Anna Bulló é a primeira fichaxe do Hockey Club Coruña Feminino. O equipo asumiu a praza na Ok Liga Iberdrola que deixou libre o HC Deportivo Liceo.
Tal e como anunciara o club verdibranco, a entidade cedeu a outro equipo coruñés a súa praza na elite do hoquei feminino estatal. O club, de novo cuño, chámase Hockey Club Coruña Feminino e está integrado por persoas aficionadas a este deporte da cidade herculina que decidiron dar un paso adiante para non deixar esmorecer o acadado ata o momento nesta modalidade na cidade coruñesa. Lucía Sanjurjo está á fronte dunha directiva na que as mulleres son maioría.
A primeira fichaxe que o Hockey Club Coruña Feminino fixo pública é a de Anna Bulló. Trátase dunha patinadora de 22 anos que chega ao club galego desde o CP Manlleu. A xogadora deixaba unha mensaxe para a afección na conta de Twitter da entidade, na que daba conta da súa “emoción por formar parte deste novo proxecto do Hockey Club Coruña Feminino. Vémonos pronto!”
Presentámosvos a Anna, unha nova incorporación ao HCCF.
Ten 22 anos e xogou ata a tempada pasada no CH MANLLEU
Benvida Anna!
Os presentamos a Anna, nueva incorporación del HCCF.
Tiene 22 años y jugaba hasta la pasada temporada en el CH MANLLEU
¡Bienvenida Anna! pic.twitter.com/K6ilWINPNE— H.C. Coruña Feminino (@CorunaFeminino) June 9, 2023
Anna Bulló asinou seis goles a tempada 22-23
Segundo figura nos datos da Federación Española de Patinaxe, no último curso na Ok Liga Iberdrola, defendendo a camiseta do Club Patí Manlleu, Anna Bulló asinou seis goles e deu tres asistencias, tras disputar 26 partidos.
Á fronte do banco do Hockey Club Coruña Feminino estará Stanis García. Que xa fora adestrador do HC Deportivo Liceo o último curso.
O HC Liceo confirma a cesión da súa praza na OK Liga Iberdrola a “unha nova entidade”