperación e superación de obstáculos”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de VigoRugbyClub (@vigorugbyclub)

Seguinte parada: a liga rexional

As Irmandiñas seguirán vendose as caras, pero desta vez como rivais. “Vai ser unha liga bonita e rara ao mesmo tempo”, considera o técnico. Sanmartín recorda como na viaxe de volta desde Madrid, moitas xogadoras comentaban que agora cada partido sería especial, algo co que está de acordo, xa que na súa opinión, “xogar con amigas no teu equipo mola moito, pero xogar contra amigas mola moito máis”.

Aurora Redondo: “Desde logo, a liga galega vai ser muito mais divertida”

Aurora Redondo coincide, e declara que “nada melhor que jogar rodeada, ao lado e em contra, de amigas. Desde logo, a liga galega vai ser muito mais divertida”. Como contrapunto, sinala que o número de mozas que compiten a rugby en Galicia aínda é moi baixo, polo que a falta de rotacións notarase en cada convocatoria. “Todas sabemos que os equipos precissam aumentar o númeor de fichas para poder manter a liga”, recorda.

A unión fai a forza das Irmandiñas

“Nom sabemos como vai ser esta tempada, como vam ser as seguintes, pero polo menos o rugbi galego feminino está um chisco mais unido”, declara Aurora Redondo. Despois desta experiencia compartida, o futuro do rugby galego preséntase moi ilusionante.

A xogadora das Irmandiñas móstrase tamén crítica, xa que considera que unha vez vivida a competición a nivel estatal, queda pendente descubrir en que dirección empurrar. Para que o deporte oval non desapareza en Galicia, fan falta solucións e promoción, “que mais rapazas o conheçam e que ao final algo da filosofia que há detrás do jogo trascenda mais alá das privilegiadas que formamos parte deste projeto”.

Pero esta iniciativa non morre aquí, como sinala Sanmartín. “A idea do staff técnico é intentar manter o bloque unido con algún tipo de adestramento, xornada, reunión ou amigable. Intentar traballalo desde outro punto de vista, como comezo dunha próxima tempada, aínda que non esteamos na máxima división”.

Polo de agora, como conclúe Redondo, “vemo-nos nos campos e animamos a todas a que venhades jogar connosco. Força, irmandinhas!”

As participantes no debut do Pontevedra Rugby Club

 

Etiquetas Aurora RedondoDivisión de Honor B rugbyPontevedraPontevedra RCPontevedra Rugby ClubPRCRubén Sanmartínrugby
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

07/12/2025
Canastra baloncesto / SABELA MOSCOSO

‘Elas seguen na cancha’, unha xornada da FEGABA para impulsar a continuidade das xogadoras no baloncesto a partir da etapa cadete

07/12/2025
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

06/12/2025
As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

06/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.