O mariñao Antonio Pernas convértese no novo adestrador do Durán Maquinaria Ensino Lugo.
Este adestrador lucense conta na súa traxectoria deportiva con ascensos como o que conqueriu co Leganés en 2020-21 e CREF na 2014-15 á máxima categoría do baloncesto estatal.
Este técnico únese á familia do Ensino “logo da negativa de Fernán Varela a renovar co club”, segundo informan desde a entidade lucense. Desde o Durán Maquinaria Ensino deséxanlle a Fernán Varela “O mellor nos seus próximos proxectos xa que o ten merecido logo do bo papel feito tanto como adestrador axudante primeiro, como asumindo o papel de primeiro adestrador a pasada tempada”.
No club lucense dan a “benvida ao novo técnico, Antonio Pernas, co que desexamos seguir medrando en todos os sentidos”, din.