- A Federación Galega de Baloncesto e CLUPIK asinan un convenio de colaboración que, como primeira medida e de xeito inmediato, permitirá aos clubs da FGB acceder e empregar completamente gratis a App “Afority” para o control de asistencia ás instalación deportivas.
A Federación Galega de Baloncesto asóciase coa start up Clupik co obxectivo de favorecer a adaptación do Baloncesto Galego ás novas tecnoloxías e, con elas, impulsar as posibilidades de expansión económica e social dos clubs.
Clupik chega ao Baloncesto Galego de xeito oficial como unha ferramenta completa para dixitalizar aos clubs deportivos ofrecendo solucións de xestión e comunicación personalizada para cada club e cada tipo de usuario.
Esta posibilidade materializarase a través dunha app e dunha páxina web cuxas condicións de acceso e custe económico poranse a disposición dos clubs Federación Galega de Baloncesto a través dunha reunión virtual con ambos protagonistas, a FGB e a propia Clupik .
Acceso á APP de control de aforo Afority
Este acordo entre a Federación Galega de Baloncesto e Clupik permitirá tamén que todos os clubs FGB accedan de xeito completamente gratuíto a Afority, app propia e personalizada para o rexistro de aforo e asistentes a adestramentos, partidos ou eventos de carácter deportivo.
Este control, que é un requisito esixido pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do cumprimento do Protocolo FISICOVID Deporte Galego, poderá realizarse xa por esta vía deste esta mesma semana.