Sen pausa, e acumulando un éxito tras outro, Antía Jácome volve triunfar no C1 200. Despois de resultar quinta nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, a pontevedresa competiu no Mundial de Sprint de Copenhage, onde rematou na segunda posición colgándose a medalla de prata.
A vencedora da proba foi a canadiense Katie Vincent, quen rematou cun rexistro de 46.52. Só 26 centésimas por debaixo chegaría a galega, que recibiu a prata despois dunha igualadísima competición. O bronce sería para a polaca Dorota Borowska, tamén unhas centésimas por debaixo da galega e Vincent.