• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Opinión

Ánimo para As Nosas e avante a toda!

Mercé Barrientos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/01/2020
en Opinión
50
COMPARTIDOS
278
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

A asociación de mulleres deportistas galegas (MUDEGÁ) constituírona, alá polo 2008, un 24 de marzo en Santiago de Compostela, un grupo de mulleres ligadas de distintos xeitos á actividade deportiva. Entre as fundadoras atopábanse Lis Franco, ex-xogadora de fútbol internacional e xornalista, Pilar Neira, adestradora de balonmán e seleccionadora galega de fútbol e a primeira presidenta da asociación, Iria González-Dopeso, deportista paralímpica e investigadora, Rosa Mosquera, adestradora de balonmán e eu mesma, docente e, daquela, presidenta da Federación Galega de Taekwondo. Pouco máis tarde irían sumándose outras que achegaron importantes apoios como Teresa Martínez Cancelo, árbitra de hóckey e responsable da tesourería, Mila Alonso, xornalista e responsable de prensa, Fátima Pose, que se ocupou das labores de secretaría durante a última década, Estefanía Hernández, deportista internacional de taekwondo, adestradora e graduada en traballo social, María Uría, deportista e economista, Sela González Ataide, xogadora de basket, enxeñeira técnica informática e responsable das redes sociais, Cristina Fernández, árbitra de balonmán e docente e  un bo abano de persoas unidas polo mesmo afán: evitar que as situación de desigualdade e discriminación que experimentaramos como mulleres deportistas durante as nosas traxectorias persistiran lastrando as oportunidades das mulleres do século XXI.

Mercé Barrientos, presidenta de Mudega: “O sexismo ten un carácter tan pandémico que non é doado atopar un ámbito no que non se manifeste, pero, como ben dicía Tamburrini, “o deporte é o último bastión da ideoloxía machista'”.

O sexismo ten un carácter tan pandémico que non é doado atopar un ámbito no que non se manifeste, pero, como ben dicía Tamburrini, “o deporte é o último bastión da ideoloxía machista. Unha ideoloxía que sustenta a suposta superioridade biolóxica do home, malia que esta non sexa real en moitos casos”. A afirmación de Tamburrini (filósofo arxentino especializado en ética do deporte que reside en Suecia desde hai máis de 30 anos, cando solicitou asilo político tras ser secuestrado e torturado polos militares arxentinos en 1977 sendo porteiro do Almagro FC) non é gratuíta. As conductas que en calquera outro espazo social serían inaceptables como a franca separación por xéneros que persiste aínda nos modelos segregadores do deporte escolar; a aldráxante permaneza durante máis de tres décadas dun diferencial superior a trinta puntos entre a práctica deportiva federada de homes e mulleres; a asignación de instalacións e horarios claramente desfavorables para os equipos femininos respecto dos seus homólogos masculinos, mesmo para aqueles que teñen maior nivel deportivo acreditado polos seus resultados en ligas e torneos; a exclusión establecida na lexislación para que as mulleres poidan acceder ao status de deportistas profesionais ( así o estableceu a Lei 10/1990 de 15 de outubro do Deporte e, a pesar de que se impuxeron modificacións de facto nalgúns casos pola presión dos feitos, nunca foi enmendada no parlamento español); a insultante infrarrepresentación do deporte feminino nos medios de comunicación e mesmo a vexatoria imaxe coa que, en ocasións, se presenta ás mulleres deportistas; a asignación de distintas remuneracións por logros idénticos en numerosas competicións, nomeadamente nalgunhas financiadas con subvencións públicas, ou a total exclusión de participación das mulleres nalgunhas disciplinas deportivas tanto nos roles de deportistas como, con maior frecuencia se cabe, nos de técnicas ou xuíces; a ridícula presenza de mulleres nos órganos de decisión das institucións e organizacións deportivas; o saqueo e malversación de fondos públicos destinados a fomentar o deporte feminino, empregados por algunhas federacións deportivas para calquera outro obxecto sen que a fiscalización institucional pida contas do desfalco… A lista de agravios podería ser interminable, polo que hai que coincidir coa apreciación de Tamburrini. Mesmo a postura das organizacións internacionais ao respecto dos dereitos das mulleres é controvertida: así como houbo iniciativas moi firmes para loitar contra a discriminación racial, como a exclusión de Sudáfrica dos Xogos Olímpicos durante décadas por aplicar o “apartheid” ou sistema de segregación racial, non se observa unha postura de igual firmeza para apartar a participación de países nos que non se respectan os dereitos das mulleres, estas son excluídas da práctica deportiva ou sometidas a un sistema de segregación tan infame como o sudafricano. Mesmo estamos asistindo, nos últimos tempos, ao intento de branquear ou lexitimar , mediante a organización de competición deportivas internacionais, financiación estratosférica de por medio, a estados que claramente atentan contra os dereitos unha metade da súa poboación: as mulleres.

Benoît Groult afirmaba “somos dun sexo como somos dun país” en referencia á asignación de roles e estereotipos de xénero como parte da inevitable transmisión cultural. Eu afirmo “somos dun xénero como somos dunha raza”. Superadas e relegadas as doutrinas que promoveron o racismo, hoxe vemos como aquelas que defenden o sexismo volven “sen complexos” a situar as súas posicións, nalgún tempo sutís e hoxe francas, enriba do tapete. Así, os intentos de acadar unha igualdade de dereitos, a loita por conquistar o lugar debido na historia e no mundo, preséntanse como imposicións e vemos como cada paso adiante ten que ser sostido contra as presións para catalogalo como un atrevemento inaturable e mesmo unha agresión. Paradoxal, non?

Mercé Barrientos, presidenta de Mudega: “A pesar de todos os atrancos, as mulleres deportistas galegas exercitan o seu talento. Contra vento e marea veñen acadando enormes éxitose”.

A pesar de todos os atrancos, as mulleres deportistas galegas exercitan o seu talento. Contra vento e marea veñen acadando enormes éxitose convértense así, en ocasión, nas árbores que non permiten ver o bosque porque algunhas cousas, para ser vistas, teñen que previamente ser cridas: Ana Peleteiro, Susana Rodriguez Gacio, Támara Echegoyen, Sofía Toro, Bea Gómez, Teresa Portela, Begoña Fernández, Vicky Alonso, María Vilas, Vanesa Sotelo, María Araújo, Ángeles Barreiro, Julia Vaquero, Melania Rodríguez, Sara Álvarez… e tantas outras.

Para aqueles que cando sinalas a lúa fixan a súa mirada no dedo, os éxitos destas mulleres son a xustificación que precisan para afirmar, contra toda lóxica, que todo vai ben no deporte feminino, que non existen desigualdades e, polo tanto, non é preciso adoptar medida algunha. A xustificación da súa miopía e falta de iniciativa, apoiada, ás veces, pola inacción das propias deportistas, remisas, como en calquera espazo no que a inseguridade xurídica campa, a facer públicas as súas demandas e a denunciar. Tamén é labor delas, mulleres deportistas que se manifestan claramente e que desenvolven unha labor de valor incalculable para que outras teñan máis oportunidades, afirmar o seu valor e reivindicar a igualdade de recoñecementos e de oportunidades.

Un exemplo salientable desta labor a prol do deporte feminino éa de Verónica Boquete, embaixadora de UEFA e FIFA para o desenvolvemento do fútbol feminino e activa militante na visibilización e reivindicación de que as mulleres obteñan o lugar que lles pertence. Outro caso, sen ánimo de nos dar autobombo, é o de MUDEGÁ, que ven reivindicando, recoñecendo a labor das mulleres deportistas, realizando galas anuais, servindo de interlocutora a grupos políticos e institucións para demandar melloras no tratamento ao deporte feminino, realizando estudios incontestables cos que denunciar a precaria atención que os medios de comunicación dedican a este colectivo e mesmo  ten chegado á Comisión Europea para presentar a situación discriminatoria que sufrían -e seguen a sufrir- as futbolistas profesionais no estado español.

E nesas estamos, recibindo con ledicia e satisfacción a irrupción deste novo medio, asnosas.gal, dedicado á promoción do deporte feminino e das súas protagonistas. É, sen dúbida, unha das boas novas que este ano 2020 nos trae e que acollemos con enorme esperanza.

Mercé Barrientos, presidenta de Mudega: “Enviámosvos todos os azos e folgos que precisaredes na vosa inxente labor de ir retirando os lentes do machismo da nosa sociedade para que, dunha vez por todas, deixemos de ver o mundo con cristais deformantes”

Desde MUDEGÁ enviámosvos todos os azos e folgos que precisaredes na vosa inxente labor de ir retirando os lentes do machismo da nosa sociedade para que, dunha vez por todas, deixemos de ver o mundo con cristais deformantes, dividido en dúas metades entre as que se traza unha inxustificable liña de desigualdades, diferencias de oportunidades e recoñecementos, de roles estereotipados e conductas impostas que nos afectan a todas e a todos.

Ánimo e avante a toda!

 

Mercé Barrientos

Mercé Barrientos é fundadora e actualmente presidenta en funcions da asociación MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas). Licenciada en INEF e docente de Educación Física no ensino secundario no IES Valle Inclán de Pontevedra.

Como deportista acadou o cinto negro 7º DAN de Taekwondo. Nesa mesma disciplina exerceu como xuíza, adestradora e presidenta da Federación Galega de Taekwondo. Tamén foi presidenta da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) e vicepresidenta da Federación Española de Taekwondo.

Etiquetas IgualdadeMercé Barrientosopinión
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia
Redacción As Nosas

Redacción As Nosas

Redacción As Nosas

Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

Enxeñería aeronáutica e drons para axudar na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

Enxeñería aeronáutica e drons para axudar na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica

29/03/2023
A ciclista galega Lorena Patiño, 2ª cadete no GP Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

As galegas brillan na Copa de España Cofidis GP Pontevedra cun triunfo e dous segundos postos nesta proba de ciclismo en estrada

27/03/2023
A ciclista galega de categoría elite, Alba Arias, foi segunda na proba da Copa de España celebrada en La Adrada / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Selección Galega de Enduro acada dous segundos postos na Copa de España de La Adrada

27/03/2023
Xornada Norte da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas / FEGALOITA

Alta participación na Xornada Norte da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas

27/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.