- O Campionato de Europa de Maratón 2026, que se disputou en Bascov-Pitești, Romanía, deixou un total de oito medallas con acento galego do equipo español. Entre delas o outro acadado por Araceli Menduíña.
Tras as dúas primeiras xornadas de competición, Galicia xa sumaba dúas medallas nas probas de maratón curto do programa continental, co ouro de Jaime Duro en C1 sénior masculino e o bronce de Mateo Lago en C1 júnior masculino, alén da primeira posición lograda por Araceli Menduíña na proba de Paracanoe KL3 Women.
Araceli Menduiña venceu na primeira xornada
A primeira medalla galega chegou na xornada inicial de paracanoe, na que Araceli Menduíña, do Club de Mar Ría de Aldán, ocupou a primeira posición na proba KL3 Women cun tempo de 46:04.49. A padeeira de aldán, Araceli Menduíña, impúxose por diante da italiana Zakaria Nouracham, segunda con 54:38.29, e da británica Charlotte Creamer, terceira con 55:39.86.
Ver esta publicación en Instagram
Na xornada de maratón curto deste xoves, Jaime Duro, do Club Fluvial de Lugo, volveu situarse no primeiro posto continental no C1 sénior masculino. O padeeiro galego proclamouse campión de Europa cun tempo de 15.44.06, nunha final na que o portugués Rui Lacerda foi segundo con 15.58.94 e o moldavo Mihai Chihaia completou o podio con 16.06.28. Duro renova así o título conseguido en 2025 na mesma proba curta. Diego Romero, do Club CMDC Breogán do Grove, finalizou noveno cun rexistro de 16.55.40 na mesma final.
Ver esta publicación en Instagram
A segunda medalla galega no programa de maratón curto chegou no C1 júnior masculino. Mateo Lago, da Escola Piragüismo Ciudad de Pontevedra, finalizou terceiro cun tempo de 17.08.62 e subiu ao podio nunha proba gañada polo portugués Gabriel Fernandes, vencedor con 16.56.67. A segunda posición foi para o húngaro Hunor Haris, con 17.01.26. O padeeiro pontevedrés volverá competir este venres na proba longa de C1 júnior masculino.
Tamén na xornada do xoves, Brais Bargados, do Club Piragüismo Cidade de Lugo, terminou sétimo con 15.15.10 no K1 júnior masculino. O podio da proba formárono o británico William Roeser, primeiro con 14.43.37, o español Jaime Escuder, segundo con 14.45.45, e o portugués Nuno Barros, terceiro con 15.00.64.
Noa Conde, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro non puido completar a proba no C1 sénior feminino.
O Campionato de Europa de Maratón 2026 de piragüismo pechou os seus dúas últimas xornadas en Bascov-Pitești, Romanía, cunha moita presenza de deportistas galegos na repartición de medallas, segundo informa a Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI).
Na dúas últimas xornadas do campionato, as embarcacións con padeeiras de clubs galegos sumaron un ouro, dúas pratas e dous bronces, alén de varios postos entre os dez primeiros en probas sénior e júnior de kaiak e canoa.
O resultado máis importante chegou no C2 júnior masculino, onde Álvaro Pedrosa e Adrián Hermelo, do Club de Mar Ría de Aldán-Gandón SA, proclamáronse campións de Europa. A embarcación española completou os 15,40 quilómetros en 1.12:42.20 e impúxose por diante dos ucraínos Zakhar Fedak e Matvii Pochynok, segundos con 1.12:55.22, e dos húngaros Barnabas Budai e Tamas Gyenei, terceiros con 1.13:02.48.
A final de contou ademais con outra embarcación con representación galega. Miguel Custodia e Roi Dávila, ambos os do Club de Piragüismo As Torres-Romería Viquinga de Catoira, ocuparon a quinta posición cun tempo de 1.15:51.39.
As pratas galegas chegaron en kaiak, unha en categoría sénior e outra en júnior. No K2 sénior masculino, Adrián Martín e Joaquín Iglesias, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro, asinaron unha segunda posición nunha final moi axustada. A parella española terminou cun tempo de 1.31:56.46, a só 87 centésimas dos húngaros Tamas Erdelyi e Adrian Boros, vencedores con 1.31:55.59. O podio completárono os portugueses Alfredo Faria e José Ramalho, terceiros con 1.31:56.90.
Tamén en K2, pero en categoría júnior masculina, Jaime Escuder e Pau Sánchez, do Club Kaiak Tudense, lograron a medalla de prata. A embarcación española cruzou a meta en 1.33:20.75, por detrás dos húngaros Domonkos Toth e David Gorbe, que gañaron a proba con 1.32:09.84. O terceiro posto foi para outra embarcación española con presenza galega, formada por Iván Bargados e Brais Bargados, do Club Piragüismo Cidade de Lugo, que completaron a regata en 1.33:27.21.
A canoa sénior tamén deixou presenza galega no podio. No C2 masculino, Manuel Garrido Barbosa, do Club Kaiak Tudense, e Jaime Duro, do Club Fluvial de Lugo, conseguiron a medalla de bronce cun tempo de 1.26:09.02. A vitoria foi para os polacos Mateusz Zuchora e Mateusz Borgiel, que marcaron 1.23:26.78, mentres que os portugueses Ricardo Coelho e Rui Lacerda terminaron segundos con 1.23:33.12.
Nesa mesma final de C2 sénior masculino tamén competiron Diego Romero e Manuel Antonio Campos, ambos os do Club CMDC Breogán do Grove. A embarcación galega finalizou na quinta posición cun rexistro de 1.27:18.91, nunha proba na que España situou dous barcos entre os cinco primeiros.
O K1 sénior masculino deixou outra actuación salientable co cuarto posto de Adrián Prada, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro. O padeeiro galego completou os 29,80 quilómetros en 2.10:48.98, nunha final gañada polo danés Mads Pedersen con 2.07:15.95. O noruegués Jon Vold foi segundo con 2.07:17.81 e o danés Philip Knudsen terceiro con 2.09:19.67. Na mesma proba, Brais Sánchez, tamén do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro, terminou oitavo cun tempo de 2.11:26.26.
No C1 sénior masculino, disputado o sábado sobre 22,60 quilómetros, Fernando Busto, do Club de Piragüismo As Torres-Romería Viquinga de Catoira, finalizou sétimo cun rexistro de 1.53:42.43. O triunfo foi para o polaco Mateusz Borgiel, que venceu con 1.47:53.33, seguido polos portugueses Rui Lacerda, segundo con 1.48:51.08, e Ricardo Coelho, terceiro con 1.48:52.28. Nesta mesma proba, Manuel Antonio Campos non puido completar a carreira e figura como DNF na clasificación oficial.





















