Sanaya Libby´s La Laguna é xa o novo campión da Copa da Raíña Iberdrola ao vencer na gran final a o CV Arenal Emevé por 3-1 (25-18, 19-25, 25-14 e 25-14) nunha vibrante e emocionante final nun repleto Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.
As lucenses contaron co apoio do seu público para buscar unha reacción que non chegou diante do gran traballo en distribución de xogo de Patricia Aranda, designada MVP Iberdrola do torneo pola súa achega nos tres días de competición, e o acerto ofensivo das súas rematadoras.
As tinerfeñas suman así o seu segundo cordón do torneo do KO tras o obtido en 2017. Para as lucenses este é o seu primeiro subcampionato de Copa.
1. Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo entre o Sanaya Libby´s La Laguna e o CV Arenal Emeve / RFEVB
Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo entre o Sanaya Libby´s La Laguna e o CV Arenal Emeve / RFEVB
2. Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo entre o Sanaya Libby´s La Laguna e o CV Arenal Emeve / RFEVB
Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo entre o Sanaya Libby´s La Laguna e o CV Arenal Emeve / RFEVB
3. Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo, CV Arenal Emeve / RFEVB
Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo, CV Arenal Emeve / RFEVB
4. Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo entre o Sanaya Libby´s La Laguna e o CV Arenal Emeve / RFEVB
Final da Copa da Raíña 2022 en Lugo entre o Sanaya Libby´s La Laguna e o CV Arenal Emeve / RFEVB
5. CV Arenal Emeve, subcampión da Copa da Raíña 2022 disputada en Lugo / RFEVB
CV Arenal Emeve, subcampión da Copa da Raíña 2022 disputada en Lugo / RFEVB
A ilusión das galegas topábase co gran momento de forma das tinerfeñas nun inicio igualadísimo de encontro onde as dúas colocadoras, Patricia Aranda e Yael Castiglione, distribuían con acerto entre os seus recursos ofensivos, sen que a distancia entre ambos os conxuntos crecese máis aló dos dous puntos.
O Pavillón Municipal de Deportes de Lugo, cheo ata o aforo permitido polos protocolos sanitarios actuais, vibraba coas accións das anfitrioas, dándoas o ánimo para manter a pelexa diante as líderes da liga Iberdrola. Un erro lucense levaría ás pupilas de Juan Diego García á súa máxima vantaxe, 21-18, abrindo un parcial que desembocaría no peche do set por 25-18.
Sanaya Libby´s La Laguna daba o primeiro paso e aproveitaba a dinámica para tomar unha mínima renda que José Valle freou. Carolina Camino e Jimena Fernández en remate e a presenza de Darlevis Mosquera en bloqueo, levou ao CV Arenal Emevé a cortar o despegamento canario e tomar seis puntos de renda.
A afección que enchía o recinto lucense insuflaba o aire que necesitaban para estender o seu control do set para igualar a final tras un claro 19-25. O conxunto tinerfeño sacudiuse rápido a derrota. Co seu ataque dobraba no marcador ás lucenses, 10-5 cando o técnico das galegas, José Valle, solicitou o seu primeiro tempo morto.
A final da Copa da Raíña Iberdrola mantiña a emoción a pesar de que a distribución de Patricia Aranda catapultaba ao seu equipo administrando a súa renda.
As Loitadoras aumentaban a súa intensidade, pero a pegada tinerfeña seguía coa súa efectividade para pechar o set por 25-14.
O CV Arenal Emevé resolvera os seus últimos seis partidos no desempate, e as súas opcións de levantar a súa primeira Copa da Raíña Iberdrola pasaban por forzar o tiebreak unha vez máis.
A bancada, oitava xogadora do Emevé
A afección galega convertíase na súa oitava xogadora para tentar unha remontada que se complicou no inicio do cuarto parcial. Un par de erros propios e a pegada do ataque tinerfeño erixían unha renda clara para o bloque de Juan Diego García.
Sanaya Libby´s La Laguna poñía a directa para a súa segunda Copa da Raíña Iberdrola, tras a lograda en 2017, e coa acertada distribución de Patricia Aranda, designada MVP Iberdrola do torneo, e os puntos de Arredondo achegaban o título pese ao último empuxón de orgullo do anfitrión CV Arenal Emevé que levou o marcador de 20-11 a 21-19. Dúas accións de primeiro tempo de Aranda con Jordan acougaron ao conxunto tinerfeño para pechar o seu segundo título de Copa.
Remataba así unha fantástica aventura copeira para o CV Arenal Emevé que demostrouse capaz e eficiente na organización dunha deportiva cita estatal de primeiro nivel como foi esta fase final da Copa da Raíña, e tamén se fixo grande entre os grandes no aspecto deportivo ao chegar ata a final da Copa e facelo competitindo.