• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

As galegas dominan o grupo 1A da Segunda de futsal

Valdetires lidera a clasificación, onde participan outros cinco equipos de Galicia | Así marchan a falta da segunda volta

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
15/01/2021
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Valdetires Ferrol Futsal vs FSF Castro / VALDETIRES FERROL FSF FB

Valdetires vs FSF Castro / VALDETIRES FERROL FSF FB

344
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O futsal galego trunfa en Primeira División e na Segunda. O subgrupo 1A agrupa a sete equipos da zona norte de España, dos cales cinco son galegos. Trátase do Valdetires Ferrol FSF, Ourense CF Envialia B, Club Deportivo Mosteiro Bembrive, ENCE Marín, A Fervenza FS e o Bloques Cando FSF Castro.

Catro destes conxuntos de futsal completaron xa a primeira volta competitiva. A primeira xornada do 2021, que situaba a competición no seu ecuador, non se puido celebrar na súa totalidade.

O temporal Filomena impediu que os equipos salamantinos se enfrontansen cos correspondentes galegos. Desta forma, na sétima xornada soamente xogaron o Fervenza contra o Castro, con vitoria para as últimas, e o Envialia B contra o Valdetires, que resultou en empate 6-6.

Así, a falta da metade da competición regular, a táboa clasificatoria é a seguinte:

  1. Valdetires Ferrol FSF (17 puntos)
  2. Bloques Cando FSF Castro (13 puntos)
  3. ENCE Marin (12 puntos)
  4. Ourense CF Envialia B (8 puntos)
  5. CD Universidad de Salamanca (7 puntos)
  6. A Fervenza FS (7 puntos)
  7. Club Deportivo Mosteiro Bembrive (7 puntos)
  8. CD Inter Sala Salamanca (2 puntos)

O Valdetires lidera a clasificación

O líder invicto do grupo é o Valdetires Ferrol FSF. As xogadoras de A Malata aínda non atoparon un rival que as vencera, e son as claras favoritas para xogar o ascenso.

Tras sete partidos disputados, o conxunto agora dirixido por Fran Toba só cedeu puntos ante o Universidad de Salamanca na segunda xornada e ante as galegas do Envialia B na última disputada.

Tamén fixeron unha boa actuación na Copa da Raíña de futsal. As ferrolás recibiron ao Poio Pescamar, actual subcampión do torneo contra o que caeron nunha eliminatoria moi loitada (1-2). O Valdetires estivo preto de dar a sorpresa, pero a súa aventura na Copa rematou na primeira ronda.

O Fervenza perdeu o derbi, pero non a esperanza

Maior sorte tivo no derbi ferrolán. As de Toba enfrontaronse no partido de ida contra o A Fervenza cun moi bo resultado: 4-1. O conxunto adestrado por Chipi non deu coa fórmula para frear ás líderes na sexta xornada, pero o seu xogo mellorou para a seguinte semana.

O 2021 comezou cunha derrota para as ferrolás do Fervenza, que perderon 3-4 ante o FSF Castro, pero case lograron a remontada. As futbolistas estiveron arroupadas pola súa afección desde a grada e desde distintos puntos, xa que o club retransmite os seus partidos vía Facebook.

Para o que resta de tempada, o Fervenza, que ocupa a sexta posición, debe repetir vitorias como as logradas ante o Universidad de Salamanca e o Ourense Envialia B.

O Envialia forma xogadoras con aspiracións de Primeira División

O filial ourensán segue a formar xogadoras que non deixan de medrar e nun futuro poderían formar parte do primeiro equipo, que compite na máxima categoría.

Malia situarse no medio da táboa, con dúas vitorias, dous empates e tres derrotas, as brancas foron, xunto coa USAL, as únicas que deron coa clave para rascárlle un empate ao líder.

2DIV // J.07 // PABELLÓN OS REMEDIOS – 09/01 // OURENSE ENVIALIA FSF “B” · @valdetiresfsf (6·6)

¡Partidazo! De los que hacen afición. El líder no ha podido con nuestrxs chicas.

¡Imos ó lío!

Goles: Carla, Susana, (3) Zaide y Nerea Lorenzo #ourensEnvialia #ubuntu #imosOlio pic.twitter.com/cv2KnNtwbp

— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) January 9, 2021

Neste estreo do ano, a xogadora máis destacada nas filas locais foi Susana, autora da metade dos goles do seu equipo. Aínda que o empate tamén foi posible grazas aos tantos de Carla, Zaide e Nerea Lorenzo.

Triple representación de Marín esta tempada

Esta tempada presentou unha novidade no futsal galego. Tres equipos de Marín decidiron unir forzas o pasado mes de agosto e crear o actual ENCE Marín Futsal.

O Ancoradouro, o O Fisgón e a ED Marín chegaron a un acordo para fusionarse nun único club, tanto para a categoría feminina como a masculina. O obxectivo detrás desta decisión está en promocionar e potenciar o deporte marinense e converterse en referentes no futsal galego.

E parece que o arreglo está funcionando moi ben. Na Segunda División, o ENCE Marín cólgase a medalla de bronce, con catro vitorias e dúas derrotas.

Ademais, na Copa as futbolistas lograron vencer a un equipo de Primeira nos penaltis, o Viaxes Amarelle, e chegaron a enfrontarse ao vixente campión (tamén dono do título de Liga e Supercopa), o todopoderoso Pescados Rubén Burela. As Guerreiras Laranxas xa foron un rival demasiado forte e as xogadoras do Marín perderon cun 2-5 no marcador. 

Para retomar a competición regular, as futbolistas visitarán ao CD Mosteiro Bembrive, no derbi entre os dous equipos da provincia de Pontevedra, o coñecido como ‘Duelo das Rías’.

O Bembrive despide e recibe o ano ante o mesmo rival

Ao ter sido cancelado o primeiro partido do 2021 do Bembrive ante as salamantinas, a súa estrea será coa volta do derbi pontevedrés.

No partido de ida, que pechou o 2020, disputado un día despois de Nadal, as viguesas non foron quen de dobregar ás de Marín, polo que sufriron unha derrota por 6-3. A recuperación da primeira xornada non tivo un resultado positivo para o Bembrive que, con sete puntos, son o equipo galego na peor posición, a penúltima.

As de Pitu levan un balance de tres derrotas, dúas vitorias (ante Envialia B e Fervenza) e un empate (contra o FSF Castro).

O FSF Castro disputa a súa segunda tempada en Segunda

Tendo en conta que a anterior tempada non se puido disputar con normalidade pola COVID-19, as futbolistas do FSF Castro son case unhas novatas na categoría. Este é o seu segundo ano disputando a competición de prata do futsal español.

O equipo lucense apostou por manter o grupo do ano pasado e só conta con tres incorporacións para este curso. Unha aposta que está dando resultados, xa que o Castro é xa o segundo clasificado. As futbolistas deste equipo só sufriron dúas derrotas e un empate no que vai de tempada 20/21.

Fin de semana de partidos

O futsal non para e para esta fin de semana todos os equipos volverán ao terreo de xogo. A oitava xornada comeza co encontro entre o Bembrive e o ENCE Marín, que xogarán o derbi na pista das viguesas o sábado, 16 de xaneiro, ás 16:30 horas.

Ese mesmo día, o filial do Ourense Envialia viaxará ata Salamanca para xogar contra o USAL, algo máis tarde, ás 20:00 horas.

O día seguinte será o turno do Fervenza contra outras salamantinas, do Inter Sala Salamanca, ás 12:00 horas en terras galegas. Catro horas despois, ás 16:00 horas, enfrontaranse o FSF Castro co Valdetires.

Etiquetas A FervenzaBloques Cando FSF CastroCD Mosteiro BembriveEnce MarínFsF Castrofútbol salafutsalOurense Envialia BSegunda División de Fútbol SalaValdetires Ferrol FSF
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.