- A marchadora galega Antía Chamosa ten hoxe venres 4 da marzo unha nova cita internacional
- Carmen Escariz, do Ourense Atletismo afronta os 35 km na madrugada do sábado
Dúas serán as galegas que representarán a España no Campionato Mundial de Marcha: Antía Chamosa na distancia de 20 km e Carmen Escariz na de 35 km.
Non está a ser a tempada de inverno desexada pola marchadora galega Antía Chamosa. Tal e como lembran desde o seu club, a SG Pontevedra, “unha pequena lesión afastoulle dalgunhas competicións autonómicas e nacionais durante unha parte do que levamos de ano”.
Así, a deportista galega perdeuse o Campionato Galego de Marcha en Roteiro e o de España da mesma disciplina. Con todo, si estivo no Campionato de España de 20km marcha celebrado o pasado 13 de febreiro en Pamplona. Alí quedou sexta absoluta cun tempo de 1:36.16. Esta foi a competición que lle deu o pasaporte para competir no Campionato do Mundo de Marcha por Equipos, en Muscat, Omán, que disputa agora.
Los poderes de #EspañaAtletismo para #WorldRaceWalking!
🚺 20 km marcha Viernes 4 – 13:00 h (hora 🇪🇸)
Antía Chamosa@Lidiyou #PasiónPorCompetir @WorldAthletics @deportegob @COE_es @JomaSport @iberdrola pic.twitter.com/RiC1kofjgR
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 3, 2022
O pistoletazo de saída para esa cita internacional será hoxe 4 de marzo ás 16:00 hora local (13:00 hora española).
Antía Chamosa competirá na proba de 20km e a súa compañeira de equipo será Lidia Sánchez-Puebla do Playas de Castellón.
Aínda que que sexan tan só dous participantes na selección prohibiranlles competir a nivel colectivo.
A atleta pontevedresa, Antía Chamosa, que é a recentemente Campioa de España e terceira de Europa en categoría Sub-23, buscará dar o paso absoluto a nivel internacional.
Escariz, do Ourense Atletismo, compite de madrugada
A tamén galega Carmen Escariz, pola súa parte, competirá na distancia dos 35 quilómetros mañá sábado ás 4:00 da madrugada hora española.
A galega do Ourense atletismo fará equipo con Raquel González, Cristina Montesinos, Mar Juárez e Laura García
Los poderes de #EspañaAtletismo para #WorldRaceWalking!
🚺 35 km marcha – Sábado 5 – 4:00h (hora 🇪🇸)
Carmen Escariz@lauriiatl @RaquelGlzCampos @MarJuarez93
Cristina Montesinos#PasiónPorCompetir @WorldAthletics @deportegob @COE_es @JomaSport @iberdrola pic.twitter.com/gRDOnTawCb— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 3, 2022