• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

As Gaélico Escolas PuntoGal achegaron o fútbol gaélico a 2.153 escolares de 21 centros educativos

Máis de 400 nenos e nenas participan nas Gaélico Escolas PuntoGal que promove a Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/07/2024
en Máis fútbol, Fútbol
Torneo Pre - Féile 2024 pertencente ao proxecto Gaélico Escolas PuntoGal disputado en Boqueixón / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Torneo Pre - Féile 2024 pertencente ao proxecto Gaélico Escolas PuntoGal disputado en Boqueixón / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

67
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Alexandre Sanmartín ‘Jano’, coordinador xeral das ‘Gaélico Escolas PuntoGal’: “O crecemento foi exponencial”-
  • Nesta tempada celebráronse ata oito torneos de base cuns 800 participantes.

Se algo caracterizou a última tempada 2023-24 no fútbol gaélico en Galicia foi o esforzo realizado para achegar esta modalidade á cativada. Na Asociación Galega de Fútbol Gaélico levaron este deporte a 21 centros educativos nos que 2.153 escolares recibiron unidades didácticas sobre este deporte.

Alexandre Sanmartín ‘Jano’, responsable das Seleccións Galegas de fútbol gaélico, e coordinador xeral das ‘Gaélico Escolas PuntoGal’, explicaba: “Estivemos impartindo unidades didácticas en ata 21 centros escolares. Sobre todo onde temos máis presenza é na provincia da Coruña e na provincia de Pontevedra. Pero hai que destacar que este ano introducimos por vez primeira unidades didácticas en centros de ensino da cidade de Lugo”.

Segundo defende Alexandre Sanmartín ‘Jano’, “mirando os datos este ano houbo un crecemento tanto de clubs tanto de clubs afiliados, como de número de eventos que se organizaron”.

Efectivamente as cifras apuntan a que se ten medrado en todos os ámbitos. Concretamente nas Gaélico Escolas PuntoGal, unha iniciativa orientada á cativada, teñen participado neste curso 2023-24 máis de 400 nenos e nenas.

Ata nove clubs se integraron nesta iniciativa que promove a Asociación Galega de Fútbol Gaélico co apoio de PuntoGal. O Estrela Vermelha foi o club que achegou máis deportistas a este proxecto pensado para crear canteira, pero as fichas repártense por diferentes puntos de Galicia dando conta dun crecemento desta disciplina por diferentes lugares como a Compostela, Vigo, Gondomar, A Coruña, Ourense, Boiro, A Guarda ou Poio.

As relación de fichas das Gaélico Escolas por clubs ordenadas segundo o número de participantes é a seguinte:

  1. Estrela Vermelha (Compostela): 89
  2. Turonia Gondomar FG (Gondomar): 65
  3. Keltoi Vigo (Vigo): 57
  4. Fillos de Breogán (A Coruña): 53
  5. Auriense (Ourense): 53
  6. Independiente (Vigo): 26
  7. Lorchos (Barbanza – Boiro): 21
  8. Grovias (A Guarda): 21
  9. Lume de Beltane (Poio): 21

Neste último curso sumáronse dous clubs novos, Grovias e Lorchos. Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico anticipan que se está a traballar en que o vindeiro curso o número subira en dúas entidades máis que estarían en Boqueixón e Lugo. Significaría a recuperación da representación da provincia lucense na Asociación de Fútbol Gaélico (AGFG). No pasado houbo un club na Mariña que participou nalgúns torneos pero non chegou a debutar en competición oficial. Polo tanto, con esta incorporación a AGFG contaría con clubs nas catro provincias.

Uns 800 participantes en 8 torneos das Gaélico Escolas PuntoGal

Tal e como relata Alexandre Sanmartín ‘Jano’, coordinador xeral das ‘Gaélico Escolas PuntoGal’, neste curso 2023-24 desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico realizáronse “en total oito torneos de eses oito torneos, seis foron de carácter comarcal. Sobre todo destacamos o torneo que tivo máis afluencia de xogadores e xogadoras que foi o que se fixo no Valmiñor con 150, seguido dos torneos de Trazo e de Urdilde con máis dun cento de rapaces e rapazas”.

Nos oito torneos das Gaélico Escolas PuntoGal se chegou ao contar “ao redor de 800 participantes. Nesa cifra inclúense tamén os que viñeron de fóra”, puntualiza Alexandre Sanmartín.

Tal e como recorda o coordinador das ‘Gaélico Escolas PuntoGal’, este ano fíxose o “primeiro torneo galego que foi o PreFeile con cinco equipos. Eses cinco tamén participaron no torneo europeo, o Féile.

En concreto no Féile houbo representación das catro provincias galegas. Participaron  Boqueixón (Boqueixón – A Coruña), Esquíos F.G. (Toén – Ourense), IES Xelmírez I (Compostela – A Coruña), Keltoi Montecastelo (Vigo – Pontevedra) e O Resío Turonia (Vigo / Gondomar – Pontevedra). Ademais Berlín, Vannes, Luxembourg, Basel e Bruselas foron as cidades europeas que tamén achegaron participantes a esta competición.

Alexandre Sanmartín: “O crecemento foi exponencial”

Realizando un balance do curso Alexandre Sanmartín ‘Jano’ apunta: “Valoramos altamente a tempada. Sobre todo polos datos que apuntan a un crecemento de número de torneos, un crecemento no número de xogadores, e un incremento das escolas deportivas”.

Detalla que nas “escolas deportivas pasamos de ter en Ourense 3-4, introducímonos na provincia de Lugo, e incorporamos A Coruña dentro das Gaélico Escolas PuntoGal. O crecemento é exponencial”, afirma ‘Jano’.

Campus no verán

“A idea é que teñamos un par de campus de verán”, di Alexandre Sanmartín. “E logo a previsión de crecemento de cara ao ano que vén é medrar sobre todo nas provincias nas que temos menos presencia que son Lugo e Ourense. E nas demais o obxectivo e manterse e ir medrando”.

“Queremos desenvolver torneos primeiro de carácter comarcal, logo provincial e finalmente a nivel galego”, explica.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

Etiquetas Fútbol GaélicoGaélico Escolas
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Torneos de Nadal PuntoGal Fútbol Gaélico, Sarria - AGFG

Os Torneos de Nadal .gal do fútbol gaélico galego xuntan a 467 rapaces e rapazas case duplicando a inscrición do 2024

por Redacción As Nosas
23/12/2025
0

Alexandre Sanmartín, director das Gaélico Escolas Punto Gal: "Os torneos de Nadal .gal son xa un evento consolidado dentro do...

Partido entre o Estrela Vermelha e o Turonia Gondomar / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Arrinca a Liga galega de fútbol Gaélico 2025-26

por Redacción As Nosas
03/10/2025
0

  A Liga Galega de fútbol gaélico comeza esta fin de semana, concretamente a partir do 4 de outubro. Na...

Auriense, campión Supercopa fútbol gaélico feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

A Supercopa de fútbol gaélico xa ten vencedores

por Redacción As Nosas
29/09/2025
0

  Santi Rodríguez, adestrador do Auriense: "A Supercopa ten sido unha proba máis de que, se facemos as cousas ben,...

Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

Chega a Supercopa de fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
26/09/2025
0

A final feminina da Supercopa de fútbol gaélico será entre o Auriense e o Turonia Gondomar e a masculina xógana...

Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

por Redacción As Nosas
15/07/2025
0

  Durante tres xornadas os combinados de Galicia masculino e feminino xogarán media ducia de partidos a xeito de concentración...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.