Na madrugada do sábado arrincarán os Campionatos mundiales de atletismo, cita na que o noso deporte acude ca representación de tres atletas e un xuíz. Estarán Antía Chamosa, o seu irmán Dani Chamosa, ambos os dous competindo en marcha, e o corredor Adrián Ben que vai afrontar os 1.500 m. As que as ausencias tanto de Ana Peleteiro, en recuperación, como de Belén Toimil, por decisión federativa, son tal vez as máis destacadas nas atletas galegas neste Mundial, tal e como apuntan desde a Federación Galega de Atletismo.
Chamosa por partida dobre
Na madrugada do sábado teremos ao primeiro dos nosos atletas en competición sobre a saída dos 35 Km. Dani Chamosa acude por xustiza e méritos personais logo de superar uns anos marcados por importantes problemas de saúde que non o deixaron acadar o verdadeiro nivel que ten. Afortunadamente, superados xa, a súa progresión ten sido moi importante, motivo polo cal debuta nun campionato do mundo no que será a súa segunda internacionalidade.
Se el abre o campionato, a súa irmán Antía Chamosa será a encargada de pechalo no último día de competición. Estará, medíndose por igual, xunto ás mellores do mundo sobre a distancia dos 20K na que as marchadoras hispanas, terán moito que decir. Con este presenza, Antía suma o seu segundo mundial consecutivo logo do celebrado en Budapest na que lembramos, remataba no posto 28.
Veteranía e calidade de Adrián Ben que vai a polos 1.500m
Adrián Ben será o terceiro dos representantes galegos nesta cita. O corredor de Viveiro acude a competir nunha proba de moitísimo nivel, a dos 1.500 m., logo de lograr o campionato de España. Como armas fundamentais contará ca súa gran calidade e esperiencia que o levan a sumar a súa cuarta participación mundialista.
Foi precisamente tanto en Doha-2019 como en Budapest-2023 onde colleitaba dúas extraordinarias posicións na final dos 800 m. ao entrar en meta nos postos 6º e 4º respectivamente.
Haberá que estar moi pendentes ás condicións climatolóxicas xa que todo apunta, poderían serán determinantes sobre todo nas distancias longas como a marcha.
Guillermo Sandino, na parcela técnica
O cuarto dos galegos que acude a Tokio, é a do xuíz internacional Guillermo Sandino quen viaxa co equipo técnico da RFEA. Internacional desde o ano 2022 destaca a súa participación no Campionato de Europa Sub23 (Finlandia,2023. Xuíz internacional), Meeting Internacional de Atletismo de Troyes Aube (Francia, 2024. Delegado Técnico) e o Campionato de Europa absoluto (Roma, 2024 como Xuíz oficial Técnico Internacional)





















