• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Antía Chamosa: “Cando mirei a marca, non o podía crer!”

A marchadora galega acada a mellor marca española da historia Sub23 nos 35km marcha cun crono de 2:58:22 | Emilia Rodríguez do Trega, campioa de España na categoría master 45

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/02/2021
en Máis Deporte, Atletismo
Seleccións galegas de marcha, no Campionato de España de Marcha en Ruta / FGA

Seleccións galegas de marcha, no Campionato de España de Marcha en Ruta / FGA

234
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Antía Chamosa, mellor marca española da historia sub23 nos 35km marcha con 2:58:22.
  • Emilia Rodríguez do Trega, campioa de España na categoría master 45.
  • A Selección Galega Sub16, subcampioa de España. 

A marcha galega volve destacar no ámbito estatal. Nesta ocasión foi na disputa do Campionato de España de Marcha en Ruta desenvolto durante esta fin de semana en Sevilla. O balance: seis medallas e un récord nacional. Aí é nada! Entre das e todos eles destaca un nome propio principal, o da marchadora: Antía Chamosa Dacasa. 

A atleta pontevedresa foi quinta de España absoluta por detrás de atletas que son o mellor da marcha española actual, con diversas participacións e medallas en campionatos internacionais. O seu crono, de 2:58:22, fíxoa acadar a mellor marca da historia Sub23 nos 35 km marcha.

Sensacional Antia Chamosa no día de hoxe sobre os 35 km. Récord galego sobre a distancia e ademáis… pic.twitter.com/SgUj4wpYEs

— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 14, 2021

A proba dos 35 quilómetros marcha na que Antía Chamosa foi quinta, houbo tal nivel, que María Perez García, do Valencia Atletismo, vencía batendo o récord de España que ostentaba Ainhoa Pinedo González cun tempo de 2:53:43. A nova campioa absoluta estatal acadaba parar o reloxo nos 2:44:17. As tres primeiras clasificadas fixeron tempos que melloraban o récord de España vixente ata esta fin de semana nesta proba.

📹 ¡Récord de España y SEGUNDA mejor marca MUNDIAL de la historia!

🚶‍♀️ 2h44:17 en 35km

¡Espectacular @garciaperezmari! #CEmarcha pic.twitter.com/sZoIUob8yr

— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 14, 2021

A propia atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra explicaba como vivir a competición: “Era a primeira vez que facía 35 quilómetros. Fun de menos a máis, á procura dun grupo co que xuntarme para non ir soa. Ao final atopei moi boas sensacións, tirei para adiante e, cando mirei a marca, non o podía crer! Baixei das 3 horas e para ter empazado lenta, estou moi contenta”.

Desde o seu club, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra consideran que Antía Chamosa “conseguiu no Campionato de España de Marcha en Ruta algo fóra de serie. Non só polo posto que obtivo ou pola marca que fixo, senón por como chegou a iso”.

Chamosa obtén tamén a mínima para ir á Copa de Europa de Marcha

A pontevedresa foi quinta de España absoluta por detrás de atletas que son o mellor da marcha española actual, con diversas participacións e medallas en campionatos internacionais. As súas 2 horas 58 minutos e 22 segundos colócana como a mellor marca española sub23 da historia e, por tanto, é tripla marca: nacional, autonómico e do club; ademais de ser mínima para a Copa de Europa de Marcha, que se celebrará en maio en Podebrady, República Checa.

Antía Chamosa / SOCIEDAD GIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA
Antía Chamosa / SOCIEDAD GIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA

Segundo explican desde a Sociedad Gimnástica de Pontevedra a marchadora galega, “coñecedora da súa inexperiencia na distancia, buscou unha carreira progresiva. Saíu de menos a máis, coa motivación de ir alcanzando atletas aos poucos. O seu primeiro obxectivo foi a olímpica Ainhoa Pinedo, á que xa gañara no Campionato de España Absoluto ao Aire Libre. O seu acompañamento valeulle para ter compañía e motivarse”.

Superada Pinedo, Antía Chamosa “enganchouse coa súa compañeira de categoría Marina Peña. A atleta burgalesa si foi un plus para a galega. Con todo, cando estaba no seu mellor punto da carreira empezou a ter problemas estomacais que provocaron que parase en varias ocasións durante a carreira. Isto supuxo un sufrimento maior porque buscaba enganchar outra vez á súa rival Marina Peña para seguir na pelexa da carreira”.

A pesar de todas as dificultades, a marchadora da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Antía Chamosa superou con fartura os obstáculos e foi a quinta muller en cruzar a liña da meta no absoluto estatal sendo aínda Sub23.

Deste xeito, Antía Chamosa Dacasa foi a clara protagonista no campionato. A pontevedresa convértese nunha das marchadoras con máis proxección sobre esta distancia que será desde este ano, a proba oficial en sustitución dos 50 km.

Tanto Iria Rivas do Ría Ferrol nos 35 quilómetros como Daniel Chamosa, Sociedad Gimnástica de Pontevedra nos 50 quilómetros acabarían abandonando as súas respectivas probas.

As marchadoras galegas Sub16, subcampioas de España

Sen dúbida foi a selección femenina Sub16 quen centraría toda a atención xa que por equipos lograban un sensacional subcampionato de España cedendo só ante a potente selección catalana, tal e como sinalan desde a Federación Galega de Atletismo.

Selección galega, subcampioa nos 5km por federacións autonómicas / RFEA
Selección galega, subcampioa nos 5km por federacións autonómicas / RFEA

De igual modo Oleksandra Kostenko entraba cun crono de 24:54 no terceiro lugar logrando o bronce individual. Os postos das restantes marchadoras foron de 8ª para Natalia Rivas 26.10; 14ª para María Martín  26:43 e de 23ª Aldara Meilán 28:06.

Os mellores resultados chegarían dos nosos Sub16 onde o equipo masculino quedaba as portas do bronce sendo Pablo Sánchez o primeiro dos galegos en entrar na línea de meta na sexta posición con 24:24. O resto de integrantes quedarían nos postos 14º para Andrés González con 25:33 e o 19º de Elías Klein con 26:54

👏 Podio 5km Federaciones Autonómicas sub16 #CEmarcha

🥇 @atletismeFACV
🥈 @atletismogalego
🥉 @atletismoFAA

¡ENHORABUENA! pic.twitter.com/b32gJpHpsR

— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 14, 2021

Dous campionatos Máster

Pleno total dos máster no nacional da súa modalidade. Os catro marchadores que viaxaron ata Sevilla volveron cada un cunha medalla que pon de manifesto o importante nivel desta categoría.

Emilia Rodríguez do Trega proclamaouse campioa de España na categoría master 45 cun rexistro de 2h.00: 06 engadindo un novo metal máis ao seu amplo palmarés nacional.

Milu Rodríguez, do Trega / TREGA FB
Milu Rodríguez, do Trega / TREGA FB

Juan Morales do Marineda facía o propio na proba dos 20 km. máster 40 establecendo un formidable rexistro de 1h.32:35 e de paso logrando un novo récord galego da proba. Nesta mesma categoría sería segundo, e por conseguinte subcampión nacional, José Fernández do R.C.Celta quen chegaba por detrás do marchador do Marineda con 1h.35.32

A cuarta das medallas iría parar a Manuel Polo do Atletismo Narón quen nos 20 km. máster 45 marcaba un rexistro de 1h.42:33 servíndolle para lograr a prata nacional na súa categoría.

Resultados nos 10 quilómetros marcha

A Selección galega acudía a este campionato con moita ilusión e gañas de facer un bo torneo. A ela acudía tanto a Selección masculina como feminina nos 10 km. quenes ocuparon a sexta posición.

A mellor marchadora feminina foi Alba Pérez no posto décimo oitavo con 55:51, estando acompañada por Rita Vázquez no posto 21ª con  55:58 e Salomé Segade no 25ª con 57:43 e co abandono de Sofía Campos

O mellor marchador masculino foi  Hugo Martínez  quen entraba no vixésimo primeiro posto con 47:53. Xunto a él, no 33º Roi Surribas  50:40; 36º Ismael Díaz  51:42; 37º Brais Suárez  52:12 e Carlos Bautista  54:02 no 44º.

RESULTADOS DO CAMPIONATO 90º CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA

Etiquetas Alba PérezAldara MeilánAntía ChamosaatletismoCampionato de EspañaEmilia RodríguezmarchaMARCHA EN RUTAMaría MartínNatalia RivasOleksandra KostenkoRita VázquezSalomé SegadeSociedad Gimnástica de PontevedraSofía CamposTrega
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Carreira ENKI / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña máis inclusiva mobilizou a 15.000 persoas na XI Carreira ENKI

por Redacción As Nosas
19/10/2025
0

Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.