- Antía Chamosa convertirase hoxe en Budapest na primeira marchadora galega nun Mundial absoluto de atletismo
O Campionato do Mundo de Atletismo celebrarase do 19 ao 27 de agosto en Budapest. É o campionato máis importante da tempada. A Selección Española da RFEA participará cun total de 56 atletas e, entre eles, estará a marchadora galega Antía Chamosa.
A marchadora da Sociedad Gimnástica de Pontevedra foi seleccionada para competir na proba do 20km marcha; proba que compartirá con María Pérez, plusmarquista mundial no 35km marcha. Será a primeira participación da marchadora galega nun Campionato do Mundo Absoluto.
Antía Chamosa está nun gran estado de forma, tras proclamarse subcampioa de España nos 10.000 m marcha no Campionato de España Absoluto, celebrado na localidade valenciana de Torrent. Os seus resultados nacionais e internacionais permitiron que se consolidase como unha imprescindible no equipo estatal.
Agora en Budapest terá unha nova oportunidade para demostrar o seu nivel. Chamosa, a quen adestra Montserrat Pastor, competirá hoxe, domingo 20 de agosto, á primeira hora da mañá.