Empeza a tempada 2023 para o Club Ciclista Betanzos – Becani e faio co debut do equipo xuvenil feminino na primeira proba de Copa de España en Noja (Cantabria), onde se van desprazar as sete corredoras que compoñen a formación.
Non participará Lucía Torres, a corredora de Vigo esta aínda recuperándose dunha caída fai un par de semanas que lle deixou a clavícula tocada. Con todo, a ciclista acompañará ao resto de compañeiras na proba Cántabra. Do resto do equipo Lucía Ballester, Sara Veiga e Andrea Prado volven correr nunha das mellores carreiras do calendario de Copa de España, unha cita na que o ano pasado facían o seu debut, para as outras tres, Uxía Gomez, Laura Anes e Xiana Camiña será a súa primeira participación nunha carreira sobre un trazado de 57 km e dous portos de montaña.
O obxectivo para esta primeira carreira é ir buscando o pulso a unha tempada moi larga que se prolongará ata o mes de setembro, e sobre todo a unha proba de Copa de España nas que se medirán coas mellores corredoras do panorama estatal.
“Moita é a ilusión que desde o Club Ciclista Betanzos poñemos nun proxecto de ciclismo feminino que este ano verá a luz despois de anos de traballo e cun equipo de sete corredores e un calendario de probas que compaxinará a Copa de España, a Copa de Galicia de estrada e algunha outro proba en Asturias, León e Portugal”, explican desde o club da cidade betanceira.
Trátase, din, dun “ambicioso proxecto que contará co apoio económico dun dos nosos principais sponsors, Comercial Becani, e ao que se suman cinco marcas máis Hyundai Hyupersa Motor, Canlemar, Oxidine, Bropemor e Automoción Fene, a maiores do resto de patrocinadores e colaboradores do Club Ciclista Betanzos”.
Bralo e Roel na dirección deportiva do Club Ciclista Betanzos
Á fronte do equipo a dirección deportiva estará Ivan Bralo e Patri Roel, súmanse en labores de auxiliares e mecánicos Víctor Rivas e Jose Rodriguez.
Desde o CCB trasladan o seu “agradecemento a toda a masa social do Club Ciclista Betanzos, fundamentalmente formada por pais e nais dunha escola que para este ano iníciase con 45 integrantes. Lograr manter viva a ilusión en nenos e nenas para conseguir co tempo sacar adiante proxectos como este, do equipo xuvenil feminino, ten moito que ver co esforzo vital e económico que durante toda a tempada muestran eses pais e nais acompañando e animando aos seus fillos e fillas por moitas das carreiras dos circuítos galegos de mini BTT e escolas de estrada”.