• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O boom da arbitraxe no fútbol foi un dos temas a debate no colectivo arbitral no ciclo ‘Deporte para a igualdade’

Tamén se abordou se o que se precisaba era igualdade ou equidade e se as accións de discriminación positiva facían ben ás mulleres

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/12/2022
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Mar Barcón moderou o debate de xuízas e árbitras do ciclo 'Deporte para a Igualdade' do Concello da Coruña que contou coa participación de Teresa Martínez (hóquei a patíns), Dolores Rojas (atletismo), Zeltia García (ximnasia artística feminina), Paula Lema (baloncesto) e Rubén Eiríz (fútbol) / AS NOSAS

Mar Barcón moderou o debate de xuízas e árbitras do ciclo 'Deporte para a Igualdade' do Concello da Coruña que contou coa participación de Teresa Martínez (hóquei a patíns), Dolores Rojas (atletismo), Zeltia García (ximnasia artística feminina), Paula Lema (baloncesto) e Rubén Eiríz (fútbol) / AS NOSAS

193
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A quinta parada no ciclo de debates ‘Deporte para a igualdade‘ que organiza o Concello da Coruña a través da Concellaría de Deporte devolvía o escenario ao Fórum Metropolinano do Parque Europa e tiña a arbitraxe como protagonista da conversa.

As persoas responsables de impartir xustiza ou cualificar en diferentes disciplinas deportivas, xuíces/xuízas e árbitras/os, foron o colectivo que ser xuntou para esta nova cita de ‘Deporte para a igualdade‘. Tocoulle moderar a conversa a unha apaixoada do deporte (que non se perdeu ningunha das charlas previas), e tamén deportista actualmente dentro do club La Mochila del Deporte: Mar Barcón.

Mar Barcón moderou o debate de xuízas e árbitras do ciclo 'Deporte para a Igualdade' do Concello da Coruña que contou coa participación de Teresa Martínez (hóquei a patíns), Dolores Rojas (atletismo), Zeltia García (ximnasia artística feminina), Paula Lema (baloncesto) e Rubén Eiríz (fútbol) / AS NOSAS
Mar Barcón moderou o debate de xuízas e árbitras do ciclo ‘Deporte para a Igualdade’ do Concello da Coruña que contou coa participación de Teresa Martínez (hóquei a patíns), Dolores Rojas (atletismo), Zeltia García (ximnasia artística feminina), Paula Lema (baloncesto) e Rubén Eiríz (fútbol) / AS NOSAS

A primeira das preguntas que plantexaba Mar Barcón á mesa de debate era que tiña mudado en termos de igualdade nos ámbitos deportivos de cada unha das persoas relatoras?

Dolores Rojas, xuíza internacional de marcha desde 1999, primeira española en acadar esa categoría, con experiencia en mundiais e xogos olímpicos, manifestaba que o atletismo é unha sorte de rara avis no deporte “nós a diferencia entre homes e mulleres non a vemos. De feito en Galicia sempre houbo moita xuíza e temos sido xuízas árbitra das competcións”, apuntaba explicando que non so había cantidade de mulleres no seu ámbito se non que ademais asumían postos de responsabilidade.

“Eu non tiven a sensación de terme perdido algo por ser muller”, aseguraba Dolores Rojas. O que si admitía é que existía un maior abandono feminino do deporte cando se chegaba á pubertade.

Na cita coincidiron  Teresa Martínez (no seu día primeira española árbitro internacional de hóquei a patíns), Dolores Rojas (xuíza internacional de marcha atlética desde 1999), Zeltia García (xuíza internacional de ximnasia, presidenta dos xuíces da ximnasia galegos e membro do club Tempo), Paula Lema (árbitra de baloncesto nivel 1 e previamente xogadora de basquet) e Rubén Eiríz Mata (delegado do Comité Técnico Galego de árbitros de fútbol na Coruña e ex árbitro internacional de fútbol praia).

Seguimos co programa 💜 #DeporteParaAIgualdade.

Hoxe estivemos no 📌 Fórum Metropolitano falando con árbitros e xuízas coruñesas.

👥 Grazas a Teresa Martínez, @redpains13, Rubén Eiriz, @zeltiagarcia, Paula Lema e a @marbarcon por participar nesta iniciativa. pic.twitter.com/M2ycylr8KR

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) December 2, 2022

Tamén é singular por ser unha modalidade deportiva con maior presenza feminina o caso de Zeltia García, xuíza internacional de ximnasia artística feminina, presidenta dos xuíces da ximnasia galega e membro do club Tempo. Ela explicaba nesta charla do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ que na “ximnasia artística feminina a maioría somos mulleres. Temos xuíces homes na ximnasia artísta feminina viceversa, hai mulleres na artística masculina”.

Para Zeltia García a “diferencia de xénero está na sociedade. É preciso poder conciliar. Teño compañeiras que non poden pedirse vacacións para ir puntuar”, a consecuencia é que non poden exercer de xuíces nesas competicións por se incompatible esa actividade coa súa actividade profesional principal.

Unha esixencia profesional sen contraprestación por ser amateurs

Ao tratárse dun deporte considerado ‘minoritario’ a profesionaliación non se dá no económico. Argumentaba Zeltia García que se lles exise “esforzos como se fosemos profesionais, pero non o somos”. Explicaba tamén que teñen exames “cada catro anos cunha formación contínua moi esixente”

Para esta xuíza de ximnasia artística “pouco a pouco o deporte é máis igualitario pero para avanzar é preciso educar en igualdade”. Comentaba con tristeza o feito de que aínda hoxe nos clubs “vemos como algunhas familias rexeita que as súas fillas fagan determinados deportes por mor de que poden anchear as súas costas ou lles poden saír callos”.

Teresa Martínez foi a primeira muller española en acadar o nivel de árbitro internacional na modalidade de hóquei a patíns. Foi no ano 1995. Chegou incluso a arbitrar partidos de mundiais senior masculinos. A súa chegada á arbitraxe foi casual, segundo ela mesma explicaba. “Fixen o curso do árbitro para aprender o regulamento xa que era adestradora. E foi a propia Federación Galega a que me pediu que seguira ao ver cualidades en min. Arbitraba partidos masculinos xa que o hóquei a patíns feminino en Galicia non existía”.

Entre as anécdotas que relataba na charla Teresa Martínez lembra que cando vai facer o exame para árbitro estatal se lle avisa de que non lle van “regalara nada por ser muller”. Superada a proba “designábanme como ao resto de compañeiros. Facía as mesmas probas físicas cos homes”. O que non lle gustaba a Teresa era a atención mediática que recibía polo feito de ser pioneira. “Facíame moitas entrevistas e eu so quería pitar e pasar desapercibida”.

Discriminación positiva si ou non?

Teresa Martínez foi en certa medida crítica coa discriminación positiva que se fai ás veces nestes tempos. Sostivo na conversa do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ que a arbitraxe “é igual sexas home ou muller. Saes a unha pista a impartir xustiza. Se non valgo, por favor, que non me poñan. Agora suben a árbitras para ter mulleres na foto ou por unha subvención. E logo teñen un trato peor”, advertía.

Nese debate Paula Lema, árbitra nivel I de baloncesto, preguntábase se esas mulleres que poderían estar ascendendo de categoría sen estar suficientemente preparadas, non estarían igual de ‘mal preparadas’ ca outros compañeiros homes aos que non se cuestionaba. “Asumimos que un home pode ser ‘malo’, pero unha muller, non pode. Seguramente hai nesa categoría homes tan ‘malos’ ou peores incluso ca elas”, inquiría no transcurso da charla sobre arbitraxe do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘.

.

Explicaba Paula Lema que as mulleres “temos que gañarnos un respecto que os homes teñen polo feito de ser homes”.

Nese punto da conversa debateuse tamén ao respecto de se o necesario era loitar pola igualde ou era facelo pola equidade.

O estoupido do futfem chega tamén á arbitraxe feminina

Rubén Eiríz Mata, delegado do Comité Técnico Galego de árbitros de fútbol na Coruña, árbitro internacional de fútbol praia, e ex colexiado de Primeira División, destacaba o avance que se ten producido nos últimos anos. “Hai un boom tremendo da muller no fútbol. Mudamos dun xeito acelerado. Se miramos atrás 20 anos aplaudiriamos este momento. Polo menos no que atinxe ao número de árbitras que temos na Coruña”.

Apelou tamén Rubén Eiríz nesta cita do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ ao fito histórico que se producía un día antes da celebración da charla con Stephanie Frappart dirixindo como colexiada principal un partido do Mundial de Qatar. Destacaba Rubén Eiríz que “dirixou un partido decisivo e hoxe ninguén fala delas. Teñen demostrado que poden dirixir as emocións de millóns de persoas”.

O delegado do Comité Técnico Galego de árbitros de fútbol na Coruña lembraba a figura dunha galera pioneira na arbitraxe no fútbol. Yolanda Parga coa que coincidiu. “non tivo as mesmas posiblidades ca min. Chegou a Segunda División. Ela marcou un antes e un despois. É preciso darlles oportunidades ás mulleres. Hoxe na Coruña temos dous referentes en Eugenia Gil Soriano e Beatriz Cuesta Arribas. Hoxe en día son árbitras profesionais”.

Falou tamén Rubén Eiríz do acordo que desde o Comité Técnico de Árbitros (CTA) da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e o Orzán SD se puxo en marcha e a través do cal todas as xogadoras do club coruñés maiores de 13 anos realizarán o curso de acceso a árbitra de fútbol, sendo o primeiro club de fútbol feminino da historia en adoptar este acordo.

Profesionalización do colectivo de árbitras

Precisamente ao fío desa profesionalización da arbitraxe feminina púxose de manifesto neste debate do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ as enormes diferencias salariais que existen entre colexiados de Primeira ou Segunda División masculina e as colexiadas que arbitran na Liga Iberdrola.

Non hai máis que observar as cifras. Hoxe en día un colexiado de Segunda División cobra ao redor de 250.000 euros ao ano. No caso das mulleres árbitras profesionais na Liga Iberdrola poderían chegar a cobrar 2.500 euros ao mes netos con dietas.

Con todo, a profesionalización das colexiadas non deixa de ser un punto de inflexión nun camiño que ten por diante moito recorrido para conseguir unha igualdade real.

Apelando a unha reflexión que escoitou no documental sobre a futbolista Alexia Putellas, Paula Lema manifestaba na recta final desta cita do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘: “Reivindicar está moi ben, pero se cadra xa é tempo de normalizar”.

Consulta os debates previos do ciclo ‘Deporte para a Igualdade’

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ empezou polo principio, polas pioneiras

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ reúne a seis deportistas de élite afincados na Coruña

En ‘Deporte para a Igualdade’ debateouse se a dificultade para conciliar frea o acceso das mulleres a postos de adestradora

Clubs coruñeses analizan a progresión do deporte feminino nas súas entidades dentro do ciclo ‘Deporte para a Igualdade’

O xornalismo deportivo coruñés pon o foco na calidade das informacións sobre deporte feminino non so na cantidade

O deporte adaptado, último dos protagonistas do ciclo ‘Deporte para a igualdade’

A última das charlas do ciclo ‘Deporte para a igualdade‘ celebrouse o sábado 3 de decembro coincidindo co Día Internacional da Discapacidade e xustamente reflexionou sobre o deporte adaptado.

A moderación desta mesa da diversidade correu a cargo da coordinadora de Centros y Servicios de la Fundación Adcor, Marga Barrera. Participaron Isolina Piñeiro de ANPANXOGA, Ana Varela, atleta con discapacidad visual, Alberto Seoane, deportista do Club Del Mar de San Amaro e Ángel López, presidente de ENKI.

Etiquetas A CoruñaarbitraxeatletismobaloncestoBeatriz Cuesta ArribasDeporte para a IgualdadeDolores RojasEugenia Gil Sorianofútbolhoquei a patínsMar BarcónPaula LemaRubén EirizTeresa MartínezXimnasia ArtísticaYolanda PargaZeltia García
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.