• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Arxil e Magec reencontranse para afianzar a permanencia na LF2

A falta de tres partidos para o final, as pontevedresas buscan a terceira vitoria como local | O partido celebrarase ante 60 persoas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/03/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Maite Méndez co Arxil / CB ARXIL

Maite Méndez co Arxil / CB ARXIL

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O CB Arxil ten case asegurada a permanencia, pero aínda quedan tres xornadas por disputar. Para facela definitiva, un paso importante será vencer esta fin de semana ao MagecTías Contra la Violencia de Género. O partido será no Centro Galego de Tecnificación Deportiva CGTD de Pontevedra este sábado, 13 de marzo, ás 19:30 horas.

Con dous puntos máis que as canarias na clasificación e tamén dúas posicións por riba sitúase o CB Arxil. 30 puntos que fan soñar coa salvación na LF2, xa que suman dúas vitorias máis que as colistas.

Nas últimas semanas as pontevedresas, dirixidas por Maite Méndez, están a ter altibaixos na competición, xogando con máis acerto ante rivais complicados que ante os presumiblemente inferiores. Unha contradición sobre o papel pero unha realidade sobre a pista. Tal foi o caso, por exemplo, da visita dobre das xogadoras pontevedresas ás Illas Canarias, da que volveron cunha vitoria e unha derrota, unha de cal, outra de area.

Nesa viaxe, o Club Baloncesto Arxil recuperou o partido de ida co MagecTías Contra la Violencia de Género, caendo derrotadas por un 70-64, pero foron quen de vencer ao día seguinte ao Vega Lagunera Adareva Tenerife, entón sétimo clasificado, por un 68-70.

Xogando en casa esta fin de semana, as verdes queren redimirse da derrota colleitada hai un par de semanas e lograr así a súa terceira vitoria como conxunto local e, de camiño, acadar así tamén a súa permanencia matemática na Liga Feminina 2.

As claves para acadar este trunfo ben poderían pasan por defender con intensidade, non perder balóns e, sobre todo, non deixar ao MagecTías Contra la Violencia de Género xogar comodamente.

O rival do CB Arxil é forte

Agora Club Baloncesto Arxil e MagecTías Contra la Violencia de Género volven verse as caras e non será un encontro fácil para as galegas. As visitantes chegan nun gran momento de xogo. Unha circunstancia que acontece na parte máis importante do curso 2020 – 2021.

No caso das de Tías, nas últimas xornadas na Liga Feminina 2 conseguiron saír do posto de colistas a base de dúas vitorias consecutivas, unha derrota ante o Celta Zorka Recalvi, e unha terceira vitoria, a máis importante, ante as galegas do Ulla Oil Rosalía, polo que lle cederon o farolillo vermello ás deportistas compostelás.

Con estes resultados, o MagecTías Contra la Violencia de Género está metido de cheo na loita pola permanencia. Así, con 28 puntos no seu casilleiro, son antepenúltimas, pero empatan cos conxuntos da Agrupación Deportiva Avilés ADBA e do Ulla Oil Rosalía.

O reforzos mellora ao MagecTías

Ademais, as canarias reforzáronse para este tramo final con varias fichaxes que fan ao grupo mellor. E tal o caso de xogadoras como Camille Giardina, Maimouna Haidara ou Carla Escuert. Tamén mudaron ao director de orquestra xa que o MagecTías ten un novo adestrador á fronte do banco canario: Leocadio Pérez. A elas sumouse nesta semana a xogadora francesa Esther Rebecca Milandu, unha ala pívot de 22 anos.

Con estes cambios, pouco queda do MagecTías Contra la Violencia de Género que comezou a tempada. Porén, para esta xornada seguen lamentando a baixa de Yaiza García, pero recuperan a Sara Duarte, que volve ás pistas despois dunha baixa de longa duración.

Entre as súas filas destacan xogadoras como María Esperanza Delgado na base, así como a galega Regina Gómez e Carolina Mateo nas liñas exteriores.

Sorteo de entradas para acudir ao partido no CGTD

Este partido celebrarase de novo ante público, cun aforo de 60 persoas. O CB Arxil fará un sorteo das entradas entre as persoas interesadas.

Para participar, é necesario enviar un correo a cbarxil@hotmail.com ou mandar unha mensaxe ao 627 15 38 49. O límite é este venres 12, ás 16:00 horas.

O partido tamén poderá seguirse vía streaming a través do Canal FEB.

Etiquetas #ArxilbaloncestobasketCB ArxilLF2liga femenina 2liga feminina 2Magec TíasMaite MéndezPontevedra
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.