• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Ali Fernández e Paula Arcos quedan ás portas do metal nun gran Mundial das Guerreras

Paula Arcos confirmouse coma unha das grandes promesas do balonmán feminino español grazas aos dous MVP acadados fronte a China e Alemaña | Alicia Fernández, malia perderse os encontros iniciais, volveu ser unha xogadora chave no centro da zaga das Guerreras

Diego Andrade por Diego Andrade
27/12/2021
en Balonmán, Máis balonmán
Ali Fernández e Paula Arcos quedan ás portas do metal nun gran Mundial das Guerreras

As Guerreras no Mundial 2021/ RFEB

141
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Non foi posible, o soño do primeiro mundial das Guerreras terá que agardar polo menos outros dous anos, ata o campionato que organizarán conxuntamente Dinamarca, Noruega e Suecia, para que a ansiada estrela poida lucir na camisola nacional.

Aínda resulta cedo para saber se Prades encabezará novamente o plantel español na xélida Xutlandia, mais o que semella cada vez máis claro é que a súa pupila no Guardés e no combinado nacional, Paula Arcos, será unha das referencias para tratar de levar o ouro do fortín das vixentes campioas.

A de Petrer consagrouse nesta cita coma un dos grandes baluartes do noso balonmán nos vindeiros anos. A tan só uns quilómetros da súa casa, a lateral acudía á súa segunda gran cita tras os xogos de Tokio, sen ter apenas cumpridos os vinte anos de idade. A chamada do seu gran valedor no Guardés e agora na selección, José Ignacio Prades, foi unha das sorpresas cando o técnico alacantino fixo publico o listado das 19 xogadoras que participarían no mundial. Non obstante, malia unha feble fase inicial, Arcos demostrou porque está chamada a liderar nun futuro ás Guerreras grazas a un máis que destacado tramo final de campionato.

Pola súa parte, a central de Valdoviño, Alicia Fernández, a pesares de non poder ser da partida nos dous primeiros encontros do campionato por mor dunhas molestias físicas que arrastraba co seu club, o Rápido de Bucarest romanés, acabou afianzándose de novo no eixo da zaga hispana tendo unha notoria participación ao longo de todo o torneo.

José I. Prades, seleccionador das Guerreras / RFEBM
José I. Prades afrontou a súa primeira gran cita como seleccionador nacional/ RFEBM

Un arranque demoledor das Guerreras

Logo dunha ilusionante posta en escena no Torneo Internacional de España no que o combinado nacional se corou coma campión, o conxunto dirixido por Prades presentábase na sede de Torrevieja para encarar o Grupo H no que quedara emparexado cos combinados de Arxentina, Austria e China.

O debut fronte ás albicelestes non puido ser máis contundente. As Guerreras, pese a un inicio de encontro marcado pola inestabilidade na liña defensiva, souberon sobrepoñerse nunha segunda metade de escándalo para rematar o encontro cun abultado 29-13 a favor.

O encontro ben de seguro foi vivido con especial atención na Guarda, pois ata tres integrantes do conxunto miñoto se deron cita nel, Arcos e Prades na selección española, e a gardamallas bonarense, Marisol Carratú, que pouco, ou nada, puido facer ante as ofensivas locais. Pola súa parte, a lateral de Petrer sumou un único tanto no seu debut no campionato.

Ante o combinado chinés a tónica foi practicamente a mesma. Os axustes defensivos dotaron á zaga dunha maior contundencia que permitiu que as xogadoras dirixidas por Prades puidesen dominar de principio a fin asestando un 18-33 definitivo co que garantir a súa presenza na Main Round. Neste encontro, Alicia Fernández seguiu a ser baixa e Paula Arcos mellorou as súas prestacións convertendo dous goles e acadando o seu primeiro MVP.

A derradeira desputa da fase inicial saldouse cunha nova vitoria por 31-19 fronte a Austria, que regresaba a un mundial doce anos despois, nun encontro que supuxo o debut da central de Valdoviño e no que Arcos volveu a sumar dous novos tantos para o seu casilleiro.

Novo pleno na Main Round

Tras unha primeira fase inmaculada con pleno de triunfos e puntos, as Guerreras afrontaban a rolda principal do torneo cheas de moral aínda que sabedoras de que a nova empresa sería moito máis complexa.

Xapón, Croacia e Brasil serían os combinados que o conxunto adestrado por Prades tería que bater para poder acadar os cuartos de final, unha tarefa nada sinxela para a que foi clave a estelar irrupción de Paula Arcos.

Ante as niponas, a sobriedade defensiva que caracterizou ao conxunto español na fase anterior desapareceu por completo provocando un partido de ida e volta no que Alicia Fernández, con tres goles, e Paula Arcos, como revulsiva, foron claves para garantir un axustado triunfo por 28-26.

Fronte a Croacia, o 23-27 definitivo non reflexou plenamente a comodidade da vitoria dunhas Guerreras que deixaron sen opción ás balcánicas no único encontro no que a lateral do Guardés quedou sen anotar e no que a Valdoviño converteu nunha ocasión.

Co pase a cuartos na man, o combinado nacional mediuse á selección carioca nun trámite que se resolveu cun novo triunfo por 27-24 no que tivo especial protagonismo Alicia Fernández grazas aos seus catro tantos.

Alicia Fernández durante o Campionato Mundal 2021

As vikingas deixaron sen opcións ás Guerreras

O Palacio de Deportes de Granollers foi testemuña do primeiro chanzo que as xogadoras adestradas por José Ignacio Prades tiveron que superar para meterse na loita polos metais. Fronte a elas estaba nada máis e nada menos que Alemaña, toda unha tetracampioa de Europa que non foi quen de conter ás españolas.

O empuxe inicial das teutonas, sumado á sangría defensiva das Guerreras, fixo vislumbrar un final dramático que nunca acabou por ter lugar grazas en gran medida á aparición no encontro de Paula Arcos, quen con catro tantos facilitou o pase ás semifinais e levou o seu segundo MVP.

✨ ¡ @PaulaArcos10! ❤️

19 años. Cuartos de final de un Mundial en tu país. MVP. Nada más que añadir #Guerreras #SheLovesHandballpic.twitter.com/MYLIENnVhj

— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) December 14, 2021

Pola súa parte, Ali Fernández volveu completar un partido sobrio no que dotou de rigor o eixo da zaga hispana e no que logrou anotar tres dianas.

Agardaba nas semifinais Noruega para reeditar a cita de dous anos atrás, aínda que desta vez a fortuna caería do lado das escandinavas.

As campioas non lle deron opción ás Guerreras en Granollers e impuxéronse por 27-21 deixando ás xogadoras dirixidas por Prades á porta da súa segunda final consecutiva.

As opción de medalla disipáronse definitivamente no partido polo terceiro e cuarto posto no que outro combinado nórdico, Dinamarca, acadaría o triunfo por 35-28 impedindo que polo menos o bronce quedase na casa.

Non obstante, malia non acadar recompensa o balance non foi nin moito menos negativo para as nosas deportistas. Á confirmación de Paula Arcos coma unha das grandes promesas do noso balonmán houbo que sumarlle o fantástico papel de Ali Fernández na sala de máquinas do combinado nacional, sendo novamente unha peza fundamental dentro do engranaxe de Prades.

Os habéis vaciado. Lo habéis dado todo representando a nuestro país en casa. Solo nos queda aplaudiros

❤️ ¡ , ́ #Guerreras!#SheLovesHandball pic.twitter.com/UkMvwbERjX

— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) December 19, 2021

Etiquetas Ali FernándezCampionato Mundial de BalonmanGuerrerasJosé Ignacio PradesPaula Arcos
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Alicia Fernández entre as Guerreras da Selección de España de balonmán / RFEBM

Países Baixos, República Checa e Arxentina, rivais de España no preolímpico de balonmán

por Redacción As Nosas
18/12/2023
0

  A última xornada do Mundial (que gañou Francia), serviu para definir os que serán os dous rivais que lle...

Convocatoria Guerreras Mundial 2023 con Alicia Fernández / RFEBM

A Selección Española de balonmán loitará por ter un oco nos Xogos Olímpicos de París 2024

por Redacción As Nosas
12/12/2023
0

  A Selección Española de balonmán dixo adeus ao mundial antes de chegar a cuartos de final, pero si acadou...

As Guerreras, coa galega Alicia Fernández, eliminadas do Mundial / RFEBM

As Guerreras din adeus ao Mundial ao perder con Países Baixos (29-21)

por Redacción As Nosas
10/12/2023
0

  As Guerreras poñen fin á súa participación no Campionato do Mundo de balonmán feminino 2023, ao caer derrotadas ante...

Alicia Fernández entre as Guerreras da Selección de España de balonmán / RFEBM

As Guerreras vencen no Torneo Internacional de España de Balonmán Feminino, última proba antes do Europeo 2022

por Redacción As Nosas
01/11/2022
0

  España vence e convence. As Guerreras proclamáronse campioas do XXV Torneo Internacional de España de Balonmán Feminino tras derrotar...

Imaxe de arquivo dun partido entre o Mecalia Atlético Guardes e o Sant Quirze / SPORTCOECO

Logo da Copa, o Guardés retoma o pulso competitivo da Liga Guerreras Iberdrola contra o Handbol Sant Quirze

por Redacción As Nosas
14/05/2022
0

  O Mecalia Atlético Guardés visita a un equipo catalán, o Handbol Sant Quirze, que pese a estar descendido, deixou...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.