• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Arxil cae ante o Ibaizabal na recuperación da quinta xornada

O factor casa non foi suficiente para as verdes, que remataron a fin de semana sumando a súa segunda derrota

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/01/2021
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Arxil vs Rosalía / ROSALÍA FEDESA

Arxil vs Rosalía / ROSALÍA FEDESA

84
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O CB Arxil non superou o difícil reto ao que se enfrontaba a pasada fin de semana. En menos de 24 horas, as xogadoras de Pontevedra tiveron dous partidos da LF2 de baloncesto, e ambos saldáronse con derrotas. Despois de perder no último minuto ante o Celta o sábado, as verdes caeron ante o GDKO Ibaizabal o domingo cun 55-65 no marcador.

Galegas e vascas recuperaban o partido adiado da quinta xornada, aproveitando a viaxe das segundas a Galicia, para enfrontarse ao Ulla Oil Rosalía, ao que tamén venceron.

O Arxil acusou o cansancio acumulado

O sábado, no parqué de Navia viuse a un Arxil confiado e con gran acerto baixo o aro. Tanto, que case dan a sorpresa da xornada superando ao Celta Zorka Recalvi. Un verdadeiro pulso entre dous galegos que se decidiu nos instantes finais e case precisa un tempo extra para o desempate.

Todas as enerxías das pontevedresas quedaron en Vigo, porque ao día seguinte recibiron ao Ibaizabal, un rival de menor nivel que as celestes, pero a súa actuación non foi tan efectiva como contra as viguesas.

O partido xa comezou cruzado para as locais. A intensidade de dous encontros en menos dun día pasoulle factura a María Lago, que tivo que abandoar o parqué do CGTD no primeiro minuto con síntomas de dor. A xogadora verde, MVP do día anterior, saíu en brazos da súa compañeira Forster e a adestradora.

Malia esta baixa e que as visitantes levan un mellor balance de tempada, o primeiro cuarto estivo marcado pola igualdade no terreo de xogo. O acerto de Sara Castro mantiña a flote ao Arxil, situando ao seu equipo por momentos por diante. Aínda así, as vascas souberon aproveitar as debilidades das xogadoras de Maite Méndez e lograron unha lixeira vantaxe nos primeiros dez minutos.

A presión de xogadoras como Tulonen na liña exterior no bando rival facía case imposible que as verdes tomaran o control do partido. Un triple de Koskimies alonxaba máis ás vascas no marcador e o dúo Forster–Ndoye non era quen de compensar o xogo visitante.

Foi nos últimos minutos cando as xogadoras de Méndez deixaron uns destellos sobre a pista que as achegaban á vitoria. Un parcial 14-7 e un triple ao borde do descanso de Natalia López lograba que as verdes gañasen ao descanso pola mínima, cun 29-27.

O encontro decidiuse no final logo dunha segunda parte parella

Tras o descanso, o pulso entre ambos equipos seguía, alternándose no marcador. As vascas tiveron maior acerto desde a liña de tres, o que lles permitiu lograr distanciarse de seis puntos a dous minutos do final do terceiro cuarto. Pero as de Pontevedra non ían poñerlle as cousas fáciles ás visitantes, e pelexaron ata case empatar o resultado, chegando ao 44-45.

Así, de novo, un partido do Arxil decidiuse nos minutos finais. Un parcial 0-4 diminuía as opcións das verdes pola vitoria, pero un triple de Sara Castro as poñía de novo na loita. O Ibaizabal seguía sumando puntos coas galegas pisándolle os talóns.

O final estaba preto, e o rival cada vez máis lonxe. Malia os esforzos, as vascas seguían aumentando a distancia no marcador e o partido terminou por romperse cunha técnica a Maite Méndez. A falta de dous minutos, as galegas ían nove puntos por debaixo, no que finalizaría como unha derrota por dez puntos cun 55-65.

Con esta derrota, o Arxil perde a súa racha de vitorias en casa, e mantense na zona baixa da táboa, onde ocupa a undécima posición con 19 puntos tras catro vitorias e once derrotas.

Velaquí o resumo do partido, que retransmitiuse vía streaming no Canal FEB.

FICHA TÉCNICA

55) CB ARXIL: María Lago, Sara Castro (11), Natalia López (8), Forster (8) e Moreira (4) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Carla Fernández (12), Crespo, Vázquez (-), Noelia Masiá (6), Díaz-Pache (4), Casalderrey (-) e Ndoye (2).

65) GDKO IBAIZABAL: Arrien, Cotano (12), Molina (14), Tulonen (11) e Koskimies (20) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Laura Marcos (7), Portilla, Iruskieta (-) e Aizpurua (1).

PARCIAIS: 13-15, 16-12, 15-18 e 11-20.

ÁRBITROS: Abalo Buceta e Esteban Domínguez. Sen eliminadas.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 5ª xornada da LF2 disputado no pavillón do CGTD de Pontevedra ante 30 espectadores.

Etiquetas #ArxilbaloncestobasketCB ArxilGDKO IbaizabalLF2liga femenina 2liga feminina 2Pontevedra
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.