A localidade de Alicante acolleu o Rafa Nadal Tour by Santander, no cal a galega Aranai Martínez proclamouse campioa da competición Sub-14.
Á cita, que se desenvolveu entre o 25 de xuño e o 3 de xullo, acudiron 500 tenistas base entre as categorías sub12 e sub16.
A competición de Aranai Martínez
Despois de máis de 490 partidos, o torneo rematou con seis vencedores, entre os que se atopa a pontevedresa Aranai Martínez, ouro no Sub-14.
No primeiro enfrontamento, a pontevedresa venceu a N. Madrid, pasando de rolda para xogar contra A. Korpanec e clasificarse para competir contra E. Molla.
Xa nas semifinais, Aranai Martínez derrotou a S. Segui logrando o billete á final, na que se proclamou campioa vencendo a M. Pico.
Anteriormente, a galega fora xa finalista na proba celebrada en Valencia, no pasado mes de xuño, quedando en segunda posición por detrás de M. Teixido García.
O Rafa Nadal Tour celébrase en seis cidades, rematando nun máster de Mallorca, ao que acudirán as xogadoras clasificadas nos torneos previos. Ademais, os campionatos de España tamén puntuan para o ránking do circuíto.
O Rafa Nadal Tour solidario
A oitava edición do trofeo xuvenil Rafa Nadal destaca por promover os valores do deporte, con actividades e dinámicas paralelas aos partidos. Nesta ocasión, o campionato tivo que desenvolverse seguindo as medidas de seguiridade sanitaria, acorde cos protocolos.
O Rafa Nadal Tour by Santander é un circuíto solidario, que destina todos os seus beneficios á Fundación Rafa Nadal, que traballa na España e na India para fomentar a integración e o desenvolvemento persoal e social da xuventude mediante o deporte.