O partido inaugural da Primeira División Estatal Feminina de Baloncesto o disputarán o Arxil Mafari Café e o FODEBA de Gijón. O cruce terá como escenario Pontevedra a segunda fin de semana de outubro.
O CGTD de Pontevedra será a cancha que abrirá a competición na Liga de Primera División Nacional Feminina. O cruce será o que disputarán o CB Arxil Mafari Café e o FODEBA de Gijon. A data do partido fixouse para o domingo 11 de outubro ás 12:15 h. Aí será onde o balón bote por primeira vez na categoría de bronce do baloncesto español nesta tempada 2020-2021.
Tras a suspensión da primeira e segunda xornada da competición de Liga pola situación epidemiolóxica froito da COVID-19, nas catro autonomías (Galicia, Asturias, Cantabria e Castilla y León), e tras fixar as datas do 6 e 8 de decembro, para o arranque dos cruces, a directiva do CB Arxil e a do FODEBA chegaron ao acordo de xogar o primeiro partido que as enfrontará antes.
Así, unha semana antes do comezo oficial da Liga, o domingo 11 de outubro, galegas e asturianas se medirán na pista. Desde o CB Arxil agradecen á directiva do FODEBA as facilidades dadas para o cambio do encontro deportivo.
Lino Vázquez, adestrador do Arxil Mafari Café, optimista
Nunha campaña ilusionante e dura para o conxunto pontevedrés xa que é novo na categoría, Lino Vázquez amósase optimista co campionato que está a piques de comezar e comenta que ve “ás xogadoras motivadas e con ganas que isto empece, nunha categoría onde algúns clubs están a fichar estranxeiras co obxectivo de subir á Liga Feminina. Nós, como equipo filial, tentaremos gozar da competición e sobre todo que as rapazas sigan progresando no seu xogo”.
Lino Vázquez, adestrador CB Arxil Mafari Café: “As nosas xogadoras están motivadas e con ganas que isto empece, nunha categoría onde algúns clubs están a fichar estranxeiras co obxectivo de subir á Liga Feminina. Nós, como equipo filial, tentaremos gozar da competición e sobre todo que as rapazas sigan progresando no seu xogo”