A padexeira galega Antía Jácome conseguiu unha prata e un ouro nos European Games que se están a disputar en Cracovia (Polonia).
A primeira vez que subiu ao podio nesta competición internacional dos Xogos Europeos 2023 foi acadando unha medalla de prata no C2 500 xunto a madrileña María Corbera, parella competitiva habitual da pontevedresa.
Ver esta publicación en Instagram
A segunda vez Jácome subiu ao podio nestes European Games 2023 foi ao chanzo máis alto, o primeiro lugar coa medalla de ouro no pescozo. A pontevedresa gañou a regata xunto ao cangués Pablo Graña na proba de C2 200 mixto.
Ver esta publicación en Instagram
O balance da padexeira galega Jácome é, polo tanto, de dúas medallas nestes European Games 2023.
Ver esta publicación en Instagram