O debut en categoría absoluta da atleta galega Antía Chamosa finalizou coa marchadora da Sociedad Gimnástica de Pontevedra en 29ª posición na proba de 20km. A deportista pontevedresa asinou un tempo de 1:34:20, o que supón a súa cuarta mellor marca de sempre.
Na mesma proba do Mundial de Bucarest, competía a granadina María Pérez que subiu ao máis alto do podio. A marchadora proclamouse campioa do mundo. Este fito supón o seu maior éxito deportivo nun ano que desde a propia RFEA cualifican como “excepcional” para a deportista española. María Pérez mostrouse intratable e case invicta. Gañou todos os títulos que se lle puxeron por diante e tumbou os récords de España de 20km e de 35kum, ademais do récord do Mundo nos 35km marcha. Épico o da atleta de Granada.
A competición na que participaron con distinta sorte María Pérez e Antía Chamosa tivo lugar en Budapest con máis de 20 grados e unha humidade do 85% cando se deu a saída da proba.
20km marcha
@garciaperezmari 1:26:51
29ª Antía Chamosa 1:34:20
@teledeporte y @Eurosport_ES
https://t.co/sD2kkIG0t3@wabudapest23 #PasiónPorCompetir pic.twitter.com/LesOrTzk1p
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) August 20, 2023
O ouro de María Pérez, que entrou na meta disfrutando e festexando o seu primeiro título mundial, conseguiuno a española cun rexistro de 1:26:51. Esta é a súa mellor marca de sempre, a mellor marca dunha española nun Mundial (nesta proba), e este crono convértea na segunda española que logra unha medalla de ouro tras Niurka Montalvo que o fixera na modalidadde de salto de lonxitude en Sevilla no ano 1999.
Otra jornada grabada en #EspañaAtletismo
La primera campeona del mundo de la marcha
Y dos que entran en la historia
6ª @Fatimadiame6.82 m =MP
8ª @tessyebosele 6.62 mCrónica https://t.co/r29VGvI8sk@wabudapest23 #PasiónPorCompetir pic.twitter.com/PaBVKD2Xsy
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) August 20, 2023