• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

Antonio Pernas: “É un bo partido para recuperar sensacións e puntuar, a liga está tan igualada que son moi importantes os partidos de fóra”

O rival ao que visitará esta fin de semana o Durán Maquinaria Ensino é o Cadí La Seu

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/11/2022
en Baloncesto, Liga Feminina Basket
Antonio Pernas, adestrador do Durán Maquinaria Ensino / CB ENSINO

Antonio Pernas, adestrador do Durán Maquinaria Ensino / CB ENSINO

44
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Nesta sétima xornada de Liga Femenina Endesa o Durán Maquinaria Ensino viaxa a Lleida a medir forzas co Cadí La Seu ao Municipal D´Esports de Seu D´Urgell. O partido está fixado para as 19:30 horas do sábado 12. As catalás son duodécimas mentres que as galegas son décimas cun partido máis gañado. Así e todo, o técnico, Antonio Pernas, é precavido. Lembra que a clasificación está nun pano, aspira a gañar pero avisa de que será complicado.

“Foi unha boa semana de adestramentos. As xogadoras están contentas e traballando. Habemos tentando mellorar cuestións de toma de decisións. Temos marxe de mellora aí co traballo diario. Están todas dispoñibles. Hai algunhas coa típica sobrecarga, pero esperamos contar con todas”, explicaba na rolda de prensa previa ao partido o técnico das galegas.

Durán Maquinaria Ensino / CB ENSINO
Durán Maquinaria Ensino / CB ENSINO

A toma de decisións é un dos elementos do xogo a mellorar no Durán Maquinaria Ensino segundo o seu adestrador, Antonio Pernas: “O último partido en casa, ademais das porcentaxes de tiros, en certos momentos faltou mellorar a toma de decisións. Levar o balón a determinado sitio onde poderiamos tomar máis vantaxe. Hai partidos nos que ten menos importancia pero noutros partidos igualados pode facer que non cheguemos ao máximo. Cunha mellora na toma de decisións creo que poderiamos achegarnos máis. Á fin e ao cabo estamos a afinar. É unha mellora importante nas xogadoras”.

O Cadí La Seu é “un equipo para estar máis arriba do que está”, di Antonio Pernas

Ao respecto do rival desta fin de semana, o Cadí La Seu, Antonio Pernas é precavido e avisa: “Xa colleu a velocidade de cruceiro. Véxoas soltas, cohesionadas, teñen un equilibrio no xogo interior e exterior. Xogan cun 3 grande. O rebote vai ser capital. En casa é onde peor porcentaxe de tiro teñen. É rechamante. É un equipo para estar moito máis arriba do que agora está. É un equipo que lle leva máis arrincar. Están a xogar con 12 xogadoras, involucrar a 12 leva máis tempo que facelo con 6-7. Van atopando unha regularidade”.

“Destaco delas o colectivo. Rotan moito, o que lles permite unha alta intensidade defensiva que é onde elas fundaméntanse. A través de transicións rápidas, un xogo coral e os posteos dos treses son un equipo moi regular durante todo o partido”, explicba o adestrador do Durán Maquinaria Ensino, Antonio Pernas.

A importancia de gañar fóra

“A clasificación está moi igualada. Conta cada partido”, apuntaba Antonio Pernas ante os medios de comunicación.

Para o adestrador do equipo lucense, “gañar sería unha lombeirada importante. Imos partido a partido.. Gañar fóra xa non é que puntúe dobre, xa puntúa ata triplo. Sacar esa vantaxe fóra de casa sería importante”.

Explicaba Antonio Pernas que a intención é “centrármonos en facer un partido serio. Temos o recordo da última saída a Tenerife onde o equipo competiu dunha maneira moi regular. Queremos volver ter esas sensacións. Queremos controlar o partido desde atrás, que nos custou moito con Valencia. Non dominabamos o partido atrás, correr, non faciamos boas transicións… Dependiamos moito do xogo en estático, do cinco contra cinco. Queremos unha boa defensa, controlar o rebote, que nos permita correr, controlar as transicións e facer un xogo máis alegre”.

Durán Maquinaria Ensino / CB ENSINO
Durán Maquinaria Ensino / CB ENSINO

Pero o Durán Maquinaria Ensino non xoga so na cancha. Enfronte estará un Cadí La Seu que aínda non venceu na súa casa. “Imaxínome que quererán puntuar e gañar o primeiro partido”, declaraba Antonio Pernas. “Nós imos tentar xogar con esa ansiedade que poidan chegar a ter. Xogan entre semana e imaxino que os desprazamentos poden afectar. É un bo partido para recuperar sensacións e oxalá puntuar xa que a liga está tan igualdada que son moi importante os partidos de fóra”.

Esperanza sen presión é o que se extrae das verbas de Antonio Pernas sobre este choque en Lleida: “Temos ilusión de que as cousas vaian saíndo, que gañemos, vernos arriba e poder optar a outras cousas, pero tamén é poñernos moito na mochila agora mesmo. Pero imos xogar contra un equipo serio. Oxalá nolo traiamos e podamos pensar en cotas maiores”.

Etiquetas Antonio PernasbaloncestoCadi La SeuDurán Maquinaria Ensino
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

O Valencia BC suma a 13ª vitoria consecutiva a costa do Durán Maquinaria Ensino (85-50)

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Xa dixera Antonio Pernas na previa que o Valencia BC non é un equipo da liga do Ensino. A...

Laura Aliaga no partido Movistar Estudiantes vs Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “O Valencia non é un equipo da nosa liga pero en momentos do partido estaremos aí”

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino visita a complicada cancha do Valencia BC hoxe sábado 21 de xaneiro. O partido, que está...

Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “Ter bóla para gañar a falta de 17 seguntos é un meritazo”

por Redacción As Nosas
16/01/2023
0

  Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino Lugo estaba contento co esforzo e o traballo do bloque que adestra...

Duran Maquinaria Ensino Lugo vs Casademont Zaragoza / ENSINO LUGO TW

Pese a ir case todo o partido por diante, o Ensino Lugo remata perdendo co Casademont Zaragoza (65-69) na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino Lugo perdía na casa 65-69 logo de ir por diante no electrónico na maior parte...

Antonio Pernas, adestrador do Durán Maquinaria Ensino en rolda de prensa previa ao cruce co Barça CBS / ENSINO CB LUGO

Antonio Pernas: “Xogamos dous moi bos primeiros cuartos, un bo terceiro e un cuarto horroroso”

por Redacción As Nosas
10/01/2023
0

  O partido do Durán Maquinaria Ensino contra o Cadi La Seu que rematou con vitoria do equipo de Lleida...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

04/02/2023
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

03/02/2023
Zona de lanzamentos do CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD de Pontevedra acolle o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub-23

03/02/2023
A atleta galega do Club Ourense Atletismo, Carmen Escariz, no Mundial de Marcha por equipos competindo por España nos 20 km, a deportista estará competindo en Ames no autonómico de marcha en ruta / RFEA

Ames, epicentro da marcha galega en ruta

03/02/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.