Novo reforzo para o CB Arxil para a tempada 20/21 na Liga Feminina 2. A pivote Bineta Ndoye xogará no equipo Pontevedrés tras alcanzar un acordo para a próxima tempada.
Bineta Ndoye, pivote de 1,96 metros e 25 anos, é internacional por Senegal e conta con 8 anos de experiencia entre Liga Feminina e Liga Feminina 2 ( LF2). Debutou na máxima categoría española na 2011/12 con 18 anos no CB Illas Canarias, onde estivo 4 tempadas.
A súa mellor tempada foi a 2015/16, estando nas filas do Sporting de Lisboa portugués, onde asinou 13.7 puntos, 10.7 rebotes (3ª da liga) e 1.8 tapóns (a mellor nesta faceta).
Na 2016/17 Ndoye regresou a España da man do CDB Clarinos da Lagoa ( LF2) e de aí ao Club Polideportivo Bembibre, disputando a liga DIA. Hai dúas tempadas xogou no CB Almería ( LF2), onde promedió 5.3 puntos, 4.7 rebotes e case un tapón por partido e esta tempada no Unicaja promedió 9 puntos por partido e 6 rebotes.
🚨A pivote dakarense Bineta Ndoye, pecha o capítulo de incorporacións na pintura do Liga Femenina 2. Con pasado na liga e experiencia na Liga Femenina debutará este ano no grupo máis ó oeste da liga.💚⛹🏿♀️
👏🏼👏🏼Benvida @BinetaNdoye1 🎉#FAMILIAVERDE #estaestugrada #LF2 pic.twitter.com/WM9modDT02
— CB Arxil (@ArxilCb) July 22, 2020
Bineta vén cubrir unha das carencias do arxil na tempada pasada e era a de protexer a pintura ,cando Forster por faltas ou descanso non estaba en pista ,a pesar do gran traballo tanto defensivo como físico que facían as súas compañeiras e é un tipo de xogadora que lle vén moi ben ao xogo do arxil e como proba remítome Maimouna Diarra, Minata eita, Jelena Zrnic, Scrabalova, Goofroy , Cassi Oursler e agora Bineta Ndoye cos seus 1,96 axudasen ao arxil.
Bineta Ndoye únese a Natalia Lopez,Cristina Diaz- Pache,Noelia Masia , Forster e Margarita Moreira
Equipos nos que xogou a nova incorporación do Arxil.

2011-2012: Gran Canaria A Caixa de Canarias ( Spain- LFB): EuroCup: 3 games: 1.3 ppg; Spanish League: 12 games: 1.6 ppg, 2.1 rpg
2012-2013: Gran Canaria A Caixa de Canarias ( Spain- LFB, starting five): 18 games: 4.8 ppg, 5.2 rpg
2013-2014: Gran Canaria 2014 Canarias ( Spain- LFB, starting five): 13 games: 2.2 ppg, 2.6 rpg
2014-2015: Gran Canaria 2014 Canarias ( Spain- LFB): 20 games: 1.8 ppg, 2.5 rpg
2015-2016: Sporting Clube de Portugal (Portugal-Liga Feminina, starting five): 22 games: 13.7 ppg, Reb-3(10.6 rpg), Blocks-1(1.8 bpg), FGP: 46.8%, 3PT: 17.6%, FT: 57.5%
2016-2017: Ciudad da Adiantados ( Spain- LF2): 11 games: 4.4 ppg, 5.7 rpg, 1.9 bpg, in Dec.’16 movede to Embutidos Pajariel Bembibre PDM ( Spain- LFB): 5 games: 2.4 ppg, 2.4 rpg
2017-2018: Embutidos Pajariel Bembibre PDM ( Spain- LFB): 22 games: 2.0 ppg, 2.3 rpg, Blocks-2(1.1 bpg)
2018-2019: ISE C.B. Almeria ( Spain- LF2): 29 games: 5.1 ppg, 4.7 rpg, FGP: 38.0%, FT: 72.4%
2019-2020: Unicaja Malaga ( Spain- LF2): 20 games: 8,5 ppg, 5,9 rpg, 0,8 apg, 2 FGP: 45,8%, FT: 75,0%.