Aínda que estaba clasificado como antitrión, o CV Arenal Emevé gañou tamén o seu sitio na fase final da Copa da Raíña na pista. Agora, xa en plena competición ratifica que está no torneo do KO para dar guerra. As galegas avanzan na competición tras impoñerse nun traballado 2-3 ao OSACC Haro Rioja Vóley.
O CV Arenal Emevé completou as semifinais da XLVII Copa da Raíña Iberdrola ao vencer no desempate 2-3 con parciais en cada set de 16-25/21-25/25-18/25-23/10-15 a OSACC Haro Rioja Vóley nun sensacional choque con máis de dúas horas de duración.
A igualdade da liga Iberdrola trasladouse ao torneo do KO nun encontro de alternancias no marcador e que viviu unha gran remontada lucense para deleite do máis de milleiro de afeccionados locais presentes. CV Arenal Emevé comezaba a súa presenza na Copa da Raíña Iberdrola como un ciclón. Un parcial 4-1 que obrigaba a Esther López a parar o choque.
O traballo das pupilas de José Valle agrandou a distancia no marcador dun Pavillón Municipal de Deportes que cun milleiro de espectadores gozaba do control do choque das anfitrioas. A presión exercida desde o saque, con tres puntos directos da colocadora Castiglione catapultaba ás lucenses, diante OSACC Haro Rioja Vóley que non atopaba continuidade nas súas accións. As Loitadoras entraban na zona definitoria do set con seis puntos de renda que saberían manter para pechar o set por 16-25.
La #CopaReinaVB @iberdrola completó sus semifinalistas tras el triunfo de @cvemevelugo en el desempate ante @haroriojavoley https://t.co/oeRvP202wj pic.twitter.com/NUgVwJJEjT
— RFEVB (@RFEVB) February 11, 2022
FICHA TÉCNICA
2) OSACC HARO RIOJA VÓLEY: Cengotitabengoa (14), Gritzbach (17), Riley (3), Gómez (12), Soares (13), Stephens (11), Barceló (Líbero). Tamén xogaron: Etxebarría (1), Manso (-), Pérez (-)
3) CV ARENAL EMEVÉ: Camino (18), Mosquera (13), Lavado (5), Castiglione (11), Otero (5), Fernández (21), Figueira (Líbero 1). Tamén xogaron: González (Líbero 2), Paradela (-), Urrea (1), Burgo (-), Matos (-), Capovila (4).
PARCIAIS: 16-25 (28´), 21-25 (28´), 25-18 (27´), 25-23 (28´), 10-15 (19´).
ARBITROS: Francisco Sabroso – Juan Antonio Erce
INCIDENCIAS: Segundo encontro da XLVII Copa de SM A Raíña Iberdrola da RFEVB que se disputa no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo cunha asistencia de 1.100 espectadores nas bancadas para seguir o choque en vivo. Tamén se puido ver a través de Teledeporte.
Podes ver as estatísticas completas do partido nesta ligazón