- O Aceites Abril CVO, equipo dirixido por Pablo Pérez, recibirá o vindeiro sábado 8 de outubro na cancha de “O Pompeo” ao A.D Voleibol Rivas ás 19:00h, na primeira xornada da liga de 1ª División Nacional de Voleibol.
- Os equipos da canteira xogarán cópaa Federación (cadete e xuvenil) e o Torneo Apertura (infantil).
Para o conxunto ourensán do CVO será de gran importancia sumar tres puntos aproveitando a oportunidade de xogar o primeiro partido en casa. Unha vitoria na primeira xornada supoñería unha inxección de confianza importante para afrontar os duros enfrontamentos das primeiras xornadas nesta Primera División Feminina de volei.
O equipo madrileño volve a primeira nacional e xa é un vello coñecido da liga, un equipo que na súa volta a esta categoría reforzouse e será seguro un dos rivais para bater na zona alta da táboa clasificatoria.
O acceso ao Polideportivo “O Pompeo”, será gratuíto para os que dispoñan de carné de colaborador (poderase adquirir na entrada de O Pompeo). Para o resto, terá un custo de 2€ de colaboración, con dereito a participar no sorteo de agasallos que se celebrará durante o encontro, segundo informan desde o club.
O Aceites Abril CVO retransmitirá o encontro en directo a través das súas redes sociais para todas as persoas que desexen gozar do mesmo.
Ver esta publicación en Instagram
Os equipos da canteira do Voleyourense tamén xogan este sábado e domingo co seguinte calendario de partidos:
- CV Korbis – Aceite Abril Xuvenil Feminino (Sábado) ………….. 10:00h
- Aceites Abril Cadete Feminino – CV Oleiros (Sábado)…………. 16:00h
- Aceites Abril infantil Feminino – CV Narón (Domingo)………… 10:00h
- Aceites Abril infantil Feminino – CV Narón (Domingo)…………..11:30h