Esta semana tivo lugar a segunda xuntanza do ano da comisión permanente do Consello Municipal de Deportes, coa participación da concelleira de Deportes, Mónica Martínez. Nese foro a concelleira anunciou que o Plan de Igualdade do Deporte Coruñés, iniciativa que busca impulsar a igualdade na práctica deportiva da muller no ámbito local, será posto en marcha o vindeiro ano.
Tamén se anunciou que no primeiro semestre de 2023 activarase na Coruña o programa ‘Capaz-Cidade’, co que se pretende achegar ás e aos membros das asociacións de persoas con discapacidade ao tecido deportivo coruñés, así como á realidade dos clubs, e incentivando tamén a práctica deportiva.