• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Antonio Couceiro: “O futuro do Deportivo está garantido”

O presidente do RC Deportivo manda unha mensaxe de tranquilidade ao deportivismo sobre o futuro do club e os seus equipos

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
02/03/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo / RCD

Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo / RCD

57
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

“Pase o que pase, o deportivismo ha de ter a tranquilidade de que terá a continuidade garantida. O futuro do Deportivo, tanto a nivel competición como o económico e social, está garantido”. Esta é a mensaxe que destacaba en rolda de prensa Antonio Couceiro, o novo presidente do RC Deportivo.

O novo Consello de Administración ten como reto “xerar un clima de estabilidade institucional imprescindible para desenrolar o proxecto”, sendo dito proxecto facer o club viable a medio e longo prazo no ámbito económico, deportivo e social.

Dentro deste plan de futuro está o Dépor ABANCA. Antonio Couceiro insiste en que o conxunto feminino forma parte dun “proxecto sólido” e que tanto entidade como o máximo accionista, ABANCA, apostan polo cadro dirixido por Manu Sánchez. “Iso non ten que cambiar pase o que pase a seguinte tempada”, incide.

O proxecto do Dépor ABANCA seguirá en pé

O equipo que milita actualmente en Liga Iberdrola non é independente á actualidade do club, especialmente marcada polo momento deportivo do equipo masculino e as consecuencias da pandemia de COVID-19.

Antonio Couceiro admite que estas factores “inflúen nos ingresos do club e no presuposto do que dispón o equipo feminino”, pero non compromete o seu futuro. Así, sexa en Liga Iberdrola ou Reto Iberdrola, o Dépor ABANCA seguirá cun proxecto baseado nas súas señas de identidade: a aposta polo fútbol base e plataforma para a profesionalización das xogadoras galegas.

“O noso foco está na formación das xogadoras galegas, como estamos facendo cun filial no que hai moito talento emerxente e completar o equipo con xogadoras destacadas; que ben nos permitan seguir en Liga Iberdrola ou tentar o regreso se finalmente hai un descenso”, declaraba o presidente.

O Consello de Administración do Deportivo reúnese co Dépor ABANCA / RCD
Visita do Consello de Administración do Deportivo / RCD

Un club de canteira

O futuro do Deportivo, tanto para o feminino como o masculino, está en Abegondo e nos equipos da base. Así, Couceiro asegura que o proxecto pasa por ser un club “cun modelo baseado na canteira. Un proxecto realista e ambicioso, á altura do potencial do noso club”.

Neste sentido, a idea é que para as próximas tempadas, un porcentaxe dos e das futbolistas da canteira acaben formando parte dos primeiros equipos para competir ao máximo nivel posible. “Hai que buscar o talento. Senon o hai aquí o buscaremos fóra, pero daremos prioridade á promoción interna”, declarou.

Antonio Couceiro: “Hai que buscar o talento. Senon o hai aquí o buscaremos fóra, pero daremos prioridade á promoción interna”

Este plan está pensado a longo prazo, e o presidente pide paciencia para poder ver os resultados, e recalca que se deberá “traballar ano a ano”.

Dependencia do equipo masculino

Como ben sinalaba Antonio Couceiro, a situación do Dépor ABANCA depende en gran medida da actualidade do Dépor masculino. Actualmente, o conxunto de Rubén de la Barrera milita na Segunda División B e ten cada vez menos opcións de lograr o ascenso a Segunda, tendo incluso problemas para afianzar a permanencia.

Neste sentido, ao longo de todo o seu discurso, o presidente insistiu en que o máis importante neste momento respecto á entidade branquiazul é a actualidade deportiva. “O único que nos ten que preocupar nestes momentos é a situación deportiva e apoiar todos, como un só deportivista, a corpo técnico e xogadores (do conxunto masculino) para conseguir todos os puntos posibles”, sinala Couceiro. En poucas palabras: a “construcción de futuro” do club pasa pola saúde deportiva do conxunto masculino.

Antonio Couceiro: “O Deportivo se atopa na situación máis complicada e complexa dos seus case 115 anos de historia”

O presidente admitiu que o equipo da cidade herculina pasa polo peor momento e a “situación máis complicada e complexa dos seus case 115 anos de historia”, polo que “temos que loitar duramente por manter a categoría. O xogamos todo nos próximos tres partidos”. A reconstrución da entidade branquiazul comezará unha vez se coñeza a posición deportiva na que milite o Dépor masculino.

Viabilidade económica

E da categoría na que compita o conxunto de Rubén de la Barrera dependen en gran medida os ingresos do club branquiazul. Sumido nunha situación económica pouco prometedora, Couceiro recalcou que a viabilidade do club non sería posible sen o apoio do accionista maioritario, Abanca: “Se Abanca non prestase apoio financeiro, o Deportivo non tería viabilidade económica”. Este apoio que seguirá adiante independentemente dos resultados.

Antonio Couceiro: “Se Abanca non prestase apoio financeiro, o Deportivo non tería viabilidade económica”

Ante a acumulación de poder económico que ten a entidade bancaria sobre o club de fútbol, o presidente foi preguntado por posibles interferencias, pero Couceiro recalcou que móstrase confiante no diálogo con Abanca e o seu apoio.

No relativo ás dificultades económicas, unha posible capitalización da deuda está sobre a mesa, pero o presidente recorda que é decisión de Abanca e que aínda non se tocou este tema. En canto a cifras, o presidente non adiantou datos, “por respecto aos accionistas”, pero si confirmou que a próxima Xunta está prevista para comezos do mes de abril.

A inestabilidade económica provoca preocupación nas persoas traballadoras do club, máis aló da faceta deportiva, pero Couceiro expresa que, se ben “pode haber externalizacións”, estas persoas manterán os seus postos de traballo e tarefas.

Aposta polo diálogo e defensa dos intereses do Deportivo no caso Fuenlabrada e Rubiales

Outros dous asuntos que seguen a marcar a actualidade do Deportivo son o caso Fuenlabrada e a querella da Asociación de Clubs de Fútbol Feminino contra Rubiales.

No primeiro caso, Couceiro insistiu en que está “nos xulgados. O Deportivo está persoado como perxudicado e a RFEF e a Federación de Peñas tamén solicitaron persoarse. Este Consello vai defender os intereses do Deportivo ata as súas últimas consecuencias”. Malia esta posición, o mandatario móstrase partidario do diálogo e tender pontes “con Tebas e os demais responsables de institucións deportivas”.

Antonio Couceiro: “Este Consello vai defender os intereses do Deportivo ata as súas últimas consecuencias”

No referente ao segundo, a Asociación de Clubs de Fútbol Feminino ven de presentar unha querella contra Luis Rubiales, presidente da RFEF, pola presunta comisión de coaccións, ameazas e prevaricación administrativa.

A posición deste novo Consello é contraria á presentación de dita querella. Couceiro lamenta o clima de “confrontación entre a Asociación, a Liga e a Federación” e declara que desde o Deportivo entenden que “este tipo de cuestións deben arreglarse desde o entendemento e non pola vía de querellas criminais”.

Antonio Couceiro (Sobre o caso Rubiales): “Este tipo de cuestións deben arreglarse desde o etendemento e non pola vía de querellas criminais”

Así, o club branquiazul posiciónase en contra desta decisión e de que fora tomada por unha xunta directiva “da que dimitiron dous membros” e non nunha xunta xeral. Este luns o mandatario trasladou un escrito á Asociación “solicitando a reunión da xunta xeral para volver a tratar este tema”.

Segundo o presidente, o fútbol feminino “ten un gran potencial e unha oportunidade histórica para seguir crecendo e profesionalizarse”, polo que non se pode “permitir” que as institucións “que gobernan o fútbol” e os clubs fagan perder esta oportunidade.

O Consello ao fronte do club

A diferenza do funcionamento do Consello saínte do Deportivo este, presidido por Antonio Couceiro, tomará decisións de forma colexiada e sen responsabilidades por áreas.

Neste sentido, os directivos serán os que tomen as decisións no día a día e o Consello non interfirirá de maneira diaria. A responsabilidade exectuvia recae así en David Vilasuso. Desta forma, a dedicación do presidente e o resto de membros do Consello non será exclusiva á actividade do club.

Este era un modelo que Abanca xa manexaba e tiña pensado implementar, pero que se viu precipitado pola delicada situación deportiva na Segunda División B.

Etiquetas Antonio CouceiroDépor ABANCAdeportivofútbolRC DeportivoRCD
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Deportivo ABANCA - FC Barcelona Athenea e Mapi León

As deportivistas chegan mermadas ao encontro ante o líder invicto, o Barça

por Redacción As Nosas
16/04/2021
0

  O Dépor ABANCA ten por diante a xornada máis difícil da tempada. As deportivistas viaxan a Cataluña para enfrontarse o...

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA na rolda de prensa previa ao partido contra o Barcelona/ RCD

Manu Sánchez: “O Barcelona é o ‘peor rival’ que podes ter nesta competición”

por Redacción As Nosas
15/04/2021
0

  Ante o FC Barcelona, no Estadio Johan Cruyff, Dépor ABANCA vai presentarse cun "equipo inédito", na Liga Iberdrola. Así...

Victoria CF / CEDIDA

Cris Oreiro: “Vivímolo con moito traballo, pero con moita ilusión, intentando mellorar cada semana”

por Carmen G. Mariñas
15/04/2021
0

  Nesta tempada 2020/2021, as cebras do Victoria CF estrearon corpo técnico, capitaneado por Cris Oreiro, e os éxitos non deixan de...

Viajes Interrías / CEDIDA

Treviño: “O único que nos importa é gañar cada domingo”

por Carmen G. Mariñas
14/04/2021
0

  O Viajes Interrías que adestra Luís Treviño é un dos candidatos ao ascenso á Reto Iberdrola. Despois dunha primeira fase con grandes...

O Victoria CF en Riazor / CEDIDA

O Victoria vence en casa ante o rival máis forte do grupo 1B

por Carmen G. Mariñas
14/04/2021
0

  O Victoria CF continúa en traxectoria ascendente esta tempada. Despois de pasar á segunda fase como segundas clasificadas, empatadas co Viajes...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Deportivo ABANCA - FC Barcelona Athenea e Mapi León

As deportivistas chegan mermadas ao encontro ante o líder invicto, o Barça

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Deportivo ABANCA - FC Barcelona Athenea e Mapi León

As deportivistas chegan mermadas ao encontro ante o líder invicto, o Barça

16/04/2021
Raquel Carrera é drafteada na WNBA / NBA SPAIN TW

Raquel Carrera fai historia na mellor liga do mundo

16/04/2021
María Terceiro, do Club del Mar, foi primeira en 400 libre e segunda en 100 libre no Campionato de Natación Máster / CLUB DEL MAR TW

Seis galegas suben ao podio no XXVI Campionato de España de Natación Máster

16/04/2021
Campionato Galego Solo Dance Parellas de patinaxe artística en Mos

Campionato Galego Solo Dance Parellas de patinaxe artística

16/04/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.