• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

As Seleccións Galegas de Fútbol Gaélico poñen rumbo á Haia

Galicia foi convidada por segundo ano consecutivo ao torneo internacional Gaelic Football Invitational Tournament

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/03/2024
en Fútbol, Máis fútbol
Seleccións Galegas feminina e masculina de fútbol gaélico estiveron no Torneo da Haia en 2023 / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Selección Galega feminina de fútbol gaélico no Torneo da Haia en 2023 / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

203
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • As Seleccións Galegas feminina e masculina competirán con equipos chegados de Irlanda, concretamente de Dublín e de Galway, aos que se suman os anfitrións do Den Haag de Países Baixos.

As Seleccións Galegas masculina e a feminina de fútbol gaélico participan esta fin de semana no torneo internacional da Haia ao que Galicia foi convidada por segundo ano consecutivo. A cita é o vindeiro sábado 2 de marzo na citada cidade de Países Baixos. A expedición galega, conformada por preto de 30 persoas, viaxa hoxe venres 1 de marzo.

O Gaelic Football Invitational Tournament leva disputadas xa 16 edicións. Na de 2023 e nesta de 2024 a organización contou coas Seleccións Galegas masculina e feminina que viaxan da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O Den Haag da Haia é o equipo anfitrión, de feito ese é o nome da cidade en neerlandés. A competición terá lugar na cancha do Zuider Park e na do WRC Te Werve. Na primeira dispútanse os partidos femininos e na segunda os masculinos.

O ano pasado as Seleccións Galegas debutaban nesta cita. A Irmandiña masculina foi o equipo revelación do torneo, chegando incluso a disputar a final, na que non remataron por alzar o trofeo. O equipo feminino de Galicia non correu a mesma sorte e quedou fóra da final. Ambos os dous conxuntos acudían daquela ao torneo pensando nel como unha preparación de cara ao Mundial. “Deportivamente a nosa participación en 2023 foi un éxito”, indica Ángel Negrete, presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico.

Once equipos participan na Gaelic Football Invitational Tournament

A lista de equipos participantes neste 16.º Gaelic Football Invitational Tournament ascende a 11 é a seguinte:

Conxuntos masculinos:

  1. Den Haag (Haia, anfitrións)
  2. Wanderers (Dublín)
  3. Erin’s Isle (Dublín)
  4. Mountbellew-Moylough (Galway)
  5. Selección Galega (Galicia)

Conxuntos femininos:

  1. Den Haag A (Haia, anfitrións)
  2. Den Haag B (Haia, anfitrións)
  3. Glinsk (Galway)
  4. Kilconly (Galway)
  5. St. Brendan’s (Dublín)
  6. Selección Galega (Galicia)

A convocatoria do técnico Pablo Da Silva, seleccionador da Irmandiña feminina que conta con Juan Larrasq como segundo adestrador, está composta por unha ducia de xogadoras de clubs como: Turonia GFG, Estrela Vermelha, Ourense Gaels e Dublin GAA.

Na lista hai deportistas de Ourense, Gondomar, Compostela e incluso unha xogadora orixinaria do Uruguai. Trátase de Silvia Rita Álvarez, do Turonia GFG de Gondomar. A singularidade aumenta ao coñecer que non é a única da familia que fai parte da convocatoria. A súa filla, Atonella Larrascq Álvarez, e o pai desta, Juan Larrascq (segundo adestrador), tamén defenderán a elástica de Galicia na Haia.

O compostelán afincando en Lugo Alexandre Sanmartín é o adestrador da Selección Galega masculina e citou para este torneo internacional da Haia a 14 xogadores que achegan cinco clubs: Estrela Vermelha, Fillos de Breogán, Keltoi e Ourense Gaels. Hai xogadores de Lalín, Pontevea, Ourense, Compostela, A Coruña, Boqueixón, Vigo, Ponteareas e A Estrada.

Horarios dos partidos no torneo da Haia

Os partidos na competición feminina contan con dous tempos de 12,5 minutos cada un. Ao final da competición tipo liga (todos contra todos), primeiras e segundas clasificadas disputarán a final do torneo.

LGFA – Zuider Park – Campo 5

HORAEQUIPO 1EQUIPO 2
9:00Den HaagWanderers
9:30Erin´s IsleMountbelew / Moylough
10:00GaliciaWanderers
10:30Mountbelew / MoyloughDen Haag
11:00GaliciaErin´s Isle
11:30Parada
12:00GaliciaMountbelew / Moylough
12:30Erin´s IsleWanderers
13:00Den HaagGalicia
13:30Mountbelew / MoyloughWanderers
14:00Erin´s IsleDen Haag
14:30Parada
15:001.º2º

A competición masculina organízase en dous grupos. No grupo A están: Den Haag A, Galicia e Kilconly; no grupo B está Den Haag B, Glinsk e St. Brendan´s. Xogarase unha liga de tres en cada grupo con partidos de dous tempos de 15 minutos cada un.

Na parte final da competición os dous primeiros de grupo loitarán por acceder á final, mentres que os terceiros dirimirán quen queda coa 5.ª e 6.ª praza.

GAA – WRC Te Werve

HORAEQUIPO 1EQUIPO 2
9:00Den Haag AGalicia
9:40Den Haag BGlinsk
10:20GaliciaKilconly
11:00GlinskSt. Brendan´s
11:40KilconlyDen Haag A
12:20Den Haag BSt. Brendan´s
13:00Parada
13:403.º Grupo AGrupo A 2.º
14:201.º Grupo AGrupo B 2.º
15:001.º Grupo BGrupo A 2.º
15:40Parada
16:00Gañador semifinal 1Gañador semifinal 2

Convocatoria da Seleccións Galegas

FEMININA

Nome / Club / Procedencia

  1. Silvia Rita Álvarez Álvarez / TURONIA GFG / Gondomar (orixinal Uruguai)
  2. María Silveira Loureiro / ESTRELA VERMELHA / Compostela
  3. Zara Álvarez Álvarez / TURONIA GFG / Gondomar
  4. Uxía Otero Fernández / ESTRELA VERMELHA / Boqueixón
  5. Ánxela María Estévez Salguero / ESTRELA VERMELHA / Compostela (orixinal Ourense)
  6. Laura Nercellas García / ESTRELA VERMELHA / Lalín
  7. Carme Reboreda / DUBLIN GAA / Vigo (emigrada en Dublín)
  8. Sara Sánchez / TURONIA GFG / Gondomar
  9. Atonella Larrascq Álvarez / TURONIA GFG / Gondomar
  10. Alexandra Figueroa Vázquez / TURONIA GFG / Gondomar
  11. Emma Rojas Amosa / ESTRELA VERMELHA / Boqueixón
  12. Alba Rodríguez Fernández / OURENSE GAELS / Ourense
  • Pablo Da Silva (seleccionador) Compostela (orixinario Goián)
  • Juan Larrasq (segundo seleccionador) Gondomar (orixinal Uruguai)

MASCULINA

Nome / Club / Procedencia

  1. David de la Torre Domínguez / ESTRELA VERMELHA / Compostela
  2. Daniel Conde Prieto / KELTOI / Lalín
  3. Gábor Pazos Oltai / ESTRELA VERMELHA / Compostela (Pontevea)
  4. Javier González Cagiao / FILLOS DE BREOGÁN / A Coruña
  5. Pablo Mascareñas Pazos / ESTRELA VERMELHA / Compostela
  6. Andrés Novoa Pérez / OURENSE GAELS / Ourense
  7. Adrián Ambrosio Millos / KELTOI / Vigo
  8. Víctor Martínez Domínguez / KELTOI / Vigo
  9. Damián Castro Barreiro / ESTRELA VERMELHA / Boqueixón
  10. Iago Couso Pazó / ESTRELA VERMELHA / Vigo
  11. Iago Casales Argibay KELTOI Ponteareas
  12. Santiago Rodríguez Granja KELTOI Lalín
  13. Adriano Quiroga Casiñeiro ESTRELA VERMELHA Compostela
  14. Adrián Rey Paz ESTRELA VERMELHA A Estrada
  • Alexandre Sanmartín (seleccionador) Compostela

As Seleccións Galegas veñen de ter un bo resultado na Celtic Cup

A pasada fin de semana Ourense converteuse na capital do fútbol gaélico coa disputa dunha nova edición da Celtic Cup na que as Seleccións Galegas feminina e masculina acadaron senllas medallas (prata e ouro respectivamente).

Un campionato masculino e un subcampionato feminino poñen de manifesto o nivel dos nosos e das nosas futbolistas na especialidade de fútbol gaélico. O campo sintético da Universidade de Ourense albergou a segunda edición da Celtic Cup, un torneo no que participan como convidados equipos de Irlanda e que aspira a converterse nun referente no eido europeo.

Quen é a Asociación Galega de Fútbol Gaélico?

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

A Selección Galega de fútbol gaélico suma 2 metais na Celtic Cup disputada en Ourense

Etiquetas Asociación Galega de Fútbol GaélicoDublin GAAEstrela VermelhaFillos de BreogánFútbol GaélicoHaiaKeltoiOurense Gaelsselección galegaTuronia GFG Gondomar
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A Selección Galega, formada por máis de 100 taekwondistas, participará no Campionato de España de Poomsae, Freestyle e Parapomsae á...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Torneos de Nadal PuntoGal Fútbol Gaélico, Sarria - AGFG

Os Torneos de Nadal .gal do fútbol gaélico galego xuntan a 467 rapaces e rapazas case duplicando a inscrición do 2024

por Redacción As Nosas
23/12/2025
0

Alexandre Sanmartín, director das Gaélico Escolas Punto Gal: "Os torneos de Nadal .gal son xa un evento consolidado dentro do...

Selección Galega de fútbol / RFGF

As Seleccións Galegas Sub-14 e Sub-16 femininas de fútbol adestrarán no Novo Campo do Doce, na Escravitude

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  As Seleccións Galegas Sub-14 e Sub-16 femininas de fútbol voltan ao traballo, segundo informa a RFGF. Os combinados que...

Selección de Galicia / FUTGAL

As seleccións de Galicia Sub-14 e Sub-16 xogarán na Primeira División do CESA

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

  As Nosas das seleccións de Galicia Sub-14 e Sub-16 competirán na Primeira División dos CESA Volven os Campionatos de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.