• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

As deportivistas voltan #ANosaCasa pero sen público

Visita Abegondo a Real Sociedad coa ex deportivista Nuria Rábano nas a súas filas e ganas de empezar "por fin" segundo dicía a súa adestradora Natalia Arroyo xa que o seu partido da primeira xornada aprazouse

Silvia Carregal por Silvia Carregal
10/10/2020
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Dépor - Real Sociedad

Lesión de Alba Merino durante o Dépor ABANCA - Real Sociedad en Abegondo / LAURA G.

205
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Liga Iberdrola de fútbol feminino volta á Cidade Deportiva de Abegondo. A redonda volta rodar na casa das deportivistas que reciben mañá, domingo 11 de outubro ás 12:00 horás á Real Sociedade, arbitrará o encontro a colexiada Verónica González Sánchez. Nas filas do conxunto rival, unha ex xogadora branquiazul: Nuria Rábano. O raro do partido será ver as bancadas baleiras nun partido do RC Deportivo como local.

O protocolo de prevención da COVID-19 continúa a amosarnos esceas impensables en diferentes ámbitos da vida, se hai 5 meses chocaba ver alguén pola rúa con máscara, pensar nun partido do Dépor ABANCA na Cidade Deportiva de Abegondo sen público nas bancadas, sería outro rara avis se nolo din antes de hoxe.

Arteixo, Abegondo ou A Coruña, sempre acompañadas dunha afección incondicional

Nas últimas tempadas, os azos das seareiras e seareiros desde a bancada acompañaron, sen renderse no seu alento, ás deportivistas que adestra Manu Sánchez.

Primeiro foi no Ponte dos Brozos, en Arteixo, e logo na Cidade Deportiva de Abegondo e ata no Estadio Municipal de Riazor na Coruña. Elas e eles sempre estaban aí, con As Nosas deportivistas onde quera que estivese o que a afección deportivista chama #ANosaCasa, é dicir, a cancha de xogo habitual do equipo. Por iso, xogar sen público, como local, será unha sensación realmente extraña e complicada anímicamente para as galegas que seguro que se teñen preparado para o reto non so fisicamente, tamén no emotivo.

Dépor - Real Sociedad
Imaxe de arquivo do Dépor ABANCA – Real Sociedad da pasada tempada / LAURA G.

Chamaba a atención sempre aos equipos visitantes os cheos semana tras semana na cancha de Abegondo. As branquiazuis era a envexa de moitas. De feito, un dos argumentos nas fichaxes foi o ambiente incrible de festa do fútbol que acompañaba ao Dépor ABANCA nos seus partidos como conxunto local. Pero xogar a porta pechada é o que toca nestes tempos de coronavirus.

Como sucedáneo, para toda esa xente que adoece por voltar a berrar co seu alento de ánimo As Nosas deportivistas, o partido será ofrecido por GOL TV. Segundo explica o RC Deportivo na súa web: “a operadora de televisión achegará a todas/os as/os deportivistas e afeccionadas/os ao fútbol un partido que se disputará a porta pechada na Cidade Deportiva de Abegondo”.

Manu Sánchez: “A Real Sociedad é un grandísimo equipo que se ten reforzado moi ben”

Ante as de Guipúzcoa, o adestrador do Dépor ten claro que non valen as confianzas e alertaba en rolda de prensa aos medios: “Trátase dun grandísimo equipo que se ten reforzado moi ben”.

Entra Kenni na convocatoria de Manu Sánchez

Para este encontro, o adestrador galego, Manu Sánchez, decidiu convocar a un total de 19 futbolistas. É baixa por lesión Helena Torres que padece unha lesión “no vasto medio da súa perna dereita”, tal e como comunicaba o club coruñés.

Tampouco pode xogar Ainoa Campo que estivo cun adestramento específico estos días de atrás. Quen si entra desta volta é Kenni. Será a primeira vez coa elástica branquiazul para esta xogadora que é unha das fichaxes deportivistas desta tempada 2020-21.

Convocatoria Dépor ABANCA diante da Real Sociedad / RCD
Convocatoria Dépor ABANCA diante da Real Sociedad / RCD

Nas filas da Real Sociedad milita a ex deportivista Nuria Rábano. Sobre ela, o técnico local, que a coñece perfectamente como futbolista, declaraba estar “moi contentos de verlle continuar a súa carreira. A cita vai ser especial para ela. Vaise reencontrar con Abegondo e coas súas ex compañeiras. Será un partido diferente”, prognosticaba o entrenador Manu Sánchez.

Nuria Rábano, RCD ABANCA, sacando de banda en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Nuria Rábano, RCD ABANCA, sacando de banda en Abegondo / SABELA MOSCOSO

Na primeira xornada de Liga o Dépor ABANCA colleitou unha derrota pola mínima en Lezama diante do Atlétic Club 2-1. Esta segunda xornada será o partido debú na Primeira Iberdrola 2020-2021 para a Real Sociedad, dado que o seu partido previsto para a primeira xornada, contra o Rayo Vallecano, tivo que ser aprazado.

Precisamente o pasado ano o partido en Abegondo entre a Real Socidad e o Dépor ABANCA tiña que se aprazado do 21 de decembro ao mes de febreiro por un temporal. O resultado naquela ocasión foi de empate a tres goles pero o adestrador galego recoñecía en rolda de prensa que tiña a sensación de ter perdido dous puntos. Foi un partido de mal recordo para Naikari e Alba Merino, tanto a visitante como a local tiñan que saír do partido lesionadas.

Manu Sánchez: “Voume coa sensación de perder dous puntos”

Natalia Arroyo: “Temos ilusión e emoción por empezar”

A adestradora da Real Sociedad, Natalia Arroyo, conta con case toda a plantilla á súa disposición pese a ter algunha futbolista con molestias como a dianteira Nahikari García. Afronta o choque con ganas. “Queremos empezar a tempada xa”, di. “Tenemos ilusión e emoción por empezar”, sinalaba en rolda de prensa  adestradora.

Explica Arroyo que as vascas chegan ao “partido co Dépor con ese punto de ‘¡por fin!’. Xa temos a mochila cargada de ideas e queremos ver ata que punto imos ben. Temos feito unha pretempada moi seria, pese a adestrar sen ter ese estímulo dos partidos”, matizaba a preparadora.

Natalia Arroyo, adestradora da Real Sociedad: “O Dépor foi un dos rivais que máis me divertiu a tempada pasada”

A entrenadora da Real Sociedad tiña boas palabras para o RC Deportivo. En concreto, dixo que lle gustaba comezar “contra un dos rivais que a min máis me ten divertido a tempada pasada”, en referencia a o fútbol alegre que desplegaron as galegas na súa tempada de debú na elite.

Consultada sobre os cambios que supón a aplicación das medidas de prevención diante da COVID-19, sinalaba que todo “o protocolo supón unha ‘alteración’ da normalidade. Forma parte do desafía desta tempada que é distinta. Desafíanos esta situación a todos no fútbol e fóra del. Nós aínda non tivemos contratempos neste sentido”, dicía Natalia Arroyo.

A técnica catalá debutará como entrenadora txuri urdin na Primera Iberdrola contra o RC Deportivo Abanca, polo que esta cita de mañá, domingo 11, será moi importante por diferentes motivos.

Mariasun Quiñones, respeto do rival: “Será un partido intenso”

Mariasun Quiñones, xogadora da Real Sociedad, advertía en rolda de prensa que o equipo vasco está moi ilusionado “co gran reto” que teñen por diante esta tempada na que as súas aspiracións son altas. “Non nos pechamos a nada, temos novas xogadoras, staff e adestradora. Temos un reto apasionante xa que as tres primeiras escuadras entran en Champions o proximo ano. Contamos cun equipo novo ao que lle gusta competir e rendir ao máximo nivel”, explicaba.

Sobre o Dépor ABANCA a porteira dixo ter “Moitísimas ganas de empezar con este partido que da comezo a unha Liga que será longa e na que teremos que regularnos. O partido será intenso, sobre todo polas características do campo e polas xogadoras rivais. Plantexaremos o noso xogo, miraremos de gozar co balón e sufriremos cando non o teñamos. Son 90 minutos e non se pode gañar no arranque. O partido haino que ir madurando e dar pasos aos poucos. Logo, seguro que o partido se remata por decidir en detalles”.

Mariasun Quiñones, cancerbeira da Real Sociedad: “O partido será intenso, sobre todo polas características do campo e polas xogadoras rivais. Plantexaremos o noso xogo, miraremos de gozar co balón e sufriremos cando non o teñamos”

Mariasun Quiñones apuntaba tamén que neste choque coas branquiazuis as futbolistas da Real Sociedad terán a “oportunidad de demostrar o que temos traballado nesta pretempada”.

Logo do partido coa Real Sociedad, o Dépor ABANCA deberá visitar ao Espanyol, así que non teñen un arranque de tempada moi doado as pupilas de Manu Sánchez. 

 

Manu Sánchez: “Abegondo é unha bancada que anima, que apoia, que aperta. Ímolo a botar moitísimo en falta”

Etiquetas AbegondoDéporDépor ABANCAdeportivistasfútbolMariasun QuiñonesNatalia ArroyoPrimera IberdrolaRC DeportivoReal Sociedad
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do 'Palco sensorial' en Balaídos pensado para persoas con trastorno do espectro autista (TEA) / FUTGAL

Balaídos conta cun ‘Palco sensorial’ destinado a que persoas con trastorno do espectro autista (TEA) gocen mellor do fútbol

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Un grupo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) poderán gozar mellor dos partidos do Real Club Celta de...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a “I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala”

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

09/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.